Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Este Fisterra aspira alto

Aaron Fdz co Fisterra-Foto-Steffen
Aaron Fdez no choque do Fisterra-Foto-Steffen
Preferente: Este Fisterra aspira alto

O Fisterra soubo sufrir para superar ao Atlético Coruña nun partido igualado e xa é cuarto clasificado dunha sempre complicada categoría como é a Preferente.

Pola súa banda, o Sofán logrou unha vitoria ante un incómodo Foz para colocarse na zona temperá da clasificación.

A pesares de que o Xallas caeu derrotado esta xornada, o partido realizado polos de Adrián Lema ante o todopoderoso Viveiro deixou en entrevisto que é quen de competir ante calquera equipo.

SD Fisterra 2 – 1 Atlético Coruña Montañeros CF

  • SD Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Colombia (Piti m.46), Aarón López, Makaay (Aarón Lobelos m.86), Herbert (Pablo Lestón m.79), Santi Taboada, Julián López (Dani Martínez m.90), Aarón Fernández, Andrés, Capelo (Julio m.89).
  • Goles: 0-1 m.6: Segade; 1-1 m.37: Aarón; 2-1 m.83: Capelo.

11 inicial do Fisterra ante o Atlético Coruña

Encontro moi igualado e con escaso fútbol, no que o Atlético Coruña non tardaría en adiantarse e faríao nunha contra materializada por Segade.

Se a igualdade era máxima en case todas as facetas do xogo, había unha delas na que o Fisterra era superior, o balón parado, e así sería como Aarón devolvería as táboas ao marcador.

Xusto antes do tempo de lecer, o colexiado anularíalle un gol aos visitantes por fóra de xogo.

Na reanudación, o encontro seguiría cunha dinámica similar e non habería chegadas de perigo ata un gol anulado a Makaay por unha falta previa de Aarón.

E xa no minuto 83, Capelo adiantaría ao Fisterra co 2-1 que acabaría resultando definitivo. No tramo final, o Atlético Coruña buscou o empate desesperadamente e teríao nunha ocasión na que Iván Bouzón faría un auténtico paradón para manter a vantaxe dos seus e que os de Ángel López sumasen unha nova vitoria ao seu casilleiro.

Viveiro CF 3 – 0 Xallas FC

Viveiro-Xallas

  • Xallas FC: Koke, Jacobo (Iván García m.82), Marcos Mouro, Carlos (Grille m.66), Borja, Peke (Brais m.82), Marcos, Asier, Juan de Celia, Pablo Mato e Lagoa.
  • Goles: 1-0 m.36: Xaime (p); 2-0 m.56: Álex Pérez; 3-0 m.66: Gerardo (p).

Partido diante dun gran rival no que o Xallas comezou un tanto despistado e nos primeiros minutos, o Viveiro tivo varias ocasións aínda que sen demasiada claridade.

Co paso dos minutos, os de Santa Comba fóronse metendo no partido e Pablo Mato, Peke e Juan de Celia, este último por dúas veces, puideron adiantar aos costeiros pero o balón non quixo entrar e finalmente serían os viveirenses quen irían con vantaxe ao descanso despois de que Xaime transformase un protestado penalti por unha dubidosa man.

Na segunda parte, o Xallas saíu máis enchufado ca o conxunto local pero non lograba reflexar ese dominio no marcador e Álex Pérez aumentaría a vantaxe do Viveiro aos once minutos da reanudación ao aproveitar un balón morto na área.

E mediada este segundo tempo, un novo penalti daría orixe ao definitivo 3-0, obra de Gerardo, nun partido no que os de Adrián Lema se viron privados de sacar algo positivo pola falta de acerto.

SD Sofán 3 – 0 CD Foz

O Sofan venceu no Carral

  • SD Sofán: Álex López, Becerra, Gody, Canedo, Matías (Eibe m.56), Martín (Alexandre m.5), Rubén (David Castro m.61), Raúl Añón, Quintela (Juanjo m.82), Carro (Raúl m.61) y Fabián.
  • Goles: 1-0 m.65: Quintela (p); 2-0 m.69: Eibe (p); 3-0 m.90: Alexandre.

Partido moi trabado para un Sofán que estivo moi incómodo ante un Foz que chegaba invicto a esta quinta xornada e que quería seguir mantendo esa condición, cun traballo defensivo que lle complicou as cousas a un conxunto local que aínda así, avisou no minuto 2 por medio de Martín, pero o porteiro gañaríalle a partida ao dianteiro.

As ocasións non se sucedían con frecuencia, pero a pesares disto, Alexandre por dúas veces e Carro non lograrían adiantar os seus ante un Foz que apenas creou perigo sobre a portería de Álex López e que trataba de frear constantemente o ritmo de xogo.

Na reanudación, a maior profundidade do Sofán deu os seus froitos, xa que os de Alberto Rodríguez chegaban con perigo constantemente en un dos numerosos balóns que meteron á área, o colexiado sinalaría unha man e o correspondente penalti que transformaría Quintela.

E case sen tempo para celebrar o 1-0, unha nova pena máxima aproveitaríaa Eibe para aumentar a vantaxe dos sofanistas.

A raíz deste segundo gol do conxunto local, o Foz quixo arriscar para meterse no encontro pero non lograría facelo e vería como Alexandre faría o definitivo 3-0 logo dun pase en profundidade de Fabián.

11 do Sofan no Carral
Fotos da SD Sofán

Comentarios