Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Xornada aciaga para os nosos equipos ante rivais directos

CD Foz - SD Sofán
CD Foz - SD Sofán
Preferente: Xornada aciaga para os nosos equipos ante rivais directos

O Sofán tiña unha gran oportunidade para certificar a súa permanencia na Preferente pero caería derrotado ante o Foz nun polémico encontro, mentres que o Xallas caeu ante un rival directo pola permanencia como é o San Tirso e métese de novo en serios problemas.

CD Foz 4 – 2 SD Sofán

CD Foz 4-2 SD Sofán

CD Foz: Bruzos, Rivera, Bouso (Pablo m.76), Javi Chinchón, Jesús, Cristian, David Rodríguez (Xenxo m.67), Chao (Antón m.85), Jacob, Ibán Gayol, Asier (Luis m.81).

SD Sofán: Jesús, Iván Rey, Juanjo, Rubén, Félix, Camilo (Javi m.76), Eibe, Fabián, Matías (Parafita m.60), Quintela (Nacho Moreno m.67) e Raúl.

Goles: 1-0 m.7: Chao; 1-1 m.12: Raúl (p); 2-1 m.32: Asier; 3-1 m.58: Asier; 4-1 m.64: Félix en propia porta; 4-2 m.88: Parafita (p).

Caeu unha SD en cuadro no campo do Foz, nun partido condicionado por dúas decisións arbitrais, o gol en fóra de xogo de Asier que significaba o 2-1 e a posterior expulsión por vermella directa de Juanjo no minuto 35, unha inexplicable decisión do colexiado nunha carga legal do central da SD.

Non entrou ben no partido o Sofán e pronto encaixou, pero un claro penalti a Camilo serviulle a Raúl para empatar.

O gol de Asier e a posterior expulsión de Juanjo fixeron moi difícil a situación dos de Iván Cancela, que no segundo tempo buscaron o empate pero o Foz pronto sentenciou o encontro.

Ata o final, a nota positiva foi a volta de Parafita que ademáis anotou o seu primeiro tanto en Preferente, noutro claro penalti na área local.

San Tirso SD 5 – 2 Xallas FC

Xallas FC: Koke, Álex Canedo, Santi, Dany Becerra, Abel, Doro, Julián López, Jacobo López, Iago (Baba m.46)(Carlos m.60), Álex Blanco e Marcos.

Goles: 1-0 m.30: Roberto Prieto; 2-0 m.31: Segade; 3-0 m.47: Fran González; 3-1 m.79: Álex Blanco; 4-1 m.85: Álvaro; 4-2 m.88: Jacobo López; 5-2 m.90: Álvaro.

Expulsión: O local Segade por dobre amonestación no minuto 73.

A primeira metade estivo marcada por unha gran igualdade, aínda que Doro tivo unha boa oportunidade para adiantar aos seus pero serían os locais quenes verían portería e faríano dúas veces para poñer o 2-0 no marcador cos goles de Roberto Prieto e Segade.

Antes do descanso, os xalleiros puideron recortar distancias con dúas boas ocasións que se quedarían en nada.

No segundo tempo, Fran González poñería terra de por medio cun gol aos dous minutos que unido á lesión de Baba poñería as cousas moi costa arriba para os xalleiros.

O San Tirso quedaría con dez homes e Álex Blanco recortaría diferenzas pero Álvaro volvería a marcar para os locais, antes duns minutos finais nos que Jacobo López para os xalleiros e o local Álvaro volverían a ver portería para facer o 5-2 definitivo.

Comentarios