Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Selección sub12 vence á Esteirana e xa pensa no Campionato Galego

A Selección sub12 vence á Esteirana e xa pensa no Campionato Galego
Imaxe da Seleccion Sub12 no Cunchido en decembro Imaxe da Selección Sub12 no Cunchido en decembro Parece estar mellor preparada a Selección Sub12 que hai un par de meses. Este pasado xoves, no último choque de preparación para a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, conseguía unha vitoria ante a Esteirana. Os de Barca e Skío fixeron un bo partido, e conseguían adiantarse cos tantos de Pablo Costa (Dumbría) e de Simón (xogador precisamente do cadro esteirán) recurtando no treito final a local Laura. Agora, trala mala (deportivamente) primeira fase celebraba no Cunchido na ponte de decembro, a Amarela viaxará á localidade lucense de Sarria o sábado 26 de xaneiro, onde se atopará con dúas selecciáns comarcais moi fortes como son Santiago e Vigo, "pero esperamos competirlle ben", sinala un optimista Barca. Un adestrador que tamén valora que dos 5 adestramento programados para a primeira fase do campionato tiveron que suspender dous polos temporais, e que agora xa levan 5 sesións de preparación, incluídos tres amistosos cos infantís de Dumbría, Cabana e finalmente Esteiro. Aínda lles queda un último adestramento xa cos 14 xogadores que participarán en Sarria, "para preparar aspectos tácticos e as accións a balón parado, polo que si creo que o equipo está máis preparado que na primeira fase", sinala. E os adestradores xa presentaron convocatoria definitiva tanto para o choque de Sarria como para o adestramento do dia 23 en baio:
 
Xogador
1
FERNÁNDEZ OANES, DYLAN
2
BLANCO FARIÑA, JAVIER
CERQUEDA
3
SOUTO AREOSA, LUCAS
4
CAMPOS PRIETO, SERGIO
5
DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL
6
CASTRO GARCIA, DANIEL
7
TRINIDAD LEO, CARLOS
8
COSTA CARABEL, PABLO
9
MUIÑO FARIÑA, ALEJANDRO
10
REY CASAL, SIMON
11
FONTENLA LEMA, BRAIS
12
LEMA LÓPEZ, JAVIER
13
GARCIA VELO, IKER
14
CASTRO ALDAO, IVÁN
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-amarela-sub12-disputou-no-cunchido-un-novo-campionato/ https://quepasanacosta.gal/a-sub12-venceu-ao-dumbria-e-a-sub15-probase-no-triangular-sub/ https://quepasanacosta.gal/a-amarela-sub12-disputou-no-cunchido-un-novo-campionato/

Comentarios