Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán máis preto da permanencia e o Xallas segue en perigo

Agrupación Estudiantil 0 – 4 SD Sofán
Agrupación Estudiantil 0 – 4 SD Sofán
Preferente: O Sofán máis preto da permanencia e o Xallas segue en perigo

O Sofán logrou unha goleada ante un desahuciado Agrupación Estudiantil que lle permite acariñar a permanencia coa xema dos dedos, mentres que o Xallas acumula a súa cuarta derrota consecutiva que fai que os de Pablo Otero sigan en serios apuros e que vexan o perigo moi de preto.

Agrupación Estudiantil 0 – 4 SD Sofán

Agrupación Estudiantil: Álex, Isma, Denis (Maceiras m.69), Kante, Anxo, Meijo, Soto, Abel, Adrián, Mariño e Pereiras.

SD Sofán: Jesús, Iván Rey, Pablo (Félix m.52), Rubén (Sera m.52), Juanjo, Canedo, Jonathan (Parafita m.52)(Javi Rumbo m.72), Camilo (Fabián m.64), Alexandre, Luis e Quintela.

Goles: 0-1 m.25: Quintela; 0-2 m.41: Iván Rey; 0-3 m.82: Canedo; 0-4 m.89: Alexandre.

O Sofán sacou tres puntos moi importantes de cara a permanencia nun partido que non foi tan fácil como reflexa o marcador.

A SD tivo numerosas ocasións para marcar máis goles pero os de Loimil tiveron as súas, aínda que se toparon cun Jesús que estivo moi acertado e que non permitiu que os locais se metesen no encontro.

Quintela fixo o 1-0 no minuto 25 e Iván Rey fixo o segundo logo dunha boa xogada individual para que o Sofán se fose cunha vantaxe de dous goles ao descanso.

Trala reanudación, Iván Cancela fixo os cambios, dos que cabe resaltar a volta de Félix e Parafita ao equipo, pero este último tivo mala sorte e nun fortísimo encontronazo con Kante lesionouse, aínda que sen maior importancia e tivo que saír entrando no seu sitio o gardameta Rumbo quen deu fé das súas boas dotes co balón nos pés.

Nos minutos finais, Canedo e Alexandre aumentaron o marcador ata o 0-4 final.

Agrupación Estudiantil – SD Sofán

SD Dubra 3 – 1 Xallas FC

Xallas FC: Julián, Christian, Jacobo, Abel, Doro, Julián López, Álex Blanco, Álex Canedo, Marcos, Iago (Chelo m.57), Iván (Carlos m.77).

Goles: 1-0 m.6: Marcos; 2-0 m.35: Darío; 2-1 m.64: Álex Blanco; 3-1 m.83: Iván Facal.

Partido cunha parte para equipo. Unha primeira na que o Dubra se adiantaría moi cedo cun gol de Marcos nunha xogada a balón parado.

Tras isto, o Xallas tivo tres boas ocasións para lograr o empate pero os xalleiros non serían quenes de convertilas en gol e antes do descanso, Darío faría o segundo para os locais nunha xogada un tanto afortunada.

Se o primeiro tempo foi para os dubreses, na reanudación mandaría un Xallas que recurtou diferenzas nunha xogada de estratexia que materializaría Álex Blanco.

Pouco despois disto, Doro tivo o empate pero Brais Midón gañoulle a partida no man a mana o capitán xalleiro. E a falta de sete minutos para que se cumprise o tempo regulamentario, unha falta protestada aproveitaríaa Iván Facal para facer o definitivo 3-1 cun auténtico golazo.

Comentarios