Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A CRÓNICA

Unha Primeira, un San Lorenzo e un Fisterra de tolos

Zas-Cabana
O Cabana sacou os puntos de San Andrés do duelo de pechacancelas
Unha Primeira, un San Lorenzo e un Fisterra de tolos

Nova xornada completa do Fútbol da Costa é con tremenda emoción viviuse o carrusel de www.futboldacosta.com. Unha xornada de derbi con protagonistas repetidos como o Fisterra, así como o San Lorenzo, líder e único invicto da Liga da Costa.

A Preferente mira a fin da terra

Espectacular o que está facendo este histórico Fisterra. O investimento en calidade dos de Canosa, e Tolo, está dando os seus froitos antes mesmo do esperado. Marcan os novos como Herbert, e os de sempre como Makaay, para endosar unha nova goleada a un Xallas que necesita comezar a recuperar efectivos e poñerse a sumar como o comer. A derrota do Viveiro mete aos fisterráns máis preto do liderato.
O Sofán caía ante o Residencia tras unha controvertido decisión arbitral.

Unha Primeira de tolos

Dous partidos de tolos os protagonizados polos nosos equipos, como ese derbi entre un Soneira que ía a tope e un Volantes que non acababa de arrincar, pero si arrincou un punto do Municipal vimiancés.
O outro choque de ida e volta foi o do Baio ante O Pino, onde o equio de Pablo Torreira remontaba un 3-0 e remataba cun incrible 3-4 que os quita da zona perigosa, na que aínda están o propio Volantes, e o Mazaricos, que conseguía empatar no treito final ante o Agolada.

O San Lorenzo manda na 2ª

O Muxía e o Malpica frearon ao Corme e ao Ponteceso. Non puido facer o mesmo o Castriz ante un San Lorenzo que queda líder en solitario tras 4 vitorias en 4 partidos. Arriba colócase un ilusionante Cee tras vencer a un Baíñas que non arrinca nun partido tremendamente polémico, con importante trifulca polo medio que debullaremos mañá.
Por abaixo, no duelo de pecachancelas e tras outro partido tolo, o Cabana estreou o taboleiro levando os 3 puntos de San Andrés deixando ao Zas a cero.

3ª: Camariñas só

A segunda xornada deixa ao Camariñas como líder en solitario, con dúas vitorias, trala ferrota do Ameixenda en Corcubión e os empates de Outes en Louro e Nantón en Camelle.

FutFem

Segunda vitoria en dous partidos do novo UC Cee para ficar colíder do Gr. 3. As Miúdas sumaron a primeira vitoria do curso e xa está na zona de Promoción. No Gr. 1 o Bergan suma 3 de 4 e está na zona Noble.

Base

En Xuvenís, Cabana e Seaia, así como a Esteirana, seguen golpeando. E ollo cun Xallas que comezou con forza.
Na segunda xornada tamén de Cadetes, só quedan 4 equipos sumando só vitorias: Fisterra, Sofán, Miúdos e Xallas.
En Infantís, outros catro líderes: Os Miúdos, Outes, Cee e Dumbría, mentres o choque do Corme suspendido pola intoxicación da auga cormelá.

Veteranos

Menudos números dos Zas, que fica como o único equipo que suma partidos por vitorias tras esta terceira xornada. Por detrás, Dumbría e Ponteceso.
Na 1ª, o Deportivo Carballo ascende ao liderato tras frear a un novo Ara Solis que comezara como un cañón. Ademais, o Fisterra non puido recibir ao Corme, tamén pola intoxicación.

TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios