Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: 4 groseras goleadas, un detalle de deportividade e un empate do líder

Javi Bermudez do Corme Xuvenil ante o Outes-Foto-Fin lema
Javi Bermúdez do Corme, ante o Outes-Foto-Fin lema
Xuvenís: 4 groseras goleadas, un detalle de deportividade e un empate do líder

4 groseras goleadas demostran a diferencia entre uns e outros equipos na competición xuvenil. Porén a nota máis destacada foi o empate do líder, un Outes aínda invicto, que se deixou os primeiros dous puntos no Cairo.

Por detrás están preto Soneira (que descansaba), Cabana (que vencía ao Zas), Seaia (cheo de xogadores de primeiro ano e sen presión ningunha venceu á Esteirana no mellor partido da xornada) e Sofán (que goleou ao Coristanco).

O detalle da xornada, protagonizado polo Xallas, que retirou dous xogadores cando o rival, o Malpica, quedou con 9 sobre o campo.

Sofán - Coristanco (9-1)

  • Sofán: : Brais, Adrián, Lucas, Mateo (Alex V., m.46), Esteban, Cristian Lema, Diego, Aarón (Alex P., m.46), Nachete (Jose, m.46), Rial (Borja, m.46) e Raúl (Cristian Novi, m.46).
  • Coristanco: Diego, Canto, Chepas, Álvarez, Miguel, Alvarellos, Cives, Souto, Antonio, Nogareda e Casás.
  • Goles: Aarón (de penalti), Raúl, Nachete, Jonathan Rial (2), Borja (3), Diego para os locais. Nogareda para o Coristanco.

Partido de clara cor vermella, que xa se decantaba dende o minuto dous. O Coristanco conseguía meterse no partido, aínda co 2-1aos 20 minutos, pero antes do descanso os sofanistas sentenciaban o choque.

 

Esteirana - Seaia (1-2)

  • Esteirana: Tajes, priegue, Antón, Manel, Carlos de Nely, Teijo, Juan, Núñez, Alex, Álvaro e Iván. Tamén xogaron: Óscar, Rubio, Javi, Rodri e Koke.
  • Seaia: Mario, Anxo, Adrián, Samuel, Joel, Mario, Cristian, Luis, Fabián, Raúl e Javi. Tamén: Pereira, Pablo e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.15: Joel; 1-1, m.20: Teijo; 1-2, m.35: Luís.

Julian Bujan no Esteirana Seaia xuvenil

Partido moi igualado como todos os que leva o cadro esteirán ata o momento. Empezaba o Seaia facndo dano polas bandas, cun cadro local que tamén chegaba á contra. Pronto se adiantaban os de Esmorís, pero sen tempo a disfrutar Teijo facía o empate tras combinar con Álvaro. Antes do descanso poñerianse por diante tras unha serie de rebotes que aproveitou Luis para poñer aos seus por diante no marcador. Antes do descanso a Esteirana puido empatar.

Na segunda parte, ca entrada de Rubio, os locais gañaroin en ataque e tiveron ocasions para empatar pero os dianteiros non estiveron acertados. Tamén o cadro malpicán puido ter sentenciado, mesmo cun penalti que marraba Raúl.

 Esteirana-Seaia xuvenilEsteirana-Seaia Xuvenil 2

Cabana - Zas (2-0)

  • Cabana: Roberto (Manuel), Sergio, Queiro, David, Dani (Adrián), Samuel, Javi (Íker), Castro (Juan), Raúl, Simón (Brais) e Rubén.
  • Zas: Adrián, Damián, Xabi, Pablo, García, Marcos, Brais, Eloy, Martín, Darío e Anibal. Tamén xogaron: Roberto, Fraga, Roi, Gabri e Manu Pose.
  • Goles: 1-0, m.22: Raúl a ase de Simón; 2-0, m.70: Adrián aproveita un rexeite.

Partido con dominio local e unha boa presión do Cabana, ante un Zas que intentaba saír á contra pero sen apenas perigo. O Cabana empurraba pero non era quen de abrir a lata, ata que mediada a primeira metade Simón inventaría un pase milimetrico entre liñas e Raúl no man a man o Cabana non perdonou.
Intentouno o Zas con 2 disparos dende fóra da área con Aníbal e Darío pero Roberto sacou unhas mans incríbles e demostrou por que é un dos mellores porteiros da categoría.

A 20 minutos para o final Adrián para un man a man a bocaxarro pero o rexeite foi recollido por Adrián para facer o segundo. Xusto vencedor o Cabana que estivo un pasiño por riba todo o partido  

 

Cee - Os Miúdos (6-0)

  • Cee: Xacobe, Fran, Rodri, Iago Trillo, Brais, Pablo, Alex Castro, Iago Muíño, Adrián, Íker e Nico. Tamén: Oreiro, Martín, Elihu, Leo e Adri Lago.
  • Os MIúdos; Alberto, Fran, Javi, Diego, Quin; Ángel, Javi; Jesús, Isma, Lucas, AIón. Tamén: Santi, Vala, Yago, Raúl e Pablo.
  • Goles: Íker (5) e Adrián Vilar.

Partido para esquecer do cadro de Mané Senande ante un Cee que é outro dende hai 3 xornadas, nas que suma 3 vitorias tras comezar con 5 derrotas seguidas.

Aos 5 minutos xa levaba dous tantos Íker, que acabou con 5, e 11 en total, aproveitando a desmotivación de inicio dos muradáns. Ademais os Miúdos perden por lesión ao central Fran, que tivo que saúr en ambulancia do campo ceense por unha rotura de peroné. As chicas das Miúdas mandábanlle unha aperta no partido do domingo, tamén en Cee.

 

Malpica - Xallas (0-7)

  • Malpica: Eric, David, Cristian, Bello, Alejandro, Edu, Iván, Amarelle, Orgueira, Costin, Alejandro G.
  • Xallas: Fabián, Iván, Amarelle, Piedrafita, Nando, Rubén, Brais García, Brais Espasandín, Facal, Víctor e Brais Calo. Tamén: Iván, Mourelle, Dani Antelo, Barbeira e Kevin.
  • Goles: Facal, Rubén, Piedrafita (3), Nando (2).

Presentouse o Malpica con 12 xogadores na Pedra Queimada por mor das baixas, nun partido tranquilo e sen sobresaltos. O máis destacado do partido foi a decisión do Xallas de retirar dous xogadores do campo cando o cadro malpicán quedaba con 9 por varias lesións. O partido estaba decantado practicamente dende o primeiro minuto, cando xa marcou o cadro local, para ir 3-0 ao descanso.

 

Corme - Outes (2-2)

  • Corme: Adrián, Antonio, Martín, Rubén, Mauro, Manu Cancela, Hugo, Luís, Javi Bermúdez, Alex Mato e Noel. Tamén: Miguel, Gabril, Xoel, Manu Garrido e Yago.
  • Outes: Ángel, Rubén, Nico, Perol, Xavi, Jandro, Iván Capelo, Sanchiño, Fabio (Stefan, m.55), Roberto, Kevin (Siso, m.71).
  • Goles: 0-1, m.36; Kevin; 0-2, m.38: Jandro; 1-2, m.63: Miguel; 2-2, m.72: Hugo.

Manu Trillo cos capis do Corme e Outes xuvenil copia
Manu Trillo cos capis do Corme e Outes xuvenil -Foto-Fin Lema

Gran partido o disputado no Cairo, moi igualado entre o líder e un Corme capaz do mellor e do peor. A primeira metade houbo chegadas nas dúas áreas, pero máis acertados estiveron os da Serra, que si aproveitaron os erros da defensa rival para colocarse con dous tantos antes do descanso, e viron como o colexiado lles anulaba un tanto por posible fóra de xogo.

Arrincou o cadro de Ángel Pérez na segunda, pero era o cadro visitante o que mandaba un balón ao pau. O balón era dos locais e Miguel e Hugo conseguir acadar o empate. A raíz do gol o Outes recuperou o mando pero a mellor ocasión para decantar o partido era para o cormelán Alex pero o seu disparou saíu ás rentes do pau.

Ao final, reparto xusto de puntos.

 Corme e Outes Xuvenil no Cairo-Foto-Fin LemaFoto- Fin Lema

Camariñas - Ponteceso (0-8)

  • Goles: Félix (2), Carlos, Pablo (2), Martin e Vïctor.

Ponteceso e Camarinas xuvenis

Pouco que contar do choque no que o tocado Camariñas chegou con 11 xustos.

 

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Crónicas dos Xuvenís

Comentarios