Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Preferentes costeiros son protagonistas

Trio arbitral no Carral esta semana-Foto-Luis Gonzalez
Trío arbitral no Carral esta semana-Foto-Luís González
Os Preferentes costeiros son protagonistas

A subdelegación arbitral da Costa da Morte conta, para esta temporada 2019/2020, con tres colexiados no segundo escalafón galego, a Preferente, e esta fin de semana os tres serán protagonistas.

Marcos Ordóñez, o árbitro máis recoñecido do fútbol costeiro, inicia unha aventura moi especial: debuta este domingo na que, por cuestións de idade, terá que ser a súa última temporada na categoría. Arrincará o seu paseo de despedida cunha longa viaxe para dirixir o domingo (19.00 horas, San Pedro) o Vilalonga-Barbadás do grupo sur. Estará acompañado nas bandas por outros dous compañeiros da Subdelegación, David Vázquez e David Cancela.

Adrián Pérez Rellán, que vén de conseguir o seu ascenso hai apenas un par de meses, vivirá unha xornada ilusionante, pois debutará como asistente en Segunda División B. Farao da man do colexiado coruñés Rubén Eiriz, e o encontro será o Getafe B-Las Rozas, que se disputará na matinal do domingo.

E o terceiro en discordia, xa un veterano tamén na categoría, Pablo Rama, dará o pistoletazo de saída a esta segunda xornada de competición o sábado na Pinguela onde dirixirá, a partir das 18.30 horas, o encontro do grupo norte entre Lemos e A Pobra. Estará auxiliado nas bandas por un costeiro (Alberto Baña) e un coruñés (Yannick Juncal).

Óscar Martínez Santos reinicia andaina na Terceira División

O “segundo colexiado costeiro” na Terceira División, Óscar Martínez Santos, cabanés afincando en Santiago, comeza o ano do seu retorno á categoría nun campo mítico, O Couto, para dirixir (domingo, 19.00 horas) o UD Ourense-Arousa.

Tamén haberá representación costeira noutro campo senlleiro da Terceira División, O Poblado, onde Iván Vilanova actuará como asistente no duelo entre As Pontes e Arzúa (domingo, 18.30 horas) que dirixirá o coruñés José Manuel Cives.

---

Todas as designacións, categoría a categoría, competición a competición, como cada semana, en www.futgal.es.

E todas as táboas e os resultados en directo en www.futboldacosta.com

Comentarios