Sábado. 20.04.2024
El tiempo

CRÓNICA DOMINICAL

O Fisterra segue dando alegrías e a Liga da Costa xa ferve

Zas-Coristanco
O Coristanco puido co Zas na Rocheira
O Fisterra segue dando alegrías e a Liga da Costa xa ferve

Nova xornada, xa practicamente completa, o Fútbol da Costa. O carrusel de www.futboldacosta.com deixou unhas emocionantes remontadas, e xa podemos ver cousas interesantes.

Pref: Todo un Fisterra

Como que a aposta do Fisterra vai en serio, e volveu vencer en Ara Solis, remontando ao At. Coruña Montañeros, e xa ocupa praza de promoción á 3ª División. Todo o contrario vive o Xallas, cunha marea de lesións que deixan aos de Adrián Lema como penúltimos. Na zona morna mantense o Sofán tras unha contundente vitoria no Carral ante o Residencia.

1ª: Horrible xornada

Só o Dumbría conseguíu sumar apenas un punto (escapáronselle os tres nos últimos minutos= nesta fatídica xornada para os nosos 5 equipos.

2ª: Ponteceso e San Lorenzo, líderes

Con rotundidade venceron os seus choques os líderes da categoría, que quedan sós no máis alto da táboa trala 3ª xornada, despois do empate do Corme na casa ante un Castriz, que tivo o partido nas mans, pero que acabou sumando o primeiro punto da temporada tras un choque polémico. A Esteirana vencía o derbi ante o Muros, e se coloca tamén na zona noble.

Boas novas tamén en Coristanco, que deron conta na Rocheira dun Zas con tan malos números como o Cabana, que volvía perder ante o Lira.

3ª: Foco en Camariñas

Árrincou a temporada na 3ª da Costa, e á espera de que remate o derbi na Grixa (empezaba ás 20:00), o Camariñas situouse como líder tras vencer 6-2 ao Montelouro. Nantón, Ameixenda e Outes tamén sumaron os 3 primeiros puntos da temporada.

FutFem: Gran comezo do Cee

Arrincou tamén o Gr.3 do fútbol feminino, onde compiten Cee e As Miúdas. As ceenses, no seu histórico estreo, venceron nada menos que 7-1 ao Bamio, e se colocan líderes!! As Miúdas, remontaron un 2-0 e sumaron un punto en Noia. Ademais, no Gr1, o Bergan venceu 7-0 e suma 2 de 3.

Comezo na Base

Arrincaron as 3 ligas de base de Xuvenís, Cadetes e Infantís. Tres goleadas de escándalo se viviron na categoría xuvenil (que seguimos todos os martes), máis igualdade en cadetes, e tamén moita diferencia entre uns e outros en infantil.

Veteranos

2ª xornada nos Veteranos e Zas e Ponteceso son os únicos que suman dúas vitorias. Os zaseiros golearon a todo un San Lorenzo, dando conta das súas intencións.
Ademais, en 1ª, o novo Arasolis segue arrasando, e comparte liderato con Corme e Soandres.

 

TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

OUTRAS NOVAS

Comentarios