Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preferente: Xornada positiva para os nosos

Preferente: Xornada positiva para os nosos
CF Noia - SD Sofán. Foto: SD Sofán Foi unha boa xornada para os nosos equipos da Preferente Galicia, pois un Xallas que foi moi superior ao Castro logrou unha importante vitoria de cara aos seus intereses, mentres que o Sofán sacou un valiosísimo punto nun dos campos máis complicados como é San Lázaro e ante un dos galos da categoría como é o Noia.

CD Castro 1 – 3 Xallas FC

Xallas FC: Koke, Rubén, Christian, Álex Canedo, Baba, Óliver (Iago m.59), Abel (Álex Blanco m.42), Marcos, Doro (Mata m.89), Julián López, Iván (Carlos m.90). Goles: 1-0 m.51: Javi Fraga; 1-1 m.62: Marcos; 1-2 m.67: Julián López (p); 1-3 m.87: Iván. Partido dominado de principio a fin por un Xallas que tivo numerosas ocasións para lograr unha goleada de escándalo pero parecía que non era o día dos xalleiros de cara a gol e de aí que se chegase ao tempo de lecer co empate inicial no marcador. Na segunda metade, todo seguiría igual pero a pesares disto, serían os locales quenes se adiantaría no luminoso por medio de Javi Fraga á saída dun saque de esquina. A pesares do gol, o Xallas non se veu abaixo e foise en busca do partido. Marcos lograría a igualada tras un centro de Rubén e Julián López poñería por diante aos seus logo de transformar unha pena máxima. Logo deste gol, os xalleiros nunca viron peligrar a súa vitoria e loitaron por ampliar a súa vantaxe pero non sería ata o minuto 87, cando Iván faría a sentenza ao materializar un contragolpe. No tempo de lecer, Rubén puido facer o cuarto dos seus pero o gardameta local detería o lanzamento do defensa xalleiro dende os once metros.

CF Noia 0 – 0 SD Sofán

CF Noia - SD Sofán. Foto: SD Sofán SD Sofán: Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Antonio, Rubén, Canedo, Jonathan, Fabián (Juanjo m.88), Alexandre (Luis m.65), Camilo (Iván Rey m.72) e Raúl. Expulsión: O adestrador da SD Sofán, Iván Cancela, no minuto 90. O Sofán sacou un empate dun dos campos máis difíciles da categoría, nun partido ben traballado e no que tivo opcións de levarse os tres puntos, sobre todo, se o colexiado non lle anulase un gol legal a Raúl por un inexistente fóra de xogo. No inicio, o Noia puido adiantarse nunha dobre ocasión de Ángelo e Tachi a balón parado, pero Rumbo estivo moi acertado. Os visitantes comezaron a crear ocasións á contra. Primeiro Camilo disparou e sacou Pajarillo, e logo, Antonio de cabeza remataría a rentes do pau. Mediado o primeiro tempo sucederíanse as ocasións e Ángelo volve a rematar ao longueiro, Quintairos cruza demasiado nunha contra e Camilo remata fóra a pase de Fabián. Había fútbol trepidante e ocasións en ambas porterías. E antes do descanso, chegaría a xogada polémica na que o colexiado sinalaría un fóra de xogo inexistente de Raúl tras un pase de Alexandre. O Noia apretou ben no segundo tempo pero Rumbo estivo excepcional para sacar un remate de Quintairos á reviravolta de maneira incríble e unha falta de Jacobo co tempo cumprido. Antes Nando tivera unha boa ocasión nunha xogada individual ante un Sofán canso polo esforzo feito que non foi quen de inquedar demasiado a porta local e optou por defender o punto con uñas e dentes.

Comentarios