Martes. 16.04.2024
El tiempo

Primeira crónica dominical neste emocionante comezo do curso no #FútboldaCosta

Imaxe dun dos goles do Fisterra-Foto-Steffen
Imaxe dun dos goles do Fisterra-Foto-Steffen
Primeira crónica dominical neste emocionante comezo do curso no #FútboldaCosta

Rematou a primeira xornada case completa (falta a 3ª) do Fútbol da Costa. Rematou un vibrante primeiro carrusel cos goles en directo, que seguen máis de 5.000 persoas a través da plataforma www.futboldacosta.com. Rematou e de contado facemos unha pequena análise da xornada e mañá traemos xa todas as crónicas completas.

Preferente

O sábado comezaba a xornada cun Fisterra fulgurante na casa, cun 3-0 claro ante todo un Boiro, demostrando que se o tridente máxico MHC (Makaay, Herbert e Capelo) funciona, coa sala de máquinas formada por Aarón e Julián López, este equipo poder dar moitas alegrías a Ara Solis, como a que deu Pablo Vigo co seu golazo dende o medio campo para sentenciar o choque.

O Sofán sufría a primeira derrota da temporada, e na casa, ante un correoso Sarriana, que levou 3 puntos inmerecidamente ante un cadro local que o intentou de todas as maneiras.

Tarde comezaba o Xallas en Dubra, e mellor tería sido quedar na casa… 6 goles levou o cadro de Adrián Lema no seu terceiro partido sen coñecer a vitoria.

1ª Galicia

A Primeira tivo que agardar ata última hora para ver como se pechaba o primeiro derbi do curso, entre Baio e Soneira. Foi o cadro soneirán o que se levou a vitoria tras vencer por 0-2 no Platas Reinoso, nun choque intenso ata o último minuto, que foi cando sentenciaban os visitantes.

Pola súa parte o novo Dumbría de Pablo Conde conseguía comezar a temporada sumando 3 puntos na casa, ao vencer ao Cordeiro con solvencia.

O Volantes estreábase na casa ante a súa afección, e sumaba un puntiño ante o Agolada, nun choque de poder a poder, sen demasiado control do xogo pero si con importantes ocasións, sobre todo a balón parado, dos muradáns..

A gran alegría deuna o Mazaricos, que vencía pola mínima, cun tanto de Stefan, na casa a un veterano da categoría como o Unión.

2ª Galicia

Xornada vivida e intensa esta da estrea na Liga da Costa, que deixa como líder a un dos eternos candidatos: o Corme de Lelo, que remontaba o tanto inicial do Zas para acabar endosándolle unha manciña.

Cerqueda, Ponteceso e Esteirana rubricaron tamén a súa posición como candidatos, vencendo fóra da casa, respectivamente, a equipos como o Baíñas, Lira ou o debutante Cabana. Tamén o San Lorenzo venceu ao Coristanco por dous goles de diferencia. O Malpica vencía pola mínima ao Castriz, igual que o Muros, no partido inaugural da Liga da Costa, adiantado ao sábado, ao UC Cee.

O único empate rexistrouse en Xaviña, onde Buño e Muxía aboáronse ás táboas sen goles.

A base

Tamén arrincaba o fútbol base, co comezo das competicións autonómicas, nas que só participa o Dumbría. Os Cadetes de Liga Galega caían no seu debut, no Conco, ante o Atl. C. Montañeros pola mínina. Pola súa parte, os Xuvenís facían o propio ante o Racing Club Villalbés “B”, caendo por 2-1.

 

Todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Outras novas

Comentarios