Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A xornada: Dous títulos, un ascenso e moita tensión electoral

Pasillo do Muros e do Zas ao equivo xuvenil os Miudos
Pasillo do Muros e do Zas ao equivo dos Miúdos, campión da Liga Xuvenil
A xornada: Dous títulos, un ascenso e moita tensión electoral

Nova xornada completa do Fútbol da Costa, cun ollo nas Eleccións Xerais pero con moita atención.

A xornada deixou dous títulos, o xuvenil e o dos Alevíns; e un ascenso, o do Sofán á D.H. de Veteranos.

Da Preferente á Liga da Costa pasando pola Primeira

Na Preferente xornada importante para o Xallas que recupera a senda da vitoria cando máis o necesitaba para evitar os arrastres.

Ata última hora esperamos por ver unha nova vitoria do Fisterra, que se mantén líder, pero botou de menos unha axuda do Soneira que non puido facer nada ante o colíder, o Sigüeiro. Ademais, a Esteirana sumou un puntiño que pode valer pero que se fai escaso coas necesidades da zona baixa.

Na Liga da Costa, o Volantes deu a volta á parte alta, vencendo ao Baíñas e aproveitando a inesperada derrota do Corme na casa ante o Malpica. O cadro muradán parte agora, de cara á última xornada, favorito para meterse na Fase de Ascenso co Mazaricos campión.
Por abaixo, o Montelouro certificou o seu descenso, e o Cee ratificou a súa mala temporada quedando nesa terceira praza por abaixo tras caer ante o Buño, de xeito que a súa permanencia dependerá da da Esteirana.

O Castriz dá un paso para a Liga da Costa

Choque da promocion de ascenso a Liga da Costa na Grixa entre Porteno e Castriz

Disputábase na Grixa a ida da final da Promoción de Ascenso á 2ª, e o Castriz deu un paso de xigante vencendo por 1-2 ao Porteño. O cadro (e o seguimento tamén en directo) en www.copadacosta.com e mañá a crónica en QPC.

Comezou a Copa Cadete

Xa comezou ademais a Copa da Costa cadete que podedes ver en www.copadacosta.com.

Infantís

Importantísima final a que se disputou en categoría infantil este sábado. O Cee recupera o o liderato de infantís ao vencer 0-2 no Conco, ante un Dumbría que tiña o título nas mans. Queda dúas xornadas con aínda moito que contar.

O Outes arrasa en F8

Despois de quedar campión dos grupos regulares, os equipos Alevín e Benxamín do Outes completaron a súa superioridade quedando campións de sendas Fases Finais. Fermosa a finalísima celebrada no Cunchido na categoría Alevín, cun choque directo ante o Dumbría.

Veteranos xa en www.copadacosta.com

O Sofán é novo equipo da División de Honra tras vencer ao Corme no Cairo na final da Fase de Ascenso por 1-2.

Ademais, a ida da fase previa da Copa da Costa de Veteranosxa está botada e este martes haberá sorteo a partir de Oitavos.

Sofan de Veteranos

Novas relacionadas

Comentarios