Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rubén Forján, unha futura lenda da Costa disecciona a Copa

Rubén Forján, unha futura lenda da Costa disecciona a Copa
Rubén na selección da Costa contra o Fabril no 2014 Ninguén dubida que é un dos mellores xogadores que pisaron os campos da Costa nos últimos anos. Dende a súa banda dereita, eterno nesa posición, ben sexa de interior cos seus disparos mortíferos dende fora da area ou ben sexa de lateral, máis cómodo nos últimos anos, aportando a súa sabiduría, Rubén Forján Lema, xa con 32 anos ás súas espaldas, busca o pase a unha nova final da Copa da Costa. O de A Baña pode atoparse na mesma, si se dan os resultados, co que foi o equipo da súa vida, o Xallas, co que dou tardes de gloria e no que é ben recordado. Agora pon o seu fútbol ó servicio de Pedro Gómez no Soneira, e os rivais teñen que ter cuidado con esas subidas pola banda, todos o coñecen ben. QPC - Vaia partidazo o do outro día en Sofán... Penso que foi un partido moi vistoso para o público,con dous equipos que xogan coas súas armas e na que houbo ocasións de gol nas dúas áreas. Nós tivemos as nosas e non fomos capaces de conseguilo, claro que marchamos disgustados por non conseguir polo menos un tanto, que nos fortalecera no partido de volta. Pero os partidos cambian moito de unha semana a outra e voltaremos a intentalo este domingo en Vimianzo. QPC - Atopastes o Sofán que esperábades? Pois vin a un Sofán, moi recoñecible dentro do campo. O Carral  sempre foi un campo complicado, no que as defensas gañan moito protagonismo e a velocidade e calidade da xente de ataque deciden os partidos. Iván Cancela (adestrador que coñezo moito) puxo o seu selo para afianzar estes dous aspectos e é un equipo difícil de batir. QPC - Que nos podemos esperar do partido de volta? No partido de volta, penso que vai a ser outra historia totalmente diferente. Xa as dimensións do campo non son as mesmas, o ambiente do campo e a posibilidade de que o Soneira entre na final da Copa da Costa vai a axudar a que os xogadores demos ese plus que se necesitan nestes partidos. E creo que os 90 minutos deste partido de volta e tendo en conta que o 1-0 deixa moitas cousas abertas, o partido no Municipal vai a ser outra historia diferente a do Carral. QPC - Como estades a chegar de gasolina ó treito final de tempada? A gasolina neste tramo final, seguramente andemos todos os equipos na mesma liña. Os que tiveron nas súas ligas unha posición máis cómoda na taboa, tiveron a oportunidade de dosificar máis os seus xogadores (como é o noso caso) pero a posibilidade de poder chegar a unha final de Copa sempre fai, como decía antes, que des un pouquiño máis do que podes dar. QPC - Que opinión che merece esta polémica que hai sobre o sistema de competición da nosa Copa? Persoalmente e coincidindo con moita xente que pensa o mesmo, a Copa da Costa, e na que o propio Louzán declarou que seguramente sexa a Copa de Afeccionados que máis volumen de xente arrastra, este sistema de competición de copa para min está a desvirtualizar a Copa. ¿Porqué? Porque os equipos non estamos preparados para xogar dous partidos no mesmo fin de semana, e máis se te estas xogando algo na túa liga, co cal priorizase e unha das competicions perde valor. Para min a solución é a de xogar ata semifinais ou cuartos a partido único no campo do equipo de menor categoría, co que se evitarían moitos problemas de calendario e para os xogadores os problemas da gasolina e risco de lesións que trae a sobrecarga de partidos. QPC - Eres un fixo nas galas QPC, que xa ten data no 22 de xuño en Santa Comba. Estarás novamente este ano? Foi un pracer e síntome moi agradecido que a xente da Costa me outorgase eses recoñecementos. Durante 3 anos consecutivos,para min fui un orgullo.Pero penso que hai MOITOS E MOI BOS xogadores na Costa que merecen ese recoñecemento, tanto no meu posto como en outros postos, e que a xente sepa recoñecer e valorar a eses xogadores falará da boa saúde do fútbol costeiro. Dende o punto persoal intentamos poñer sempre o noso graniño de área e agradecer tamén a QPC e a xente que traballa e colabora ca Gala o impulso que esta a dar o futbol costeiro con estas iniciativas. Na súa etapa no Xallas de Santa Comba, capitaneando ó equipo nunha semifinal de Copa QPC - Que balance fas da tempada que está a punto de rematar? Boa pregunta. Se houbese que poñer unha nota, poñería quizais un 7. Aspirábamos a todo o comenzo de tempada. Cunha boa confeccion da plantilla por parte da directiva do Soneira, para min, tanto en número como en calidade. Pero os resultados sobre todo cos equipos da zona baixa da táboa foinos apartando do grupo de cabeza. A chegada e a labor de Pedro, mudou a mentalidade do equipo, pasou a ser equipo que por calidade plantou cara e en moitos partidos, dominou ós mellores da categoría pero que pinchaba en sitios no que outros equipos non o facían, co que relegounos a esa metade de tabla, que falando con outros adestradores e aficionados por xogo e calidade non correspondía ca clasificacíon, pero así é o futbol. E na copa, ahí estamos,en semifinais con 1-0 en contra e ca posibilidade de entrar nunha final, co cal boa parte de ser un gran ano ou un ano mediocre van a pasar polo partido deste domingo no Municipal. QPC - Terémos a calidade de Rubén Forján moitos anos máis na Costa? Pois ata o de agora non está nada decidido pero seguramente sexa a miña última tempada na Costa. Estou inmerso nun bonito proxecto no que o fútbol base quere ser protagonista e no que me vai a restar tempo e esforzos, co cal sexa esta a última tempada que xogue por aquí. Quero aproveitar para dar as grazas ós equipos que confiaron en min e nos que recibín un trato inmellorable, sobre todo no Sporting Zas e no Soneira, que se portaron e portan como auténticos cabaleiros. E sen esquecer ós compañeiros e adestradores dos que levarei recordos para sempre. MOITAS GRAZAS A TODOS.

Comentarios