Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Polémica e goleada

11 inicial do Sofán no partido ante o Noia. Foto Luis González
11 inicial do Sofán no partido ante o Noia. Foto: Luis González
Preferente: Polémica e goleada

O Sofán caeu na súa visita ao Residencia nun partido con varias xogadas para a polémica que puideron cambiar o resultado final xa que o colexiado perxudicou e moito ao equipo do Carral.

Pola súa banda, no derbi costeiro da xornada, o Fisterra foi moi superior ao Xallas, tal e como demostra o marcador final, o cal fai xustiza ao visto sobre o terreo de xogo en Fontenla.

SDC Residencia 1 – 0 SD Sofán

SDC Residencia: Bravos, Juanín, Sito, Esteban (Dani López m.61), Iván Barrio, Kevin (Iago m.57), Dani Galán (Carlos Raposo m.83), Javi Raposo, Veloso (Sergio m.61), Morandeira e Adrián Vázquez.

SD Sofán: Álex López, Becerra, Viqueira, Gody, Canedo, Matías (Rubén m.72), Raúl Añón (Juanjo m.52), Quintela (Raúl m.56), Eibe, Carro (Luis m.61) e Fabián.

Gol: 1-0 m.66: Juanín.

Partido que comezaría cos branquiazuis exercendo unha presión alta sobre a defensa sofanista e iso fixo que Veloso tivese a primeira ocasión pero o seu disparo acabaríao atallando Álex López.

Tras isto, os visitantes darían a réplica e faríano por medio de Eibe e Fabián pero as súas ocasións quedaríanse en nada.

O Sofán tiña o dominio de balón pero custáballe crear perigo sobre a portería rival, aínda que ao fío do descanso, Viqueira tería unha boa opción, nun tiro que sairía fóra por pouco.

No segundo tempo, os de Alberto Rodríguez seguiría levando a iniciativa ante un repregado Residencia que se achegaría á área rival nun tiro lateral de Veloso que se marcharía fóra e que daría orixe a un inexistente córner que supuxo o 1-0, obra de Juanín.

Estivo a piques de durarlle pouco a alegría ao conxunto local, pero Diego Bravos sacaría con certos apuros unha falta de Eibe.

Xa no treito final, habería unha nova acción polémica na que o colexiado non sinalaría un cobadazo de Iván López na cara de Fabián dentro da área.

Tras isto, o Sofán tivo máis profundidade pero en dúas ocasións nas que Viqueira parecía que ía crear perigo, o colexiado sinalaría sendos protestados fóras de xogo.

Ao final, resultado inxusto, nun partido no que o normal houbese sido un empate e tralo que os visitantes moi molestos coa actuación arbitral.

Xallas FC 1 – 5 SD Fisterra

Xallas FC: Koke, Christian, Jacobo, Alberto, Marcos Mouro, Carlos (Álex Blanco m.46), Borja, Peke (Asier m.80), Marcos, Juan de Celia, Pablo Mato (Grille m.74).

SD Fisterra: Iván Bouzón (Jorge m.82), Pablo Vigo, Aarón López, Makaay, Herbert (Aarón Lobelos m.70), Piti (Julio m.67), Santi Taboada, Julián López (Rubia m.78), Aarón Fernández, Andrés, Capelo (Dani Martínez m.43).

Goles: 0-1 m.3: Herbert; 0-2 m.14: Makaay; 0-3 m.32: Santi Taboada; 1-3 m.45: Juan de Celia; 1-4 m.55: Makaay; 1-5 m.80: Makaay

Partido que dominou o Fisterra desde o primeiro ata o último minuto ante un Xallas que estivo practicamente inoperativo durante unha primeira metade na que marcaría tres goles en sendos saques de esquina para poñer un claro 0-3 cando tan só trascorreran 32 minutos, por medio de Herbert, Makaay e Santi Taboada.

Os homes de Ángel López estaban moi cómodos pero antes de poñer rumbo aos vestiarios, Juan de Celia recurtaría distancias ao aproveitar o único erro defensivo dos visitantes.

Na segunda parte, o Xallas saíu un pouco mellor pero aínda así, o Fisterra tería o control do partido e Makaay aproveitaría dúas imprecisións defensivas dos locais para marcar a pracer e completar o seu hattrick e subir o definitivo 1-5 ao luminoso.

Comentarios