Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Vitoria, empate e derrota pero competindo

Fisterra na casa ante a Sarriana copia
A SD Fisterra na casa ante a Sarriana
Preferente: Vitoria, empate e derrota pero competindo

Un pouco de todo para os nosos nesta 7ª xornada da Preferente. O Sofán sumaba a súa primeira vitoria lonxe do Carral, e se coloca entre os 10 primeiros. Pola súa parte o Fisterra sumaba un valioso punto ante un rival directo da zona noble como é o Sarriana, e se mantén en postos de ascenso. Mentres, o Xallas sufría unha nova derrota, cun tanto no desconto dos locais, pero a sensación é que o equipo de Adrián Lema xa compite cara a cara.

Arteixo - Sofán (0-1)

  • Sofán: Alex Lopez, David Castro (Juanjo, m.56), Raul Añon, Gody, Viqueira; Canedo, Fabián, Carro (Eibe, m.72), Matías (Alexandre, m.52), Luís (Fita, m.56), Raúl..
  • Gol: 1-0, m.26: Luís dende fora da área.

Sofan en Arteixo
11 do Sofán en Arteixo-Foto-SD

Partido moi serio da SD ante un rival que sobre todo na primeira parte non se sentíu cómodo na casa ante un Sofán coas ideas moi claras dende o inicio. A primeira ocasion chega antes do cuarto de hora de xogo, tras unha combinación entre Luis, Carro e Fabián e o balón chega o espacio para incorporación de Viqui que centra e non chega ninguen o remate.
Eran bos minutos da SD, con Luis e Viqui chegando con claridade por banda esquerda. Foi nun cambio de orientación de Canedo onde o balón chega a Luís, que despois dun excelente control acomoda o balón para desde fora da área lanzar un potente tiro cruzado ante o que nada pode facer Rumbo. O Arteixo só chegaba a balón parado.

No segundo tempo o Arteixo adiantou liñas para buscar o empate e conseguiu encerrar o Sofan e poñelos en problemas cando intentaban combinar. Os locais reclamaron un penalti de Álex, pero a SD seguía chegando, como un ruto de Gody e outro de Alexandre a pase de Fita.
Arriscou aínda máis, pero as súas contras e os seus centros eran ben resoltas pola defensa sofanista.

 

Galicia Mugardos - Xallas (2-1)

  • Xallas: Coke, Asier, Jaco, Loureiro, Cris, Borja, Marcos Mouro, Marquiños, Juan de Celia, Blanco (Doro), Pablo Mato (Carlos).
  • Gol: 0-1, m.2: Asier; 1-1, m.22; 2-1, m.91.

Comeza a competir o Xallas, que vai recuperando efectivos, e así o demostrou ante un rival que está demostrando un gran nivel. Na primeira parte o Mugardos saíu máis enchufado, pero eran os de Adrián Lema os que se adiantaba nada máis comezar co tanto de Asier. Pero non durou moito a alegría, pois aos 20 minutos xa empataban os visitantes, deixando un segundo ecuador da primeira metade moi igualado e con poucas ocasións.

Na segunda parte o Xallas saiu dominador, pero sen demasiada profunidade. Apenas un par de faltas laterais e un córner servían para colgar balóns dentro da área ferrolá. A mala fortuna volveu castigar a un Xallas que non mececía a derrota, pero xa co tempo cumplidos os locais marcaban un tanto que impiden que os xalleiros saian do pozo.

 

Fisterra - Sarriana (1-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Aarón López, Piti, Dani, Andrés, Herbert, Santi Taboada, Julián López, Adrián Makaay. Tamén: Jorge, Colombia, Rodri, Pablo Lestón e Aarón Lobelos.
  • Goles: 0-1, m.28: Omar; 1-1, m.34: Aarón López.

Partido dun Fisterra algo conservador no que o Sarriana chegou coas ideas claras, ben traballado, buscando ás costas do cadro local. Á media hora adiantábanse os visitantes tras un erro un córner. Pero pronto empataría Aarón López dun bo cabezazo nun saque de banda.

Na segúnda parte o Fisterra non estivo cómodo aínda que tivo a vitoria a nunha triangulación que Lobelos fallou.

 

Comentarios