Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Un paso atrás

Capis do Fisterra e Boiro co Trio arbitral
Capis do Fisterra e Boiro co trío arbitral
Preferente: Un paso atrás

Non puido o Fisterra co Boiro, nun partido que era medio ascenso. O equipo de Canosa caeu e malia que mantén a segunda praza, queda pendente dos Noia, Mugardos e o propio Boiro, que de gañar na finde de entroido o partido aprazado da x.17, superaríano nesa segunda praza que dá o soñado ascenso á 3ª División.

Mentres, en Sarria o Sofán viviu un partido de infarto, e acabou sumando un puntiño que non lle vén nada mal para non meterse en líos de arrastres.

Pola súa parte, David González estreouse no bando do Xallas cun empate na casa ante o Dubra, un rival directo, dos que marca a salvación, e que queda 6 puntos por encima.

 novos adestradores do Xallas

Boiro - Fisterra (2-1)

  • Fisterra: Jorge Vázquez, Pablo Vigo, Breixón, Aarón Fdez., Piti; Taboada, Aarón López, Julián, Roa; Herbert e Juan de Dora. Tamén: Adrián Makaay, Jesús e Andrés Vigo.
  • Goles: 1-0, m.6; 2-0, m.60: 2-1, m.75: Juan de Dora.

Xogadores do Fisterra en Boiro

Partido de poder a poder, onde o Boiro, alentado por un público que encheu as tres bancadas da Barraña (ben é certo que a metade eran fisterráns) sabendo o que se xogaban no partido. O partido rompía pronto co gol inicial dos locais que collía á defensa verde durmida. Tardou en coller o partido polo mango o cadro fisterrán, pero acabou a primeira metade dominando.

Comezou moi ben o cadro visitante a segunda, chegando á meta rival e aguantando ben. Pero un mal despexe de Pablo Vigo deixaba un balón morto na frontal que non desaproveitaba Óscar Martínez para facer o segundo. Non se rendeu a SD que se veu arriba, e Juan de Dora marcaba no seu debut nunha boa combinación con Adrián Makaay. Pechou a SD ao Boiro na súa área no último cuarto de hora, tendo ata 3 ocasións claras de gol (Herbert, Breixo e Makaay) que non entraron.

 

Sarriana - Sofán (2-2)

11 da SD Sofan ante a Sarriana

  • Sofán: Brais; Añón (David Castro, m.64), Becerra, Gody, Viqueira; Canedo (Martín, m.51), Fabián, Juanjo (Rubén, m.75); Fita (Carro, m.74), Raúl, Matías (Paulo, m.70).
  • Goles: 1-0, m.56: de penalti; 2-0, m.62; 2-1, m.70: Raúl de penalti; 2-2, m.91: Raúl de penalti.

Sarriana-Sofan

Partido de infarto e tolemia o vivido no campo da Ribela. Un partido digno de ver, con dous equipos no seu mellor momento que meteron un ritmo tremendo ao balón. O partido comezaba xa cos 11 metros como protagonistas, pois no m.13 Raúl era derribado na área, pero Raúl Añón mandaba o penalti alto. Fita e Canedo tamén puido abrir o marcador nunha primeira metade na que Brais apenas tivo traballo.

A Sarriana comezaba agazapada tamén a segunda metade, e Matías avisaba de novo. Pero nunha xogada de rexeites, o colexiado pita o segundo penalti, este na área visitante, que aproveita Omar para abrir o marcador. Raúl falla en boca de gol, e pouco despois a Sarriana fai unha rápida contra despois dunha falta e marca o segundo. Non o crían na SD, que subíu, aínda máis, as liñas, e arriscou na procura do empate. Quedaban 20 minutos cando o colexiado sinala outro penalti, este sobre Paulo, e que non falla Raúl. A Sarriana non saía do seu campo, e a SD chegaba e chegaba. Viqueira e Martín puideron empatar, pero no último minuto do desconto o colexiado sinala o cuarto penalti da tarde, esta vez sobre o capi Raúl, que pon o empate definitivo no marcador.

 

Xallas - Dubra (2-2)

  • Xallas: Coke; Cristian, Marcos Mouro, Santi, Jacobo (Peque); Jordan, Borja, Doro (Camilo); Marquiños, Alex Blanco (Mato) e Juan (Alberto).
  • Goles: 0-1, m.17: 1-1, m.37: Jordan; 2-1, m.47: Jordan; 2-2, m.60.

Un punto no debut de David González Otero e Anxo García Cotel no banco xalleiro, pero que sabe a pouco, pois o Dubra, rival directo, fica aínda con 6 puntos de vantaxe. O partido empezou con moita intensidade por parte de ambos equipos e xogo vertical. O cadro visitante facía dano nas xogadas a balón parado e así chegaba, tras unha falta lateral, e tras varios rexeites, o primeiro tanto para o Dubra. O Xallas empezou a dominar, ter o balón e chegar a área contraria. Nun centro e tras un rexeite Jordan empataba.

Saí enchufado o cadro verde tralo descanso e aproveitou que o Dubra quedara na caseta para facer o segundo, tras unha xogada por banda dereita de Cristian que remata Jordan que puxo o 2-1. Tivo aí o equipo local varias ocasións para facer o terceiro, pero fallou e deixou reordearse ao rival, que subiu liñas, facendo dubidar aos xalleiros e conseguindo empatar aínda con media hora por diante. Media hora na que puido ter pasado calquera cousa, con ocasións polos dous bandos e cun par de xogadas polémicas en cada área.

A salvación aínda é posible.

 

Todas as crónicas de Preferente

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios