Xoves. 09.07.2020
El tiempo

O Platas Reinoso espera o Deporcampus

Rebeca Facal, presidenta do CD Baio; Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportiva da Coruña; Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas; Chema Rey, presidente do CD Concello de Zas; e Manuel Corzón, adestrador do CD Concello de Zas, na presnetación do Deporcampus Zas 2020

Presentouse onte nas Torres do Allo a 4ª edición do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar do 27 ao 31 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Esta nova e cuarta edición, estará marcada polas novas medidas de seguridade que se aplicarán co fin de facerlle fronte ao Covid-19.

A única visita branquiazul deste curso, está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e serán os técnicos do RC Deportivo os encargados de dirixir as diferentes sesións de adestramento nas que os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do xogo e facer novas amizades.

Como principal novidade, aplicarase un protocolo especial fronte ao Covid-19. Así todos os participantes recibirán unha máscara oficial do RC Deportivo, xunto coa equipación DéporCampus. O protocolo de seguridade das medidas hixiénico - sanitarias pode consultarse aquí. Por este motivo, as prazas están limitadas.

Información

Podes inscribirte en deporcampus.rcdeportivo.es/ ata o 23 de xullo ás 12:00 horas, e para calquera dúbida sobre o proceso de inscrición pódese escribir directamente ao enderezo electrónico [email protected]

Rebeca Facal, presidenta do CD Baio; Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportiva da Coruña; Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas; Chema Rey, presidente do CD Concello de Zas; e Manuel Corzón, adestrador do CD Concello de Zas, na presnetación do Deporcampus Zas 2020

Novas relacionadas

comentarios