Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra deixa de soñar e o Xallas empreza a crelo

Fisterra tras vencer en Dubra
Así estaba o Fisterra tras vencer en Dubra
Preferente: O Fisterra deixa de soñar e o Xallas empreza a crelo

Deixa de soñar este Fisterra para espertar, aí arriba, e amosarse como unha perfecta realidade, capaz de todo esta temporada. Os de Canosa seguen a estela dun Viveiro que non falla.

As boas novas van en verde, pois o Xallas conseguía a súa segunda vitoria da campaña, consecutiva, e saca a cabeza do pozo, alcanzando con 8 puntos a equipos que están forma do descenso directo. Julián Couto xa nos contaba o venres como melloraban as sensacións no cadro xalleiro.

O que non recupera o fortín do Carral é o Sofán, que deixou espacar vivo a un bo Mugardos.

Dubra - Fisterra (0-2)

  • Fisterra: Ivan Bouzón, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Andres Vigo, Colombia; Aarón López, Rodri (Rubia, m.60), Santi Taboada (Roa, m.52), Julián López (Pablo Leston, m.80), Herbert (Cristopher, m.73), e Adrian Makaay.
  • Goles: 0-1, m.15: Julián López; 0-2, m.78: Adrian Makaay.

Fisterra en Val do Dubra

Demostrou esta SD que sabe loitar e sufrir, e que estea serie de xogadorazos tamén saben poñer o mono de obreiros e pelexar un partido bregado nun campo complicado como o Municipal do Val do Dubra. Comezou o partido igualado, co cadro de Ángel Canosa ben armado atrás, e aproveitando as súas chegas. Nunha ds primeiras chegaría o primeiro gol, nunha falta sacada con pillería que aproveita para abrir o marcador. A partir de aí quedou media hora de control fisterrán, con varias chegadas que puideron ampliar a renda.

Na segunda o Fisterra seguía co mesmo guión e unha bonita trenzada do equipo culminada por Adrián Makaay daría a tranquilidade a un Fisterra que segue soñando, ou máis ben, que se confirma como unha realidade.

Sofán - Galicia Mugardos (0-0)

11 da SD Sofan-Foto-SD

  • Sofán: Brais, Raúl Añón, Becerra, David Castro (Rubén, m.88), Viqueira; Canedo, Eibe, Fabián; Luís (Martín, m.83), Quintela (Raúl, m.74), Alexandre (Matías, m.77).

Intenso partido hoxe no Carral onde chegaba un gran equipo coma o Galicia Mugardos, que está facendo unha gran tempada no seu regreso a Preferente. O cadro de Alberto Rodriguez viña de encadear varios resultados negativos e o equipo sofanista saiu a por todas, intentando volver facer un fortín do Carral, e dende o inicio e xa nos primeiros minutos avisou das suas intencións con tiros de Eibe, Raúl Añón, Quintela, Alexandre, e Luís.

O Mugardos non estivo cómodo durante todo o partido no Carral e froito deso e que as únicas aproximacións sobre a área de Brais (debutante hoxe na categoría, e que se convertiría nun espectador máis, xa que apenas tivo que intervir e cando o fixo solventou ben as situacións que tivo) eran con balóns longos sobre a súa referencia Permuy, ou en balóns parados, onde os mugardeses son un equipo poderoso neste tipo de accións, polo poderío dos seus xogadores. Antes de rematar a primeira parte, un centro de Luis sobre a área pequena remátao Canedo fora por pouco.

Na reanudación o Sofán non baixou o ritmo e nada máis comezar outro centro de Raúl Añón non pode volver a rematalo Canedo. O Sofán aproveitaba o xogo polas bandas, hoxe con Luís e Alexandre para crear moito perigo en centros laterais. Pouco despois, chegou unha das accións máis claras nunha internada de Fabián que chega ata liña de fondo, cede atrás para Alexandre, o seu disparo rechazao Iñaki Paz e de novo Eibe que recolle o balón dispara e o seu tiro rexeitao o pau. o Sofán cada vez encerraba mais o Mugardos e de novo Canedo, tras tiro lonxano a piques está de poñer o 1-0 pero de novo o porteiro visitante, e tras unha gran estirada desbarata a xogada cando xa se cantaba o gol.
O Mugardos tamen teria a sua ocasión mais clara nunha contra ben levada por Artai pero que a defensa sofanista solventa sen problemas.
A outra ocasión máis clara chegou no 73 onde un erro na saida de balón aprovéitao Quintela para encarar ao seu par, superalo e cando se dispón a disparar chega un defensor para roubarlle o balón. De aí ata o final a tónica foi esa pero o resultado xa non se moveria. O equipo sofanista corta a mala xeira de resultados pero hoxe a sensación era de que os 3 puntos, por xogo e ocasións tiñan que ter quedado na casa.

Sofan contra o Mugardos 

Xallas - Boimorto (3-1)

  • Xallas: Julián, Marcos Mouro, Loureiro, Jacobo, Cris, Jordan, Borja, Marquiños (Juan de Celia) (Peke), Pablo Mato (Carliños), Doro, Alex Blanco.
  • Goles: 1-0, m.53: Doro; 1-1, m.77; 2-1, m.85 Carliños; 3-1, m.90: Doro de penalti.

Partido intenso, moi igualado, cara a cara e con poucas ocasións. O partido disputabase no medio campo cun cadro visitante intentando combinar e un Xalls armado, buscando o roubo e as saídas rápidas. Non se moveu o marcador no primeiro tempo.

Na segunda, o rival veuse arriba, pero Doro marca cun tiro dende fóra nunha contra coa axuda dun defensa. Pouco durou a alegría xa que nun saque de córner o Boimorto iguala. O Xallas, que non saíra ben na segunda parte, espertou con este tanto, e nunha boa contra Carliños marca de boa xogada individual. O Boimorto empurra polo empate con todo, e ao cadro de Adrián Lema tocáballe sufrir, pero o gran traballo defensivo neutralizada todos os ataques e nunha contra Alex Blanco provoca un penalti que Doro non perdoa.

 

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios