Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba acollerá a V Gala do Fútbol da Costa - QPC

Santa Comba acollerá a V Gala do Fútbol da Costa - QPC
Cartel Gala Futbol da Costa QPC 2018 Xa temos data para a gran cita anual do Fútbol da Costa. Esa fermosa xuntanza que facemos todos os anos que nos serve para vertebrar a Costa da Morte a través do noso deporte. Esa cita na que todo o fútbol costeiro entrega os premios aos mellores de cada curso. A V Gala do Fútbol da Costa - QPC celebrarase o vindeiro venres 22 de xuño no Edificio de Servizos Múltiples de Santa Comba. Coa colaboración do Concello xalleiro e da Real Federación Galega de Fútbol, o equipo de Quepasanacosta quere demostrar que o noso fútbol trascende o mero deporte e é un axente transformador social. Estará dirixida, como non podía ser doutro xeito, polo gran Fran Hermida, a eterna Voz do Fútbol da Costa, agora tamén do Deportivo na Cadena Ser. Este ano contaremos ademais con Marcos Pereiro para sacarnos unhas risas entre os case 30 premios que imos entregar.

Votacións

Coma sempre, boa parte dos premios serán escollidos polos propios protagonistas. Adestradores, xogadores, delegados, xornalistas… farán as súas votacións para escoller aos mellores da temporada 17/18. Iremos traendo ao longo destas semanas as novidades deste ano, que son varias e interesantes. Como sempre, iso si, manteremos as homenaxes a Abdoulaye, cun dos premios de fútbol base, e a Pombo, con ese premio zamora.

Patrocinadores

Non podemos esquecer, un ano máis, a todas as casas que fan posible estas Galas. Comezando por Calvo, patrocinador do 11 de ideal, e continuando por Bar Bristol de Carballo (Mellor Directiva), A Revista Fútbol Táctico (Mellor Adestrador), Albañilería Esteban Blanco de Castriz (Mellor Xogador), O Semáforo de Fisterra (Mellor Equipo), Aluminios Dumbrías (Mellor Equipo Feminino), Saunier Duval (Mellor Árbitro e Mellor Delegado), Clínica O Burgo Carballo (Acción Máis Deportiva), Autocares J. Pombo (Mellor Equipo de Fútbol Base), Seguros Reale-Roberto Mouro (Pichichi de Pref. e 1ª), Representacións Juan Silva (Pichichi da 2ª); DaFIT Adestramento Persoal (Pichichi de 3ª); Comercial Agrícola Miky (Porteiro menos batido de 2ª), e Vitureira Bouzas (porteiro menos batido da 3ª). Ademais Escuela de Porteiro Nordés entregará uns guantes para os zamoras. Non esquecemos tampouco aos Estación de Servizo Bazarra e Restaurante D’Álvaro que están todo o ano colaborando co Fútbol da Costa.  

As Galas do Fútbol da Costa

https://quepasanacosta.gal/a-emocion-protagonista-da-gala-do-futbol-da-costa-qpc/

Fonte

Comentarios