Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xallas CF - SD Sofán: xa temos final copeira

Xallas CF - SD Sofán: xa temos final copeira
SONEIRA S.D. 1 - S.D. SOFÁN 1 SONEIRA: Anxo, Darío (Basti 71´), Forján, Jota, Aarón, De la Sierra, Sandelo, Alex Figueiras (Chapela 60´)(Brais 79´), Nazo, Pichi e Chinda (Fran 64´) SOFÁN: Rumbo, Iván Rey, Pablo, Félix, Rubén (Sera 88´), Canedo, Eibe (Jonathan 76´), Fabián, Luis, Alexandre (Matías 81´) e Raúl (Quintela 55´) GOLES: 1-0 5´Alex Figueiras   1-1 46´Eibe Foi quizais a eliminatoria máis bonita da edición deste ano da Copa. Tanto no partido de ida como o de volta, con dous campos cheos de xente, bo fútbol a nivel táctico e individual, emoción, polémica e igualdade. Onte en Vimianzo, con máis de 450 persoas observando, o desenlace puido caer para calquera dos dous lados. Pero se no Carral vimos un Soneira que impuxo o seu fútbol e foi superior, onte foi o Sofán o que dominou o encontro. Os de Cancela presionaron moi arriba, incomodaron ós de Pedro Gómez, que non puideron facer o seu xogo habitual. Aínda así adiantáronse pronto os locais nun remate de Alex Figueiras. Respondeu Eibe cun disparo dende o centro do campo que sacou Anxo con dificultades. Raúl de vaselina buscou a igualada, e un disparo frouxo de Luis escapóuselle a Anxo levando a incertidumbre ás gradas. Un disparo cruzado de Nazo antes do descanso foi a mellor ocasión do Soneira. Moita igualdade no primeiro tempo. E nada máis sair dos vestiarios unha internada de Iván Rey por banda dereita con centro raso levouna Eibe ó fondo das mallas. Reaccionou o Soneira e tivo unha clara ocasión nun remate de Pichi de cabeza que saíu rozando o pao da meta de Rumbo. O Sofán endureceu a súa actitude defensiva e o encontro trabouse nos intres finais, debido tamén ó cansancio acumulado por ambos equipos. Unha boa internada de Alexandre non a rematou Fabián en boca de gol por pouco. A falta de cinco minutos tivo o Soneira a oportunidade de meterse no partido. Penalti de Rubén a Pichi que lanza Aarón, pero o balón rexeitao o longueiro. No tempo de desconto foi anulado un gol a Quintela. S.D. ESTEIRANA 1 - XALLAS F.C. 6 ESTEIRANA: Roberto (Alex 59´), Codesido, Tobío, Dani Rama (Eloy 76´), David, Jaime (Xián 68´), Josiño Alves, Josiño Barreiro (Campos 61´), Adrián, Rober Pladur, Pablo Rama (Simón 31´) XALLAS: Julián Couto, Raúl Añón, Alex Canedo (Cristian 64´), Dani Becerra, Pablo Vigo, Doro (Abel 53´), Julián López, Oliver, Marcos (Peke 76´), Camilo (Kevin 72´) e Alex Blanco GOLES: 0-1 10´Doro   0-2 12´Doro   0-3 23´Camilo   1-3 33´Rober Pladur   1-4 77´Julián López   1-5 83´Peke   1-6 88´Kevin O Xallas unha vez máis está na final copeira Non tivo historia a volta copeira no Xosé Luis Vara. O Xallas impuxo pronto o seu dominio e á media hora xa sentenciara o pase á final. Dous centros de Camilo e Marcos permitiron ó eterno Doro poñer en clara vantaxe ó Xallas antes do cuarto de hora. Un disparo de Camilo dende a frontal da area foi o terceiro, e antes do descanso reduciría distancias Rober Pladur. No segundo tempo a Esteirana doulle oportunidade de disfrutar da Copa da Costa a homes menos habituais e o Xallas non tivo piedade nos intres finais, anotando tres tantos máis por medio de Julián, Peke e Kevin. Gran tempada da Esteirana que se leva o título de liga e unhas semifinais copeiras, e o Xallas buscará un novo título copeiro o domingo ante o Sofán. A Esteirana fixo unha gran tempada

PROMOCIÓN DE ASCENSO A 1ª GALICIA

C.D. SAN MAMED 1 - MAZARICOS C.F. 0 MAZARICOS: Toni, Manuel, Roberto, Miguel (Martín 90´), Pereiro, Cacho, David, Ricardo, Manuel Luis (Amoedo 74´), Molinos (Barbeira 59´), Estéfano GOL: 1-0 72´Alfonso Maceira Gran ano do Mazaricos sen premio final Perdeu toda posibilidade de ascenso o Mazaricos coa súa derrota no campo do San Mamed onte pola tarde. Un solitario gol de Alfonso Maceira a 18 minutos do final condenou ós de Amoedo, que acusaron en toda a promoción a baixa do seu adestrador - xogador, que onte só saíu ó campo cando o marcador era xa contrario ós intereses dos amarelos. O Mazaricos competiu con dignidade pero non tivo excesiva sorte para levarse os puntos que lle permitirían ter esperanzas ante as dúas últimas xornadas. O San Mamed é claro favorito ó ascenso

Comentarios