Sábado. 24.08.2019
El tiempo

O Volantes de Baño asalta o campo da Barrosa e achégase á Primeira Galicia

O Volantes de Baño superou ao Villestro para achegarse á Primeira Galicia. Foto: SD Villestro.
O Volantes de Baño superou ao Villestro para achegarse á Primeira Galicia. Foto: SD Villestro.
O Volantes de Baño asalta o campo da Barrosa e achégase á Primeira Galicia

O Volantes de Baño superou ao Villestro a domicilio e segue coa súa traxectoria impecable na fase de ascenso, o cal lle permite continuar con paso firme cara o seu obxectivo.

SD Villestro 2 – 4 Volantes de Baño FC

Volantes de Baño FC: Marcos, Juan do Sivil, Thiago (Iván m.64), Pardelo (Raúl m.85), Santi (Mou m.90), Pesco, Rachón, Jano, Cacho, Pri (Rapante m.87).

Goles: 0-1 m.2: Pesco; 0-2 m.6: Pri; 1-2 m.12: Rubén; 1-3 m.35: Thiago; 2-3 m.43: Alejandro Baña; 2-4 m.58: Pri.

O Volantes de Baño saíu a por todas ao campo da Barrosa e un comezo de partido fulgurante fixo que os homes de Sil lograsen unha importante vantaxe aos seus minutos despois de que Pesco e Pri visen portería para poñer o 0-2 no luminoso.

Logo destes dous tantos iniciais, os locais reaccionarían e comezarían a inquedar aos costeiros con accións por banda que lle permitiron recortar distancias cun gol de Rubén.

Coa primeira metade tocando ao seu fin, Thiago volvería a poñer terra de por medio co 1-3 pero ao fío do descanso, Alejandro Baña metería de cheo aos locais no encontro.

No descanso, o Volantes de Baño reorganizouse e logrou non pasar apuros ante un Villestro que vería como Álex Pri nunha contra facía o definitivo 2-4 que lle dá tres puntos importantísimos a uns costeiros que se achegan á Primeira Galicia.

Comentarios