Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Covid19 manda no Fútbol da Costa

REeunion da Futgal cos equipos da Costsa 2
REeunion da Futgal cos equipos da Costsa 2
O Covid19 manda no Fútbol da Costa

Onte a noite a RFGF, que preside Rafael Louzán, mantivo una reunión con todos os clubes costeiros de 1ª, 2ª e 3ª Autonómica.

Foi una reunión longa, con moitas preguntas e tamén con moitas respostas por parte da RFGF. O resumo da reunión é moi fácil: dúbidas e máis dúbidas. Como é lóxico, a pandemia non permite pensar nun futuro moi lonxano, por iso que tanto clubs como RFGF deben pensar no día a día para poder poñerlle orde ao noso Fútbol.

A RFGF presentou un plan competicional pensado e preparado para afrontar esta situación extraordinaria. Pode gustar máis ou menos, pero o Covid 19 manda. Un plan competicional do que tamén xorden moitas dúbidas, sobre partidos aprazados, un positivo dun xogador por Covid, restricións xerográficas que imposibilitan a mobilidade dos equipos...... dúbidas, pero polo menos temos un rumbo a seguir para cando poidamos comenzar a xogar.

Un tema sempre complicado, e agora máis, é do a Mutualidade. Non vou entrar a valorar o prezo, os servizos que presta, ou as melloras que se conseguiron, que por certo, foron moitas e boas dende a chegade de Louzán. Pero o que realmente importa aos clubs é como pagala. Os clubs a día de hoxe non teñen capacidade para afontar o pago. Xa sabemos do desconto do 15% que aplicou a RFGF e a posibilidade de fraccionar o pago en dúas fases. Pero penso humildemente que a Federación debería traballar para conseguir un pago máis comodo e fácil para os club, aínda que xa sei que non vai ser facil, pois a Mutualidade está intervida pola Direccion Xeral de Seguros.

Pero da reunión de onte, o que máis me sorprende é que si un club, por responsabilidade social, négase a xogar, estaría abocado ao descenso á última categoría. Aquí a RFGF si aplicaría o Regulamento ao pé da letra, e, ao meu modo de ver, é inxusto! Resulta curioso que, neste momento, si se aplique o Regulamento, e cando o Covid 19 paralizou todo e se tomaron decisións sobre as competicións que estaban en curso, sempre escoitábamos iso de “Pola circunstancia extraordinaria que vivimos, o artículo... queda sin efecto”.

Que pasa entón? Xa pasou a “circunstancia extraordinaria”? Xa non está o Covid con nós? Pido una reflexión a todos, que non nos superen as presas por volver a facer o que máis nos guste, e que teñamos tranquilidade para volver aos campos cando realmente se poida facelo sen perigo.

  • Alberto Pose.

Novas relacionadas

Comentarios