Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba

O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba
Outes contra o Ural na Fase Gaelga Alevin-Foto-Outes Outes contra o Ural na Fase Gaelga Alevin-Foto-Outes Outes, Abegondo, Arzúa e o campo das Redondas, en Cabana, acolleron esta fin de semana demostración do potencial da base do Fútbol da Costa. As 3 primeiras vilas acollían as Fases Galegas das Ligas Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns, mentres que as Redondas enchíanse de público para o xa mítico Torneo de Fútbol Base Costa Bergantiñá.

Fases Galegas de F8

O Outes Alevín disputou a Fase Final Galega O Outes Alevín disputou a Fase Final Galega Foi o CD Lugo o que demostrou o seu potencial no Cunchido na Fase Alevín. Xa dende antes de comezar os partidos, nas quinielas sonaba como favorito o cadro lucense, que fixo bos os pronósticos, ganando pola mínima a un Xuventude Oroso que a ninguén extranou a súa presencia na final vendendo moi cara a súa derrota. O equipo anfitrión, a pesares dun gran comezo gañando ó Victoria CF (2-0), pagou logo a inexperiencia neste tipo de fases e acadaría ó final o 8º posto. O cadro de honra final estivo composto por: 1º CD Lugo, 2º Xuv. Oroso, 3º Racing de Ferrol. Mellor xogador Local Manuel Insúa (Outes FC), Mellor xogador do Torneo Azael García (CD Lugo). O Cee benxamin en Abegondo-Foto-McRober Cee O Cee benxamin en Abegondo-Foto-McRober Cee Do mesmo Mundo do Fútbol de Abegondo, a cidade deportiva do Deportivo, disfrutou o Cee benxamín. Os de Rafa (que non puido acodir polo partido dos xuvenís, e foi Abraham no seu lugar) quedaron 6º, pero voltaron ca sensación de que mereceron máis. Comezaban a liguiña co Santiago de Compostela, e a pesar de facer un bo partido non puideron sacar nada positivo. Co Lalín empataban pero de novo pensando que merecían a vitoria. Non así ante un Victoria moi superior, que venceu por 5-0 aos ceenses. Na loita pola 5ª praza, o Viveiro puxo máis empurre ante un Cee que xa saíu a disfrutar. O Cee benxamin en Abegondo-Foto-McRober 2 O Cee benxamin en Abegondo-Foto-McRober Pola súa banda, o Xallas de Rupper foi en cadro a Arzúa, e recibiu varias goleadas, sen poder gañar ningún partido. Xallas Prebenxamin na Fase Galega O Xallas Prebenxamin na Fase Galega  

Torneo Fútbol 8 Costa Bergantiñá

Ambientazo nas Redondas para o Torneo Costa Bergantiñá. Equipos Baio, Laxe, Cabana, Ponteceso, Malpica, Sofán, Coristanco e Paiosaco disfrutaron dunha xornada completa, algo pasada por auga, pero que non impediu disfrutar aos pequenos e pequenas ao máximo. As Finais foron ben apretadas. En Infantís, o Cabana derrotaba ao Coristanco por 2-0. Máis dura foi a final Alevín, onde Malpica e Sofán empataban sen goles, e eran os penaltis os que decidían que o Sofán resultase gañador. En Benxamíns volvían demostrar os locais que canteira cabanesa está moi ben traballaba, e superaban por 5-2 ao Paiosaco. Finalmente, os máis pequenos, os prebenxamíns, demostraron que Malpica necesita máis canteira, tras vecer por 6-0 ao Laxe. Aquí deixámosvos cunhas fotos estupendas de José María Suárez. Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Ambientazo Ambientazo nas Redondas Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Ambientazo Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-chove Algo choveu en Cabana Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Laxe 2 Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Arte Risas nas Redondas Risas nas Redondas Compañerismo Compañerismo Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Laxe Os pequenos laxenses nas Redondas Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-SD Sofan O Sofán Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Cabana Os peques laxenses tiveron que xogar un dos partidos coas camisolas do Cabana Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-Coristanco O Coristanco tamén estivo nas Redondas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios