Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Sofán Aspaber, a familia do Carral diversifícase

O Sofán Aspaber, a familia do Carral diversifícase
Aspaber SOFAN

Nova categoría que abre a familia da SD Sofán da man de ASPABER, Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños. Un gran salto como entidade a que pega a SD ofrecendo a integración social a través do deporte, o cal debe ser entendido como elemento de cohesión e de transmisión de valores cara a sociedade.

A primeira acción púlica terá lugar este sábado 1 de decembro, a partir das 11:30h no Carral. Alí, os usuarios de Aspaber, de varias idades e sexo, disputarán o seu primeiro partido amistoso ante o RCD Deportivo da Coruña da Liga Genuine; equipo tamén conformado por deportistas con discapacidade intelectual. Será un partido de carácter non competitivo e seguindo normas que non só premian os goles, se non que tamén se premiarán as accións deportivas e os bos xestos de compañerismo.

Ó final do encontro os participantes desfrutarán dun ágape, durante o cal falarán sobre as vivencias da xornada e participarán nun ambiente de cordialidade e compañerismo, desexando verse no seguinte encontro.

O club ten prevista darlle continuidade aos partidos do Sofán Aspaber, se ben o problema se dá pola falta de equipos cos que realizar unha competición continua.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alumns-do-ies-monte-neme-crean-un-adestrador-de-rutinas-de-aseo-para-facilitar-a-vida-dos-membros-de-aspaber/ https://quepasanacosta.gal/aspaber-40-anos-como-entidade-fora-de-serie/

Comentarios