Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba e Malpica, centros do fútbol base durante Semana Santa

Santa Comba e Malpica, centros do fútbol base durante Semana Santa

A Semana Santa servirá este ano, maiormente, para disputar a xornada aprazada no seu día polo temporal Félix. Pero vai servir para moito máis en clave de fútbol base, xa que Santa Comba e Malpica acollen sendos torneos de fútbol base para Semana Santa.

Vidú en Malpica

Cartel IV Torneo de Futbol Base Concello de Malpica 2018

Tralo éxito do Torneo Vidú do Pinguel, que serviu para ver a primeira vitoria da Selección da Costa sub15, a Asociación Deportiva Vidú segue sen parada, artellando iniciativas para que o fútbol base siga medrando. Os David Castro e Martín Varela continúan en acción e xa teñen listo o Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica, que cumprirá a súa cuarta edición.

A cita disputaranse no campo de Xaviña (Buño) e participarán ao redor duns 480 nenos e nenas de 32 equipos de 17 clubes diferentes. A actividade futbolística dará comezo en Xaviña ás 10.00 da maña do Xoves Santo, día 29 de marzo, momento no que arrancarán as fases de grupo das categorías prebenxamín e benxamín, mentres que a partir das 17.00h, disputaranse as semifinais, as finais de consolación e as respectivas finais.

Mentres tanto, o Venres Santo, día 30 de marzo, serán os alevíns e os infantís quenes saltarán ao terreo de xogo de Xaviña para disputar a cuarta edición do torneo malpicán e farano ao igual que os máis pequenos, polo que darán o pistoletazo de saída á fase de grupos a partir das 10 da mañá e a partir das 17.00h, disputarán a fase final.

Dende a organización do evento seguen apostando polo fútbol feminino e proba dilo, son os tres equipos (benxamín, alevín e infantil) completamente formados por nenas que o Victoria CF desprazará ata Buño para disputar este torneo.

XallasCup en Santa Comba

Torneo Xallas Cup Semana Santa 2018

O Xallas organiza a Xallas Cup durante o 31 de marzo e o 1 de abril. Un torneo no que particiàrá 10 equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios