Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Outes queda ás portas do ascenso ás 3 Ligas Galegas

Cadetes do Outes en Porto do son
Cadetes do Outes en Porto do son
O Outes queda ás portas do ascenso ás 3 Ligas Galegas

Despois da fin de semana de ensoño co triplete comarcal, a familia do Outes participaba este sábado e domingo en tres semifinais da Fase de Ascenso ás Ligas Galegas de Xuvenís, Cadetes e Infantís.

Xuvenis do Outes en Porto do Son
Os Xuvenís do Outes non tiveron sorte

Os últimos en xogar foron os Xuvenís, que acodían esta tarde dominical a Porto do Son para enfrontarse ao Cidade de Ribeira. Os da Serra competiron ata o final pero caeron por 3-2.

O domingo pola mañá xa caían ante o mesmo cadro os Cadetes, por 3-1. E iso que se metían por diante co tanto de Dani Vázquez, o cadro local remontaría con 2-1 pero ata o último minuto os de Sergio Pérez pelexaron por empatar, cando no desconto os da Barbanza facían o definitivo 3-1.

Imaxe dos cadetes do Outes ante o Cidade de Ribeira
Choque dos cadetes do Outes ante o Cidade de Ribeira

O sábado en Rois xogaban os infantís de Carlos Romero contra o Concello de Boiro. Foi outro partido tremendamente igualado, e mesmo os da Serra se colocaron dúas veces por diante cos goles de Manel Carou primeiro e de Eloy Lado Sieira despois, pero nos últimos 10 minutos remontaron os da Barbaza, poñen o 2-3 e meténdose na finalísima polo ascenso.

Novas relacionadas

Comentarios