Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán rompe unha serie de 7 partidos sen gañar

Hai un mes gañaban Fisterra e Xallas e caía, unha e outra vez o Sofán. Cambiou de rumbo houbo esta fin de semana.
Xallas x16
Plantel do Xallas o sábado en Fontenla
Preferente: O Sofán rompe unha serie de 7 partidos sen gañar

Só o Sofán sumou algo esta fin de semana, rompendo ademais unha serie de 7 partidos sen gañar. Os de Alberto Rodríguez e Cantudo vencían o derbi bergantiñán ante o Laracha e conseguen volver distanciarse, non moito, da zona de descenso.
Unha zona á que volve o Xallas, que caía o sábado ante o Arteixo na súa segunda derrota seguida tras 4 partidos sumando.

Igual sorte correo o Fisterra, que deixou escapar os 3 puntos de Ara Solis na súa terceira derrota consecutiva, a pesar de facer un gran partido ante o Mugardos. Un Fisterra cabreado pola actuación arbitral, que deixa escapar definitivamente ao Viveiro e que mesmo cae á 3ª praza, a 3 puntos do Boiro, e con pouca vantaxe xa sobre o segundo vagón, formado por case 10 equipos.

 

Xallas - Arteixo (0-1)

  • Xallas: Julián (Coke), Jacobo, Santi, Marcos Mouro, Cris (Manu), Jordan (Peke), Pablo Mato (Carliños), Doro. Marquiños (Grille), Alex Blanco.
  • Gol: 0-1, m.76: Rubi.

Partido intenso o vivido en Fontenla o sábado. O Arteixo comezaba mandón, tomando o dominio do balón pero o gran esforzo físico dos xalleiros botaba atrás cada acción de ataque visitante, deixando así uns primeiros 45 minutos sen apenas ocasións.

Igualáronse as forzas na segunda, co Xallas tendo máis profundidade. Chegaron ocasións de Jordan, Peke ou Borja Gándara, pero que non se materializaron. Porén, os visitantes na súa única chegada no segundo tempo, e con algo de fortuna nun rexeite, metíanse por diante. Intentou reaccionar o cadro de Adrián lema, pero o meta arteixán evitou o que tería sido máis xusto, un empate.

 

Sofán - Laracha (3-1)

  • Sofán: Brais; Juanjo, David Castro (Matías, m.86), Becerra, Viqueira; Canedo, Fabián, Eibe (Jony, m.75); Alexandre, Luís (Fita, m.68), Raúl (Carro, m.84).
  • Goles: 1-0, m.18: Canedo remata un córner; 2-0, m.18: Luís de penalti; 2-1, m.57: Geri de penalti; 3-1, m.75: Fita tras un pase de Carro.

Derbi de necesidades no Carral onde por fin o equipo local foi quen de cortar a serie negativa de resultados e o máis importante, recuperar sensacións. Comezaba o choque medindo forzas, con balóns directos e pouca claridade. Despois de varias chegadas, Canedo abría o marcador nun córner. MiniBuguy salvaba unha gran ocasión de Raúl a pase de Alexandre, pero non puido parar o penalti cometido sobre o propio Alexandre, e que transformaba Luís.
Puido recurtar o Laracha antes do descanso, pero non acertaron.

Na segunda, estirouse o Laracha que pronto recurtaba e se metía de cheo no partido. Non se amilanou o cadro local, que nunha boa presión ao meta visitante está a piques de marcar por medio de Fabián. Fita, que entrara pouco antes para dar calma ao partido, aportouna con temple e co terceiro tanto, tras un pase de Carro.

 

Fisterra - Mugardos (0-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Aarón Fdez, Julito, Andrés Vigo (Breixo (m.32), Aarón López, Santi Taboada (Roa, m.70), Capelo (Pablo Lestón, m.88), Herbert (Dani Martínez, m.83), Julián López, Adrián Makaay.
  • Gol: 0-1, m.33.

Imaxe do choque en Ara Solis

Crúa derrota para un Fisterra superior, que non puido derrotar a un cadro ferrolán metido na súa área e que tivo ao seu porteiro como mellor home. Ata 10 ocasións claras salvou o meta Dani Moreno, desquiciando aos xogadores dun cadro fisterrán que acabou protestando a actuación arbitral.

O gol chegaba na única xogada de ataque dos visitantes, para o lamento da afección verde.

 

Todas as Crónicas da Preferente

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios