Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas cumpre pero terá que esperar e o Sofán puxo a guinda a súa mellor tempada na categoría

Julián López conduce o balón no Xallas FC-Atlético Coruña. Foto www.diariodeportivo.gal
Julián López conduce o balón no Xallas FC-Atlético Coruña. Foto: www.diariodeportivo.gal
Preferente: O Xallas cumpre pero terá que esperar e o Sofán puxo a guinda a súa mellor tempada na categoría

O Xallas cumpriu e fixo os deberes ante o Atlético Coruña pero despois dos resultados que se deron na xornada, fan que os de Santa Comba dependan de terceiros para acadar a permanencia.

Pola súa banda, o Sofán pechou a súa mellor tempada na Preferente cunha vitoria in extremis ante o Boimorto.

Xallas FC 2 – 0 Atlético Coruña Montañeros CF

Xallas FC: Koke, Rubén, Christian, Jacobo Lois, Dany Becerra (Álex Canedo m.72), Baba, Santi, Julián López, Jacobo López (Abel m.75), Marcos, Álex Blanco (Carlos m.90).

Goles: 1-0 m.35: Marcos; 2-0 m.89: Álex Blanco.

Expulsión: O local Baba no minuto 89.

Dende o pitido inicial, o Xallas buscou a vitoria e tratou de levar a iniciativa en todo momento e aínda que o faría sen demasiada claridade, tería dúas boas ocasións por medio de Baba e Álex Blanco que desbarataría Lestón con certa dificultade.

A falta de dez minutos para o tempo de lecer, Marcos faría o primeiro para os xalleiros ao materializar unha boa combinación. E pouco despois, un defensa sería providencial ao corte para evitar que Álex Blanco fixese o segundo.

Tralo paso por vestiarios, nada cambiaría e o propio Álex Blanco estivo a piques de sorprender a Lestón pero o seu remate sairía a rentes do pau.

Todo seguiría igual e os achegamentos de perigo brillarían pola ausencia ata que Julián López caeu na área pero a cousa quedaríase en nada.

Tras isto, Baba remataría fóra por pouco un centro lateral e volvería a aparecer a figura de Lestón para evitar que Santi vise portería.

No minuto 88, Baba sería derrubado dentro da área herculina pero a colexiada interpretou que o xogador xalleiro se tirara e expulsaríao logo de ensinarlle a segunda amarela.

E nada máis reanudarse o xogo, Álex Blanco faría un golazo espectacular para sentenciar o partido e darlle o triunfo a un Xallas que terá que esperar ao que suceda no Playout que está xogando o Celta B ou cos posibles ascensos dos equipos de Terceira División a Segunda B.

CF Boimorto 1 – 3 SD Sofán

CF Boimorto 1-3 SD Sofán

SD Sofán: Jesús (Javi Rumbo m.46), Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera, Antonio, Canedo (Eibe m.60), Juanjo, Alexandre, Luis, Matías (Quintela m.65) e Parafita.

Goles: 1-0 m.31: Borja; 1-1 m.52: Luis (p); 1-2 m.88: Jacobo Eibe; 1-3 m.89: Parafita.

Expulsións: O local Jalecho no minuto 64 e tamén ao seu adestrador Dani Fernández no minuto 92.

O encontro foi pouco tenso pero ben xogado por ambos equipos. O día soleado e o perfecto estado do céspede permitiu ver boas combinacións e ocasións de gol en ambas porterías. No primeiro tempo o equipo local levou a voz cantante e adiantouse mediado este tempo, pero no segundo acto a Sd apretou, igualou nun penalti cometido a Parafita e coa expulsión do central local Jalecho tivo a opción de levarse o encontro nos últimos intres.

Comentarios