Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: A primeira volta remata con 7 equipos en 4 puntos

Xuvenís: A primeira volta remata con 7 equipos en 4 puntos

Isaac Fabregas tamen marcou en Fontenla-Foto-Nuria Mato O fisterrán Isaac Fábregas tamén marcou este sábado en Fontenla-Foto-Nuria Mato Parecía hai pouco máis dun mes que o Corme tiña sentenciada media Liga, pero as últimas 4 xornadas da primeira volta da Liga Unificada Xuvenil veñen de deixarnos unha segunda volta absolutamente espectacular. Tras 15 partidos xogados (17 xornadas), 7 equipos móvense nun abano de só 4 puntos, o que deixa todo absolutamente aberto. Nesta última xornada o Cabana aproveitaba para dar un puñetazo na mesa, e alcanzar ao Corme e superar ao Sofán (ambos descansaban) tras vencer a outro candidato, a Esteirana. No outro choque directo dos de arriba, o Soneira vencía aos Miúdos e únese ao lío, impendido que o cadro muradán puidese achegarse ao coliderato. A xornada quedou marcada tamén pola incomparecencia do Laxe no seu partido en Verdillo. Os laxeiros, sempre curtos de efectivos pediron cambio de hora porque tiñan unha misa polo pasamento dun familiar, pero o cadro carballés non accedeu, pois os xogadores non podían en toda a fin de semana. O Laxe presentou alegacións explicando os motivos polo que haberá que esperar ao que determine o Comité.

Máximos goleadores da primeira volta

Ruben Pichichi dos Miudos nunha foto da 2016-17 Rubén, Pichichi dos Miudos nunha foto da 2016-17 Tresmendas as cifras goleadoras dos pichichis deste curso. O fisterrán Isaac Fábregas leva 36 goles, máis de 2,5 goles por partido, unha cifra moi parecida á do muradán Rubén.

Xogador Equipo Partidos Goles Promedio
FABREGAS TRILLO, ISAAC S.D. FISTERRA 14 36 2,5714
LAGO FORMOSO, RUBEN E.D. OS MIUDOS 13 30 (2 de penalti) 2,3077
MOREIRA ROMERO, FRAN SONEIRA S.D. 16 29 (2 de penalti) 1,8125
ROMERO SUAREZ, MANUEL CABANA S.D. 14 25 (1 de penalti) 1,7857
SESTAYO SABORIDO, JOSE M E.D. OS MIUDOS 15 19 (2 de penalti) 1,2667
LESTON TOREA CARLOS S.D. ESTEIRANA 16 19 1,1875
REIGIA MARTINEZ, RUBEN CABANA S.D. 15 18 1,2000

 

Esteirana - Cabana (2-4)

Esteirana xuvenil

  • Esteirana: Curriño, David (Rodri), Kevin, Chaki (Priegue), Fari, Alex de Dina, Xian, Benji (Rubio), Juan, Robi (Toni) e Carajillo.
  • Cabana: Roberto, Veloso, López, David, Dani, Samuel, Nando, Castro, Simón, Manuel, Rubén, Pablo, Sergio.
  • Goles: 0-1, m.2: Rubén; 0-2, m.47: Rubén; 0-3, m.55: Rubén; 1-3, m.65: Rubio; 2-3, m.75: Tony; 2-4, m.92; Rubén.

Esteirana-Cabana xuvenil-Foto-Cabana Esteirana-Cabana-Foto-Cabana Partido intenso, un dos choques directos da xornada, ao que o cadro cabanés acodía algo temeroso trala festa de Seaia, pero no que os rapaces de Fernando e Pablo responderon. De feito, foron moi contundentes e efectivos, e saíron algo mellor, facendo unha boa primeira metade, sobre todo en defensa, e adiantándose por medio de Rubén Riegía, ao final, o protagonosta do partido, tras marcar os 4 tantos do cadro cabanés. Nada máis comezar a segunda marcaba de novo Rubén, que de novo ampliaba a renda tras sendos pases de Simón, Manuel e Castro. Con aínda media hora por diante a a Esteirana foise arriba e se meteu no partido con dous tantos de Rubio e Tony, deixando aínda un cuarto de hora. Coas pernas cansadas e algo de nerviosos, o Cabana estaba metido na súa área. E cando estaban a piques de empatar xa que estabamos achuchando na sua área con todo o equipo volcado en campo contrario unha contra de novo da man da velocidade de Rubén sentenciou o partido.

 

Ponteceso - Outes (1-7)

  • Ponteceso: Isaac, íker (Adrián Lema), Diego Álvarez, Raúl, Carlos, Borja (Diego Pereira), Jose (Roberto), David (Lukas), Pablo, Manuel, Rubén (Pop).

  • Outes: Siro, Canoa, Cristian (Martín, m.63), Cartucho, Stefan (Ivo, m.65), Fran Lago, Mangelo (Joel, m.45), Josiño (Rubén, m.45), Ramón, Fran Lires (Ryan, m.63) e Alexis.
  • Goles: 0-1 Josiño; 0-2 Cristian; 0-3 Ramón; 0-4 Ramón; 0-5 Ramón; 1-5: Diego Pereira; 1-6 Alexis; 1-7 Ryan.

Partido estrano no Pinguel, que comezaba cunha media hora de absoluta igualdade, mesmo co Ponteceso máis dominador. Pero o gol de Josiño á media hora provocou o baixón absoluto dos locais, e a partir de aí os da Serra xogaron moi cómodos, ante un Ponteceso que a pesar do resultado sempre intentou xogar un futbol combinativo. Os últimos 15 minutos os locais xogaron con 2 homes menos polas expulsión de Roberto e Raúl.  

Camariñas - Baio (2-0)

  • Camarilas: Sergio, Hugo Carril, Anxo, Manuel, Cibran, Eric, Cristián, Luis, Nando, Hugo Gómez e Mario. Tamen xogaron: Dylan e Brais.
  • Baio: Cedrón, Queiro, Manu Leal, Ariel, Raúl, Íñigo, Manu Pose, Samu, Adrián Villar, Dani Torrado e Eze.
  • Goles: 1-0, m.26: Mario; 2-0, m.75: Mario.

Chegaba o equipode Brais a Camariñas con 11 xustos por mor de moitas e importantes baixas (Carlos, Mohedano, Yago, Martín, Tinciño, Miguel…) e non puideron plantar cara a un bo Camariñas de Faus. O choque estivo dominado polo cadro local, e despois de varias chegadas Mario rompía a igualada. Na segunda, aínda que o partido se xogaba en campo baiés, algunha chegada si que tiveron os visitantes, se ben foi de novo Mario o único que conseguía subir goles ao marcador.  

Soneira - Os Miúdos (4-2)

  • Soneira: Chris, Dami, Chasko, Ángel, Rauliño, Pablo, Alex, Nico , Brais (Santi min.82), Cris Canosa (Chimi min.71), Fran.
  • Os Miúdos: Balayo, Pipo, Fran, Dani, Ángel, Abel, Gesto, Jose, Jesús, Alon e Antón.
  • Goles: 1-0, m.2: Fran; 2-0, m.8: Fran de penalti; 2-1, m.38: Jose de penalti; 3-1, m.46: Cris Canosa; 4-1, m.53; Cris Canosa; 4-2, m.93: Jose de penalti.

Outro dos enfrontamentos directos entre os 7 de arriba, ao que Os Miúdos acodían sen o seu pichichi Rubén por unha forte infección de garganta, e vaia que o notaron pois só puideron marcar dende os 11 metros. Ademais, os muradáns non estiveron cómodos e estiveron moi erráticos en defensa, pero nunca tiraron a toalla. En fronte, un Soneira que a pesar tamén dos poucos efectivos, si que fixo un gran partido. Pronto se adiantaban cos tantos do seu pichichi, Fran Moreira. Os primeiros 25 minutos de partido serían de total dominio soneirán cun xogo vistoso e rápido que puido setenciar Fran tras un centro lateral que remata o pau na área pequena e Pablo cun cabezazo a saída dun córner. A partir de aí Os Miúdos sacudiríanse a presión pero o aparecería a figura do gardameta Chris para salvar os seus primeiro nun man a man e despois nun barullo na área, pero recurtarían distancias dende o punto de penalti. Na segunda parte o Soneira sairía moi enchifado e en 6 minutos setenciaría o partido con dous golazos de Cris Canosa tras dúas moi boas transicións rápidas do Soneira, a partir de ahí os Miúdos intentaríano con máis cabeza que corazón pero o Soneira encontrabase cómodo no terreo de xogo. Seríaselle anulado un gol en fora de xogo mui dubidoso Os Miúdos e Chris volvería a facer un boa intervención e o Soneira puido matar o partido cun desnortado Os Miúdos. E xusto antes do pitido final Os Miúdos maquillarían o resultado novamente desde o punto de penalti. Soneira xuvenil tras vencer aos Miudos copia O Soneira xuvenil tras vencer aos Miudos nun dos choques directos da xornada  

Zas - Cee (5-2)

  • Zas: Pereiras; Rojo, Xabi, Juan, Mateo; Madelin (Roi), Darío, Pablo, Fariña; Raul e Unai.
  • Cee: Xacobe, Antonio (Suso), Merexo, Fran, Sergio, Brais, Yago (Chila), Alfredo, Nico (Damián), Isaac, Xulián.
  • Goles: 0-1: Xulián; 1-1: Unai, de penalti; 1-2: Isaac; 2-2: Roi; 3-2: Pablo; 4-2: Roi; 5-2: Rojo.

Partido máis igualado do que indica o resultado final. O Cee chegou ao descanso despois dunha gran primeira metade gañando por 1-2, pero na segunda parte reaccionou mellor o Zas e soubo aproveitar os erros defensivos e o cansanzo acumulado do Cee para levarse os tres puntos. Destacar o gol de Pablo, cun lanzamento desde o medio do campo que sorprendeu ao porteiro do Cee.  

Xallas - Fisterra (0-2)

  • Xallas: Fabián, Pazos, Caamaño, Víctor, Guillín, Adrián López, Pernsado, Facal, Brais García, Kevin e Brais Blanco. Tamén: Espasandín, Iván Amarelle, Héitor, Adrián Mourelle e Brais Calo.
  • Fisterra: Breo, Oliver, Quintela, Puyol, Golpes, Eze, Aarón, Musa, Xan Xixo (Ángel, m.60), Mario (Alex, m.75), e Isaac.
  • Goles: 0-1, m.44: Isaac tras un bo pase de Musa; 0-2, m.82: Mario nunha falta na que lle bota diante o balón ao porteiro.

Partido con dominio do conxunto visitante en ataque durante toda a primeira parte, conxunto que se adiantaría no marcador a finais do tempo regulamentario mediante xogada individual do máximo anotador da categoría, Isaac, xogador que segue marcando a diferencia na categoría. Os fisterráns, a pesar de chegar só con 13 xogadores, fixeron un partido moi serio, con Eze e Aarón no medio traballando moi ben durante todo o partido e Golpes e Puyol (cadete) moi seguros atrás. Na segunda parte o Xallas adiantou líneas e errou dúas claras ocasións de gol, derivadas de xogadas de balón parado, para empatar o encontro. O Fisterra anotaría o 0-2 definitivo en lanzamento directo de falta no frontal da área xalleira xa nos compases finais do partido. Gol anotado por Mario, xogador cadete que volvía aos terreos de xogo tras romper o brazo aló polo mes de novembro no campo de Carral.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-da-costa-xuvenil-encheu-muros-de-solidariedade-no-seu-debut/

Comentarios