Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Un sorteo de Copa, en clave de Champions, con grandes como Manín, Manolín, Doro e Marta Calvo

Manín, Manolín e Doro e Marta Calvo serán os grandes protagonistas do sorteo de LVI Copa da Costa 2019. Un sorteo no que a subdelegación da Costa está poñendo todo o empeño, coa intención de darlle un toque de espectáculo digno desta senlleira competición, envexada ao longo do país. Un sorteo que pasa por ser a cita á que non falla un só club da Costa, e que este 2019 vai ser máis especial que nunca.

Doro, Manín, Marta Calvo e Manolín estarán no sorteo da Copa da Costa 2019
Doro, Manín, Marta Calvo e Manolín estarán no sorteo da Copa da Costa 2019
Un sorteo de Copa, en clave de Champions, con grandes como Manín, Manolín, Doro e Marta Calvo

A cita será este sábado 23 de febreiro, ás 12:30h no Castelo de Vimianzo. Un espazo “emblemático”, como sinala Rafael Louzán, para alberga un momento especial. As portas do Castelo ábrense non só para os directivos, habituais destas citas, se non que todos os afeccionados do Fútbol costeiro están invitados a vivir este formato especial.

”É o primeiro que facemos en Galicia desta maneira”, explícanos o presidente da RFGF Rafael Louzán. “O modelo nace este ano, e aproveitaremos para facer un recoñecemento especial a un grupo reducido de persoas”, avanza.

En canto á competición, xa saben que será unha Copa a partido único ata Cuartos, intentando facer aínda máis viva e fermosa a competición.

Veremos como vai o tema das bolas quentes, porque mans inocentes vai haber poucas.

Marta Calvo, a única xogadora con ficha costeira na Selección Galega

Será a xogadora da Serra unha das poucas mans inocentes que haberá no sorteo. Marta xa ten un nome na historia do Fútbol da Costa despois de que pasado mes de decembro debutara coa Selección Galega sub17, sendo así a primeira xogadora con licenza dun club do Fútbol da Costa, en vestir a camisola da franxa.

Manolín, Manín e Doro, historia viva da Copa da Costa

As outas mans menos inocentes, serán as de Manolín, Manín e Doro, tres mitos do Fútbol Costeiro.

Pouco máis se pode dicir dun Manolín conta un palmarés tremendo, incluíndo dúas Copas da Costa, as dos 64 e 65 vestindo a camisola do seu Cee; e outras 7 como adestrador (5 co Cee, e unha co Fisterra e outra co Corcubión).

Pola súa parte Doro é o xogador con máis triunfos na competición. Xogou 7 finais e gañou as 7 (03-04 co At. Mineiro; 12-13 e 14-15 co XSC; 11-12 co Santa Comba; 13-14 co Dumbría; e 15-16 e 17-18 co Xallas) marcando 4 goles nas finais.

Manín “só” ten 5 trofeos, pero aínda (veremos se Doro se mete este ano na finalísima) é o xogador que máis finais de Copa da Costa, pois disputou, nada menos que 8 (gañou as do 74 co Noia, 79 co Fisterra, 83 co Baio, e 88 e 89 co Corcubión; e perdei a do 80 xogando no Corcubión, a do 84 co Baio e a do 85 co Cabana. Marcou, que lembre, 5 goles nesas finais, pero sendo a doble partido seguro que ten marcados máis goles.

Copa da Costa Feminina

A cita servirá tamén para presentar a I Copa da Costa Feminina.

Copa da Costa Feminina

Palmarés da #CopadaCosta

Palmares da Cospa da Costa a 2018

Toda a información da Copa da Costa

Máis novas

Comentarios