Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Imperio da Fin do Mundo volve gobernar a Liga da Costa

O Imperio da Fin do Mundo volve gobernar a Liga da Costa
Entradilla: Quince anos despois, o Fisterra, un dos clubes con máis tradición, sentemento e historial da zona, volveu celebrar un título de Liga   O SD Fisterra celebrando o titulo de campion da Liga da Costa 2015-2016 O SD Fisterra celebrando o titulo de campion da Liga da Costa 2015-2016   Tódalas décadas desde a formación da Liga da Costa, a mediados dos sesenta, tiñan rexistrado algún éxito, en forma de Liga ou Copa, da Sociedad Deportiva Fisterra. Agás a actual e ata hoxe. A Vila do Cristo puxo fin a unha sequía de quince anos coa conquista do torneo da regularidade, e grazas á goleada ante un Camariñas que só foi quen de aguantar medio partido. QPC repasará próximamente os pormenores e os por ques do éxito, pero novamente o Hermanas Patiño volveu ser unha festa-romaría de celebración da fisterranía, e na forma de encarar o encontro por parte dos futbolistas de Nacho notábase esa fame que durante tantos anos se botara de menos como complemento do talento natural. O barco, que empezara o rumbo como embarcación low cost, terminou atracando nunha illa paradisíaca e a modo de cruceiro de luxo, unha viaxe con ríxido timonel por parte de Nacho, e unha sala de máquinas onde o 'Adrianoil' fixo arribar xusto en hora. No que atingue ao resto da xornada, o Sporting Zas, non sen suspense, firmou o seu pase a unha promoción onde esta vez non debería fallar. Remontou a un Ameixenda que protestou moito a labor arbitral e que está codeado ao descenso e a un futuro por reconcebir. Tamén selou o seu obxectivo o Buño, salvado grazas á vitoria no derbi co Cerqueda. Terán que seguir loitando Porteño e Coristanco, nun sprint final algo cruel. Non debe ensombrecer a decepción o final o que ten sido un ciclo que termina en Verdillo, co técnico Pedro Gómez a un partido do adeus. O seu trato exquisito foi sempre agradecido en tódolos campos. Mirando hacia arriba, o Xallas segue 'que si, que non' con iso de evitar os arrastres, aínda que foi tremendamente meritorio o punto ante un Arteixo ao que sacou dos postos de ascenso a Terceira. Un escalón máis abaixo, o homeaxeado Soneira caeu co Sigüeiro, mentres que o Sofán loitará polo ascenso nunha eliminatoria apaixoante a dobre encontro. O Miño pode ser un prato de difícil dixestión. Cousas dese inútil cambio de Primeiras Autonómica. E pinta negro para Baio e Corme, que rezarán por un milagro en forma de ascensos múltiples de Terceira a Segunda B. Soan aínda desde o facho da fin do mundo os ecos dunha tarde histórica, que chegará seguro ata a tarde do luns, e na que o protagonista foi o 'forastero' corcubionés Pablito Lestón, cunha antoloxía do fútbol e goles do bo gusto. Xa na base, Xallas e Ponteceso xogarán a final da #CopadaCosta Xuvenil tras superar, con moitísimos apuros (o Xallas na prórroga) a Fisterra e Camariñas.  

O Milagrosa, campión dos Veteranos

At MIlagrosa campion da Liga de Veteranos O Atlético Milagrosa, campión da Liga de Veteranos

E o At. Milagrosa conseguíu un punto en Vimianzo que vale un histórico título da 1ª División de Veteranos. Ao cadro carballés valíalle o empate ante o Soneira e conseguíu aguantar as embestidas do cadro soneirán para alzarse campión.

 

Preferente Norte, xornada 35

 

Primeira Autonómica, xornada 33

 

Segunda Autonómica, xornada 33

 

FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Volta das semifinais

Muxía e Corcubión xogaranse o ascenso á Liga da Costa. En www.copadacosta.com Muxía e Corcubión xogaranse o ascenso á Liga da Costa. En www.copadacosta.com  

CopadaCosta Xuvenil, ida das Semifinais

CopadaCosta xuvenil  

AlevínCosta Sur F8, xornada 29

AlevínCosta Norte F8, xornada 9

BenxamínCosta Sur F8, xornada 28

BenxamínCosta Norte F8, xornada 9

Prebenxamín Costa F8, xornada 10

 

Veteranos, 1ª División, xornada 30

Veteranos, 2ª División, xornada 30

 

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios