Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: Sen a tranquilidade necesaria

Preferente: Sen a tranquilidade necesaria
Camilo disputa un balón cun rival no Castro-Sofán. Foto: SD Sofán A pesares dos resultados positivos acadados polos equipos costeiros da Preferente, o Sofán e sobre todo, o Xallas non poden estar tranquilos xa que son nove e tres puntos, respectivamente, os que separan a sofanistas e xalleiros desa fatídica 17ª posición, logo da vitoria dos de Iván Cancela ante o Castro e do empate dos de Pablo Otero ante un rival directo pola permanencia como é o Boimorto.  

Xallas FC 2 – 2 Boimorto CF

Julián López transforma o penalti que deu orixe ao 1-1 no Xallas-Boimorto.
  • Xallas FC: Julián, Rubén, Jacobo, Dany Becerra, Álex Canedo, Óliver (Baba m.85), Abel, Marcos (Carlos m.77), Doro, Álex Blanco e Iván.
  • Goles: 0-1 m.6: Maikel; 1-1 m.42: Julián López (p); 2-1 m.52: Julián López; 2-2 m.64: Sergio.
O partido comezaba cun temperán gol do Boimorto logo dun erro na saída de balón que aproveitaría Maikel para adiantar aos seus. Este gol fixo que os xalleiros se viñesen arriba e se fixesen co control do encontro. Marcos tería o empate pero non sería ata ao fío do descanso cando Julián López faría o 1-1 dende o punto fatídico. Tralo paso por vestiarios, o Xallas seguiría sendo o dominador do encontro e aos sete minutos da reanudación, Julián López poñería por diante aos de Santa Comba cun bo lanzamento dende a frontal. Logo do 2-1, os locais seguirían mostrándose superiores a pesar do centrocampismo existente pero nun balón longo, Sergio Mosteiro devolvería as táboas ao marcador. Antes do pitido final, o visitante Nieto estrelaría un balón na madeira e o Xallas reclamaría un  posible penalti sobre Iván que o colexiado non sinalaría, polo que habería reparto de puntos.

CD Castro 1 – 4 SD Sofán

Castro-Sofán. Foto: SD Sofán
  • SD Sofán: Jesús, Iván Rey, Pablo, Sera, Antonio, Canedo, Eibe (Rubén m.71), Fabián (Quintela m.77), Camilo (Nacho Moreno m.84), Matías (Jonathan m.71) e Raúl.
  • Goles: 0-1 m.6: Sera; 1-1 m.16: Javi Fraga; 1-2 m.29: Fabián; 1-3 m.74: Raúl; 1-4 m.89: Quintela.
O Sofán visitaba un campo trampa xa que o Castro é un equipo que practicamente está descendido e que non ten nada que perder pero as cousas poñerianselle moi de cara aos de Iván Cancela cun temperán gol de Fabián. Logo disto, a relaxación apoderouse dos sofanistas e o Castro lograría facer as táboas no seu primeiro achegamento á área rival por medio  de Javi Fraga. Este gol fixo espertar a uns visitantes que puxeron o mono de traballo para volver a adiantarse no marcador e faríano por medio de Fabián, logo de que un incisivo Camilo tivese varias oportunidades que non logrou materializar. Antes do descanso, o gardameta local evitaría que un gran disparo de Matías acabase no fondo da rede. No reanudación, o Castro buscou a igualada pero a defensa do Sofán estivo moi seria e co paso dos minutos, as ocasións foron para os visitantes, pero non sería ata o minuto 74, cando Raúl deixaría o encontro visto para sentenza. Fabián tivo unha ocasión clarísima nun man a man co porteiro, pero sería Quintela o que faría o definitivo 1-4.

Comentarios