Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra segue imperial, o Sofán non pode co líder e o Xallas comeza a competir

Non puido o Sofán facerlle un favor ao Fisterra e roubarlle algún punto ao líder. O Viveiro vencía no Carral e mantén os 4 de vantaxe sobre o cadro fisterrán, deixando ao Sofán lonxe da zona noble. Pola súa banda, competiu moito mellor o Xallas de Adrián Lema unha serie de erros infantís condeunoulles a sumar unha nova derrota, a 8ª en 10 partidos.

11 do Fisterra ante o Residencia
O Fisterra tamén venceu ante o Residencia
Preferente: O Fisterra segue imperial, o Sofán non pode co líder e o Xallas comeza a competir

Residencia - Fisterra (1-2)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Piti; Aarón López, Roa, Andrés. Julián López, Herbert, e Adrián Makaay, Tamén: Jorge, Pablo Lestón, Dani Marcote, Dani Martínez e Julito.
  • Goles: 0-1, m.20: Breixo; 1-1, m.57; 1-2, m.76: Julián de penalti.

Novo partido, serio, e sufrido dun Fisterra que se foi ao descanso cun 1-0 que podían ter sido 3. O gol de Breixo, aproveitando un erro do meta local, demostraba que o Fisterra non saía a especular, e as ocasións xeradas polos de Ángel Canosa daban conta da ambición deste equipo.

Na segunda, o Residencia igualaría, pero un penalti sobre Dani Asensio, permitíalle a Julián meter de novo por diante aos fisterráns. Os últimos minutos foron de asedio local, pero o equipo estivo imperial en labores defensivas.

 O Fisterra volveu ganar-Foto-Steffen

Sofán - Viveiro (1-3)

  • Sofán: Alex Lopez; Rubén (Matías, m.56), David Castro, Raúl Añón, Viqueira; Jacobo Eibe (Carro, m.77), Fabian, Jony (Fita, m.46); Quintela (Luís, m.62), Alexandre, Raúl.
  • Goles: 1-0, m.10: Alexandre; 1-1, m.40; 1-2, m.55; 1-3, m..87.

Chegaba o lider da categoria o Carral e xa dende o inicio se viu que ía ser un partido de poder a poder, porque no primeiro minuto a Sd xa dispuxo da primeira ocasión para adiantarse nun tiro de Alexandre que saiu fóra, e apenas un minuto despois o Viveiro lanzou alto. A Sd impoñia un ritmo alto nos primeiros minutos e nun balón longo milimétrico de Raúl Añón sobre Alexandre, este controla para sacar un forte disparo e adiantar o equipo sofanista. A Sd queria ser o dono do encontro e nos primeiros 10' tirou a meta defendida por Manu Cedron ata en 5 ocasións.
O Viveiro demostraba tamén o seu potencial con Xaime distribuindo o xogo e con Marino e sobre todo Gerardo creándolle problemas á defensa sofanista,. De feito, un gol visitante foi anulado, e tiveron varias faltas laterais, sempre con perigo sobre a meta local.

A 5 do descanso chegaba o empate noutra nova xogada de Gerardo, que saca un pase de rabona, unha das súas especialidades, para poñer un balón a Arturo que se interna na área e bate por baixo a Álex López.

Na reanudación o partido seguiu sendo unha loita por adiantarse no marcador, xa con Parafita no campo para intentar ter máis solucións á hora de rematar xogadas. Pero foi o Viveiro o que estivo máis acertado e no 54' outro pase de Gerardo sobre Marino que volve a batir a Alex cun bo tiro cruzado e poñer o 1-2. A expulsión de Alexandre aínda con 25 minutos por diante foi clave, porque a SD seguiuno intentando, e mesmo coa entrada de Luís chegou á meta rival dende a banda esquerda, pero non se acertaron. Foi no treito final cando de novo Gerardo, tras gañar varios rexeites pon o definitivo 1-3 no marcador co que se chegaría o final do partido.

 

Xallas - San Tirso (2-3)

  • Xallas: Coke, Marcos, Loureiro, Marquiños, Cris, Jordan (Manuel), Borja, Juan de Celia, Pablo (Carlos), Doro (Julián) e Álex Blanco.
  • Goles: 0-1, m.23; 1-1, m.50: Jordan; 2-1, m.56: Álex Blanco de penalti; 2-2, m.70: de penalti; 2-3, m.80: de penalti.

Competiu xa cara a cara o Xallas de Adrián Lema, pero os erros infantís no treito final condenárono. Saíron enchufados os locais, con moita intensidade, e chegando á meta rival. No ecuador do primeiro tempo o cadro visitante adiantábase nunha contra, pero o Xallas seguía confiando en que a primeira vitoria estaba preto e loita todos os balóns. Varias ocasións chegaron antes do descanso pero non tiveron acerto.

Saíu o Xallas a por todas na segunda, e pronto os tantos de Jordan e Blanco, dende os 11 metros tras un penalti cometido sobre Juan de Celia, daban a volta ao marcador. Pero co tanto o equipo deu un paso atrás, e o San Tirso comezou a volcar o campo cara a meta xalleira, provocando dous penaltis inocentes que conderaron aos xalleiros a unha nova derrota, a pesar de ter ocasións, nos últimos 10 minutos, para ter empatado.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios