Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Propoñen a creación dunha Liga comarcal de F7 para Veteranos

Imaxe dun choque do Torneo de Carnota do veran 2013
Imaxe dun choque do Torneo de Carnota do verán de 2013-Foto- Jorge
Propoñen a creación dunha Liga comarcal de F7 para Veteranos

Dende Carnota, pero co apoio doutros concellos da comarca, están lanzando a idea de botar adiante unha Liga de F7 para maiores de 33 anos. O I Torneo de Fútbol 7 de Veteranos espera contar con equipos de ata 10 concellos da comarca, para comezar a competición terá comezo no mes de febreiro.

As condicións son as seguintes:

  • 1) Máximo 14 xogadores por equipo.
  • 2) Cota por xogador 50€ para o seguro.
  • 3) Pago ó arbitro, 2 €/xogador e partido máximo 30 euros por equipo.
  • 4) 2 equipacións,ou 1 e petos de cores distintos.
  • 5) 3 balóns regulamentarios mínimo en campo propio.
  • 6) Puntualidade co horario establecido. Máximo espera 15 min. A non asistencia, penalizarase cun 3-0.
  • 7) Asistir ós partidos co DNI orixinal..
  • 8) Mínimo idade 33 anos (non federados).

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados, ademais dos típicos trofeos de pichichi e porteiro menos batido, que se entregarán nunha cea de gala final.

Para inscribirse poden contactar cos vosos concellos ou contactando co promotor, o concelleiro carnotán Rafael Riveiro (617 039 227)

Comentarios