Domingo. 01.11.2020
El tiempo

A RFGF axudará a costear o médico aos equipos de categoría Nacional

A TVG retransmitirá os partidos da 3ª
A RFGF axudará a costear o médico aos equipos de categoría Nacional

Era unha das queixas máis importantes dos equipos de 3ª División para comezar a temporada. Esa figura de médico que terán que contratar cada partido e cada 15 días para levar o control dos PCR, para manter o protocolo aprobado polo CDS.

Onte, os 24 clubs da categoría mantiñan unha nova reunión, a apenas 4 días do comezo da temporada, co ente federativo, que aseguropu que tanto a Federacion Galega como a estatal están dispostas a apoiar a todos os clubs na financiación da nova figura do xefe médico.

Louzán indicou tamén que no referente aos test, a RFEF comprometeu unha importante liña de axudas para a financiación dos devanditos test, que de seguro aliviará a situación económica que están a pasar os clubs despois de tantos meses de inactividade.

Cómpre salientar, ademais, que os equipos de fútbol femenino e os de fútbol sala tamén recibiron esta información en distintas reunións que está a manter a RFGF.

Contrato coa CRTVG

Na reunión tamén informou o presidente da RFGF do acordo chegado coa compañía CRTVG para a retransmisión dos partidos da Terceira División, un acordo que conleva un importante incremento do 20% da cantidade económica con respecto ao ano anterior.

comentarios