Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Xornada aciaga

Preferente: Xornada aciaga
Saúdo inicial no Xallas-Atlético Arteixo Nin Xallas nin Sofán foron quenes de sacar algo positivo dunha fin de semana na que os xalleiros caeron inxustamente ante o Atlético Arteixo nun partido do que mereceron sacar algo positivo e na que os sofanistas sucumbiron ante un Ribadeo moi acertado de cara a gol.

SD Sofán 2 – 3 Ribadeo FC

Raúl e Canedo loitan por un balón cun rival no Sofán-Ribadeo. Foto: SD Sofán.
  • SD Sofán: Javi Rumbo, Iván Rey (Matías m.61), Pablo, Rubén (Nacho Moreno m.81), Antonio, Sera, Canedo, Jonathan (Eibe m.61), Fabián (Juanjo m.73), Quintela e Raúl.
  • Goles: 0-1 m.6: Brais; 1-1 m.18: Quintela; 1-2 m.24: Poratti; 1-3 m.56: Juanma; 2-3 m.86: Quintela.
O Sofán xogou un gran partido na tarde deste domingo, pero acabou sucumbindo ante o acerto ofensivo do Ribadeo, un equipo con moita calidade nas súas filas pero que hoxe non mereceu tal premio. De inicio, dúas coadas de Pablo Domínguez, moi acertado no primeiro tempo, non remataron en gol de milagre. E no minuto 6, os de Iván Cancela recibirían un mazazo en forma dun gran gol de Brais dende o centro do campo que abría o marcador. Tras isto, a SD seguiu insistindo e obtivo xusto premio noutra internada de Pablo Domínguez que esta vez si foi rematada por Quintela ao fondo da rede. O defensa local Antonio no Sofán-Ribadeo. Foto: SD Sofán. Tivo Raúl o 2-1 pero o seu remate en boca de gol sacaríao Javi de maneira incríble. E dunha porta a outra, pero esta vez Poratti non fallou para poñer o 1-2 co que se chegaría ao tempo de lecer. Na segunda metade, máis do mesmo, ocasións do Sofán e goles do Ribadeo. Javi sacou unha man incríble a un gran disparo de Canedo e nun córner chegou o terceiro dos visitantes. A SD intentouno, tivo ocasións, e a pouco do final, Quintela acortou distancias. Pero novamente a falta de acerto privou do empate nos últimos intres aos locais, nunha ocasión na que Canedo só no punto de penalti rematou alto.

Xallas FC 0 – 1 Atlético Arteixo

11 inicial do Xallas ante o Atlético Arteixo
  • Xallas FC: Julián, Jacobo, Dany Becerra, Doro, Julián López, Álex Canedo, Marcos, Iago (Carlos m.84), Rubén (Abel m.60), Iván (Álex Blanco m.74), Óliver (Baba m.60).
  • Gol: 0-1 m.46: Rubén.
O Xallas realizou un boa primeira metade na que tivo levou a iniciativa tanto no xogo como nas ocasións, nas que nin Iván, nin Marcos nin tampouco Doro foron quenes de materializalas para facer xustiza ao que se estaba a ver sobre o céspede de Fontenla. Pola súa banda, o Arteixo tan só estivo a piques de sorprender aos xalleiros nun desaxuste defensivo que resolveu moi ben Marcos. Nada máis voltar dos vestiarios, un erro de Jacobo nun pase horizontal habilitou ao arteixán Rubén que superou a Julián cun disparo lonxano. A partir deste momento, os xalleiros volcaríanse na procura do empate pero non era o seu día de cara a portería e incluso verían como o Arteixo puido aumentar a súa vantaxe en dúas contras que finalmente non lograrían materializar os visitantes, aínda que os tres puntos voarían de Fontenla.

Comentarios