Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Cara e cruz nos minutos finais para os equipos costeiros

SD San Tirso - SD Sofán. Foto: SD Sofán.
SD San Tirso - SD Sofán. Foto: SD Sofán.
Preferente: Cara e cruz nos minutos finais para os equipos costeiros

Os equipos costeiros da Preferente viron como os seus encontros se decidían nos minutos finais, o Sofán para ben xa que logrou evitar a súa derrota ante o San Tirso no minuto 94 cun gol de Quintela, mentres que a parte negativa foi para un Xallas para mal que viu como o Arzúa lle daba a volta ao marcador no tramo final do encontro.

CSD Arzúa 2 – 1 Xallas FC

CSD Arzúa: Pablo Vidal, Juanjo, Carril (David García m.73), Marcos García, Brais (Jorge m.87), Iker Hurtado, Miguel, Diego Enjamio, Adrián Iglesias (Parrado m.87), Álvaro e David Enjamio.

Xallas FC: Koke, Christian (Rubén m.46), Jacobo (Óliver m.78), Santi, Abel (Grille m.87), Doro, Julián López, Carlos (Iago m.75), Álex Blanco, Álex Canedo e Marcos.

Goles: 0-1 m.65: Álex Blanco; 1-1 m.78: Álvaro; 2-1 m.87: Iker Hurtado.

O centrocampismo foi a dinámica dunha primeira metade na que as ocasións foron nulas para ambos lados e de aí que se chegase ao tempo de lecer sen novidades no marcador.

No segundo acto, os locais afrontarían o partido dunha maneira moi diferente e irían a pola vitoria dende a reanudación pero a pesares disto, ambos conxuntos terían as súas ocasións para adiantarse e finalmente sería o Xallas quen se adiantaría nunha acción a balón parado que resolvería Álex Blanco.

Este gol espoleou a un Arzúa que se foi arriba con máis ímpetu e Álvaro faría un golazo co que lle quitaría as teas de araña á escadra da portería visitante, e pouco despois, un cabezazo de Iker Hurtado significaría o definitivo 2-1, co que os xalleiros voltarían de baleiro de terras arzuanas.

San Tirso SD 1 – 1 SD Sofán

San Tirso-Sofán

San Tirso SD: David Lameiro, Óscar, Días, César Freire, Roberto Prieto, Asty, Pape, Álvaro Rey (Fran m.80), Segade (David m.87), Xián  (Nacho m.85) e Dani Xelo.

SD Sofán: Javi Rumbo, Iván Rey (Camilo m.56), Pablo, Sera (Alexandre m.56), Antonio, Félix (Rubén m.69), Juanjo, Fabián, Matías (Luis m.72), Quintela e Raúl.

Goles: 1-0 m.85: Dani Xelo; 1-1 m.94: Quintela.

Expulsión: O sofanista Fabián no minuto 78.

A SD Sofán salvaría un punto sobre a bocina nun encontro con moitas interrupcións e moi trabado, como adoita ser habitual no campo do Monte, o cal se caracteriza polas súas escasas dimensións.

No inicio de partido, a igualdade foi a nota predominante, coas defensas impoñéndose ás dianteiras, aínda que ambos conxuntos terían ocasións para adiantarse pero nin uns nin outros serían quenes de materializalas.

Na reanudación, a necesidade de puntuar dun San Tirso que está tratando de saír da zona de perigo da clasificación, fíxose notar e tería boas oportunidades para adiantarse pero Xián, Dani Xelo e César non acertarían.

O Sofán quedaría cun home menos pola expulsión de Fabián, circunstancia que aproveitaría o San Tirso para virse aínda máis arriba, algo que sería chave para que se adiantase no marcador grazas a un gol de Dani Xelo.

Pero con 10 xogadores sobre o terreo de xogo, o equipo de Iván Cancela volcouse na procura dun gol que puido chegar en dous bos remates de Camilo pero non sería ata o último instante, cando Quintela lograría o definitivo 1-1 co que a SD salvaría un punto.

Comentarios