Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xallas de Bucarest

Xallas de Bucarest
O cadro combés reinou de novo na Copa da Costa, esta vez cun guión moi semellante ao da final da Copa de Europa de 1986, cando o Steaua derrotara a un Barça que non fóra quen de marcar un só penalti na tanda decisiva Doro levantou a sua 6 Copa da Costa Doro levantou co Xallas a súa 6ª Copa da Costa O Xallas reconquistou a Copa da Costa para desgracia dun Soneira que puxo boa parte dos seus argumentos enriba da mesa e disfrutou de oportunidades para ese tan desexado dobrete. Pola porta grande da historia entrou o capitán combés Doro, que ergueu o seu sexto título. O Paco Gento da bisbarra, ademais, foi chave para ben, aínda que tamén por mala sorte. Pero seguindo os paralelismos coa historia da Copa de Europa, o de Mazaricos foi a versión modesta da final de Sevilla 86, cando un Barcelona dominador e que todos daban case por favorito estrelouse contra o Steaua de Bucarest e o seu porteiro Ducadan. Entón os cataláns marraran os tres penaltis que tiveran na tanda decisiva, todos a mans do xigante rumano. Neste caso Julián só detivo un dos tres, pero foi un coloso insalvable toda a tarde. Acostuma a ser a final da Copa a romaría popular de inicio do verán e peche da tempada. Pero Pino do Val era onte máis parecido a Mordor que á calquera reminiscencia da apertura estival. Iso, o vento que acabou por ser xélido e un terreo de xogo máis seco que a nevera dun Erasmus un venres condicionaron en exceso un devenir dun encontro de distancias moi curtas, de estratexia e rigor táctico por enriba de iniciativa individual. Poderíase facer unha reducción da primeira metade a un sistema de vasos comunicantes, ou de acción reacción, de tal forma que calquera movemento nunha dirección ou outra por parte dun, tiña réplica inmediata no outro. Jesús e Javi eran pivotes sobre os que referenciaban ambos o seu ataque, mentres que a mobilidade de Kevin e Richi o elemento sorpresa para mostrar as costuras defensivas. Julián emerxeu salvador ante Javi en dúas ocasións, e acto seguido Anxo e o pau repelían unha falta e o rexeite da mesma de Doro e Kevin. Richi vía como lle anulaban un tanto por claro fóra de xogo, acto seguido novamente o Xallas caía nun fóra de Xogo con pase de Doro ás costas da defensa. Radicalizouse esa impresión nunha segunda metade na que a sensación de proposta era moito maior nos vimianceses, máis agresivos, contundentes e verticais. O sesenta por cento do xogo era mediocampismo, o vinte dominio vimiancés e o outro vinte tentativas máis ou menos acertadas do Xallas por transicións rápidas e búsqueda das costas dunha defensa que quedara tocada na súa concepción pola temprana lesión de Jota. Un balón ao pau de Javi e dúas mans miragreiras (nambos casos coa puntiña e en rectificado) de Julián mantiveron a nulismo nun marcador que increíblemente tampouco se moveu nun man a man de Doro cando todo Santa Comba erguía os brazos. Levouse as mans á testa, e tamén marchou boa parte dun respetablemente estoico e sufridamente desabrigado, cando a prórroga apareceu. E o fixo como resumo das alturas de curso: dous equipos valientes e honestos na súa proposta, pero destrozados físicamente polas alturas de tempada nas que se pedían dúas horas de encontro. Richi non tivo o seu día na finalización, que si no xogo, e veu como lle negaba o gol a fortuna, por moi clara que fóra a opción. Ao final, nos penaltis, rachou o mito de que o que tira antes mete presión. Julián atallou ante Mayor, Jesús tirou de clase, Richi protagonizou un Sergio Ramos poñendo o balón en órbita, Oscarín resolveu, Javi increiblemente tirou fóra e suave e Rachón decidiu unha final emocionante, fría e extraña entre os dous mellores equipos da Costa (nove dos once representantes do equipo ideal QPC estaban sobre o campo).

Xallas - Soneira (0-0)

Xallas e Soneira en Pedra do Ouro Xallas e Soneira en Pedra do Ouro
  • Campo: Pedra do Ouro. Unhas 1000 persoas.
  • Xallas: Julián, Cristian (Rachón, m.118), Martín Barreiro (Víctor Vecino, m.105), Pablo Novo, Oscarín, Fernando Varela (Camilo, m.50), Canedo, Kevin, Marcos (Anxo, m.70), Doro e Jesús.
  • Soneira: Anxo, Cristian Figueroa, Jota (Alberto, m.33), Aarón Fdez., Brais, De la Sierra (Fran de Urroa, m.100), Sandelo (Mayor, m.80), Richi, Vía Rápida (Nazo, m.70), Javi e Basti.
  • Penaltis (3-0): Mayor falla (para Julián); Jesús marca; Richi falla; Oscarín marca; Javi falla; e Rachón marca.
Final da Copa ambiente copia Bancadas de Pedra de Ouro copia  
  • Iván Cancela: "Foi unha final espectacular de poder a poder, os dous merecíamos esta final e os penaltis caeron do noso lado e estamos moi contentos. Estou máis contento máis aínda por ver a progresión deste equipo, que na primeira volta tiveron só 13 puntos, e logo remontamos poñendo este broche de ouro espectacular á temporada".
  • Manolito: "Estamos jodidos, que podo dicir. Eu creo que fixemos todo o posible para levar o título, tivemos as nosas opcións, nun partido de ti a ti, pero toca felicitar aos xustos campións". 
Fran de Urroa capi do Soneira subcampion da Copa copia Fran de Urroa capi do Soneira, recollendo o título de subcampión da Copa copia Xallas Campion da Copa da Costa Xallas, Campion da Copa da Costa 2016

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios