Venres. 19.04.2024
El tiempo

Volve o Fútbol a Laracha co triangular municipal entre Laracha, Paiosaco e Club do Mar

trofeo concello da laracha
Volve o Fútbol a Laracha co triangular municipal entre Laracha, Paiosaco e Club do Mar

O sábado 4 de setembro disputarase unha nova edición do trofeo de fútbol “Concello da Laracha”, unha cita tradicional do verán no termo municipal e da pretemporada para os clubs federados que regresa despois de que non puidese celebrarse o ano pasado.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o torneo terá un formato triangular e contará coa participación dos equipos sénior dos tres clubs de fútbol federados que existen no Concello: Laracha C.F., U.D. Paiosaco e Club do Mar de Caión.

Os partidos, de 45 minutos, serán co seguinte horario:

  • 18:00 h: Club do Mar de Caión – Laracha C.F.
  • 19:00 h: U.D. Paiosaco – Club do Mar de Caión
  • 20:00 h: Laracha C.F. – U.D. Paiosaco

A entrada para o público será gratuíta, pero requiríndose aos asistentes achegar os seus datos persoais cubrindo o formulario que estará dispoñible desde mañá na web municipal (www.alaracha.gal), así como usar a máscara facial durante a súa presenza no Campo Municipal da Laracha.

Comentarios