Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas logrou unha importantísima vitoria e O Carral segue sendo un fortín

Imaxe do Sofán - Atlético Coruña Montañeros
Imaxe do Sofán - Atlético Coruña Montañeros
Preferente: O Xallas logrou unha importantísima vitoria e O Carral segue sendo un fortín

Un Xallas que xogou durante media hora cun home menos, soubo aproveitar unha boa oportunidade no treito final do encontro para sumar tres puntos grazas a un solitario gol de Álex Blanco.

Pola súa banda, o Sofán soubo recompoñerse da dura derrota copeira ante o Baio para lograr unha vitoria ante o Atlético Coruña Montañeros nun bonito partido entre dous equipos que xa tiñan cumprido o seu obxectivo ligueiro.

Xallas FC 1 – 0 SD Negreira

Xallas FC: Koke, Christian (Rubén m.67), Jacobo Lois (Jaco López m.57), Santi, Dany Becerra, Abel (Iago m.74), Julián López (Carlos m.82), Álex Blanco, Álex Canedo, Baba e Marcos.

SD Negreira: José Luis, Juan Diego, Adrián Pereira, Paco, Cea, Rial, José Caamaño (Miguel Iglesias m.74), Ángel (Alberto m.67), Vía e Rubén Caamaño.

Gol: 1-0 m.84: Álex Blanco.

Expulsión: O xalleiro Álex Canedo con cartón vermello directo no minuto 60.

O Xallas saltou ao terreo de xogo coa intención de levar a iniciativa e de marcar un gol que lle permitise afrontar o encontro coa tranquilidade suficiente pero os de Santa Comba non lograrían inquedar en exceso a portería rival nesta primeira metade.

Logo do paso por vestiarios, os xalleiros sufrirían un imprevisto en forma de expulsión rigurosa de Álex Canedo, pero os verdes sacarían forzas de onde non as había para facer unha contra que daría orixe ao 1-0, obra de Álex Blanco, que lle dá tres puntos de vital transcendencia ao Xallas.

SD Sofán 2 – 0 Atlético Coruña Montañeros CF

SD Sofán: Jesús, Juanjo, Antonio (Rubén m.46), Iván Rey, Parafita (Fabián m.55)(Rumbo m.84), Luis (Alexandre m.55), Matías, Canedo (Jonathan m.46), Quintela e Jacobo.

Goles: 1-0 m.66: Fabián; 2-0 m.75: Juanjo.

Na primeira metade, o Sofán acusou o desgaste do partido copeiro e iso fixo que o Atlético Coruña levase a iniciativa, sendo Jesús o xogador máis destacado dos sofanistas, facendo varias intervencións de mérito nestes primeiros corenta e cinco minutos.

Na reanudación, a entrada de Alexandre e Fabián deulle outra cor ao equipo de Iván Cancela, o que fixo que os locais levasen a voz cantante e que lograsen adiantarse mediada esta segunda parte logo dun centro de Matías que cabecearía Fabián ao fondo da rede.

E pouco despois, á saída dun córner, un Juanjo que xunto con Jesús foi do mellor do Sofán, faría o definitivo 2-0.

Tras isto, o Sofán tivo varias ocasións para aumentar a súa vantaxe pero Ramón evitaría o gol dos locais con dúas intervencións de mérito ante Alexandre e Quintela.

Comentarios