Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resultados da xornada futboleira: Retratados

Resultados da xornada futboleira: Retratados
Soneira-Sofan-Foto-SD Sofan Intensísimo foi o derbi entre Soneira-Sofan-Foto-SD Sofan Se mire por onde se mire, a xornada debe ser un punto de inflexión para dous dos equipos máis grandes da Costa. Nin Dumbría nin Unión Club Cee entenden na súa realidade histórica encaixar sete ou oito goles ou converterse nun apetecible rival para calquera. E iso é a sensación que dan agora mesmo as súas saídas en Preferente e na Liga da Costa. Está no aire a continuidade de Alfredo Cambeiro en San Paio de Refoxos, a crónica dun matrimonio compricado desde a xestación. Era case un acto de masoquismo redomado achegarse a Ponte dos Brozos e pensar en chave optimista respecto ao resultado do Dumbría. O líder non tivo piedade e, madrugón incluido, afastou calquera dúbida rápidamente. O enfermo que si ten mellor cor é un Xallas que fixo os deberes fronte a un rival directo, o Estudiantil. Primeiro éxito ao noveno intento e unha traxectoria ascendente para os combeses. Era a Primeira Autonómica a visita obrigada para os afeccionados neutrais, e non defraudou un Soneira-Sofán con alternativas e que supuxo a primeira non victoria dos vimianceses. O nivel de ambos foi a mellor nova dunha semana catastrófica para os nosos, coas dolorosas palizas a Malpica e Baio, e coa insospeitada derrota do Corme ante o Palmeira, un rival ao que avasallaran tanto Sofán coma Soneira nas dúas últimas semanas. Máis alá dos compromisos directos na cabeza, resalta especialmente na Liga da Costa o desastre do Cee en Zas, de dimensións históricas para o Unión. Planea a sombra do adeus de Alfredo Cambeiro, unha incógnita a resolver nas vindeiras horas. Segundo confesou a QPC, o de Caldebarcos sentiu "vergonza" no banco de San Andrés, e incluso amosouse agradecido de non ter volto cun saco maior. Pola súa banda, e no que se refire a loitas e dominios clasificatorios, Ponteceso e Baíñas foron os grandes saltos da semana, mentres que o Castriz retoma poder no accionarado de candidatos tras acabar coa virxinidade do San Lorenzo en Verdillo. De alabar tamén é a forza do Volantes de Baño, que novamente rozou a primeira alegría do ano e que suma dous empates a tres goles seguidos. Fea é a palabra para falar da nova da semana en Terceira Autonómica, con incidentes absurdos e graves no enfrontamento entre Camelle e Monte Louro, no que ningunha das partes asume demasiada autocrítica. Na outra cara da moeda está o fútbol base e especialmente un Dumbría Xuvenil que retoma postos de ascenso a Liga Nacional tras superar con certos apuros ao Órdenes.

Preferente Norte, xornada 7


Primeira Autonómica, xornada 6

Segunda Autonómica, xornada 6

Terceira Autonómica, xornada 4


Xuvenil - Liga Galega, xornada 6

Dumbría 17/10 - 17:00Ordes

Cadete - División de Honra, xornada 6

Dumbría17/10 - 11:30Galicia Caranza

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 6


Xuvenil - Grupo Norte, xornada 6


Primeira Cadete, xornada 5

Primeira Infantil, xornada 5


AlevínCosta Sur F8, xornada 2

BenxamínCosta Sur F8, xornada 2


Veteranos, 1ª División, xornada 4

Veteranos, 2ª División, xornada 4


Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios