Martes. 23.04.2024
El tiempo

O FútFem costeiro demostra o seu potencial cunha ateigada homenaxe ás Pioneiras da Esteirana

O FútFem costeiro demostra o seu potencial cunha ateigada homenaxe ás Pioneiras da Esteirana
Homenaxe Pioneiras Esteirana cas Miudas e a Seleccion da Costa Feminina Homenaxe ás Pioneiras Esteirana cas Miudas e a Seleccion da Costa Feminina

Nova demostración do potencia do FutFem na Costa da Morte. Este pasado sábado, o Xosé Luis Vara acollía unha fermosa homenaxe ás pioneiras fo fútbol feminino hai xa varias décadas da Esteirana. Foi unha emocionante cita deportiva, cun campo ateigado con 400 persoas, e un céspede no que 40 rapazas demostraron a nosa calidade.

Selección da Costa - As Miúdas (7-0)

  • Selección da Costa: Lucía Couñago, Daniela Rama, Elena Vázquez, Sarai Muíños, Ana Bugallo, Ana Fuentes, Laura Caamaño, Carla Saborido, Iria Gundín, Noelia Amarelle e Marta Calvo. Tamén xogaron: Lucía Rodríguez, Tatiana Túñez, Laura Seoane, Isa Bravo, Lore Suárez, Carla Pose, Carla Varela e Paula Veiga.
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, María de Pastora, Martina, Laura, Noe, Bárbara, Leti, Iria, Sandra, Marta, María Dosil, Pati, Natalia, Adriana, Mariña, Ana, Saray e María.
  • Goles: 1-0 m.31: Marta; 2-0 m.33: Iria; 3-0 m.34: Carla Saborido; 4-0 m.58: Paula; 5-0 m.62: Isa; 6-0 m.73: Paula; 7-0 m.83: Ana Fuentes.
Debutantes das Miudas Debutantes das Miúdas

Antes de comezar, Ana Rodríguez (porteira corcubionesa do Valencia que se lesionou no adestramento do pasado mércores) recibiu unha camisola da man do seleccionador costeiro David Castro e fixo o saque de honra.

O choque comezou igualado pero a Selección pronto se foi facendo co dominio, ante unhas Miúdas nas que Fran Figueroa tiña moitas baixas, e mesmo fixo debutar a 5 nenas (María (alevín de primeiro ano), Saray, Mariña, Ana e Adriana), que veñen entrenando dende hai varios meses. Porén tardaron media hora en abrir a lata, e en apenas 3 minutos o partido xa se colocaba 3-0 para ir ao descanso.

Unha das sensacións da tarde foi Paula Veiga, a malpicana tiña maxia en cada balón que tocaba levantando ovacións cada vez que interviña no xogo, un valor a ter moi en conta a curto prazo coa calidade que atesoura con tan so 12 anos. E como non, Laura Caamaño que realizou un encontro moi serio e chegou a vestir a “rossinejra” nos 10 minutos finales cumplindo unha ilusión de hai tempo.

 

Novas do FUTFEM

“FutFem: Pensando no partido da Selección Feminina” — Que pasa na costa

Comentarios