Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán certifica a súa permanencia e o Xallas mantén as súas opcións de salvación

SD Sofán - SD Negreira. Foto: SD Sofán.
SD Sofán - SD Negreira. Foto: SD Sofán.
Preferente: O Sofán certifica a súa permanencia e o Xallas mantén as súas opcións de salvación

O Sofán certificou a permanencia logo de vencer a un rival da zona baixa como é o Negreira, mentres que o Xallas logrou un importantísimo triunfo ante un rival directo pola salvación como é o Órdenes e que lle permite coller unha dose de moral que pode ser vital para o tramo final da tempada, o cal será decisivo para os xalleiros.

SD Sofán 2 – 1 SD Negreira

SD Sofán: Rumbo, Antonio, Rubén (Sera m.47), Alexandre (Matías m.50), Raúl, Pablo Domínguez, Canedo, Quintela, Eibe (Parafita m.73), Camilo (Nacho Moreno m.87) e Fabián.

Goles: 0-1 m.4: Pereira; 1-1 m.66: Raúl; 2-1 m.83: Paco en propia porta.

O Sofán deu un paso practicamente definitivo cara a permanencia nun partido no que se mostrou superior a un Negreira que se adiantou nada máis comezar cun bo gol de Pereira.

Tras isto, os sofanistas fixéronse co control pero non lograba inquedar en exceso a portería rival. Ambos conxuntos tiveron as súas ocasións para ver portería aínda que o marcador non se movería antes do descanso.

No segundo acto, o Sofán seguiu ao seu, buscando un empate que lograría Raúl no minuto 66. A partir disto, o Negreira foise vindo abaixo e os de Iván Cancela terían varias ocasións pero sería nun gol en propia porta de Paco como chegaría o tanto da vitoria dun Sofán que seguirá unha tempada máis no Grupo 1 da Preferente Galicia.

Sofan-Negreira

Xallas FC 2 – 1 Órdenes SD

Xallas FC: Koke, Christian, Jacobo Lois (Rubén m.55), Santi, Dany Becerra, Doro (Iago m.46), Julián López, Álex Blanco (Carlos m.82), Álex Canedo, Marcos, Jaco López (Fabián m.60).

Goles: 1-0 m.6: Julián López; 2-0 m.14: Dany Becerra; 2-1 m.75: Munín.

O Xallas saíu a por todas e foi o claro dominador dun primeiro acto no que o longueiro evitaría o gol nada máis comezar, pero practicamente a continuación, Julián López adiantaba aos de Santa Comba.

A raíz deste gol, os xalleiros seguirían sendo os que levaban a iniciativa e contaría con varias chegadas de perigo pero tan só Dany Becerra, á saída dun córner, sería quen de ver portería. E co 2-0 chegaríase ao tempo de lecer.

Na segunda metade, o Órdenes metería ao Xallas en campo propio a través dun fútbol directo, o cal daría o seu froito no minuto 75 cun gol de Munín, o cal supoñería o definitivo 2-1 nun partido que puido sentenciar Marcos nun man a man no que lle gañaría a partida o porteiro visitante e no que os xalleiros reclamaría un penalti sobre Julián.

Comentarios