Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Os Miúdos desbancan ao Fisterra

Aínda queda unha marea de xornadas, nada menos que 12, pero as cousas na Liga Xuvenil vanse clarificando. Xa non son 8, como hai menos dun mes, os equipos que parecen estar dispostos a loitar ata o final polo título e polo segundo posto que dá acceso á fase de ascenso. A día de hoxe son 5 os equipos que están nun abano de 9 puntos.

Miudos Xuv
Os Miúdos foron os protagonistas da xornada
Xuvenís: Os Miúdos desbancan ao Fisterra

Arriba de todo mantense o Cabana, que non cede dende que colleu o liderato. Os Miúdos foi o gran beneficiado da xornada, ao vencer ao Fisterra, e manterse a 3 puntos do Cabana. Un Fisterra que sumaba a súa segunda derrota consecutiva ante rivais directos, e perde comba quedando xa a 8 puntos do líder.

Tampouco fallou o Corme, nun apretado derbi ante o Ponteceso, e pode colocarse a 2 se aproveita o partido que ten de menos.

Ademais, o Soneira-Zas suspendido porque o Zas non tiña xente, e por abaixo, o Laxe non recollei o impulso que parecía estar traendo e acabou goleado por un inconstante Baio.

Fisterra - Os Miúdos (2-3)

  • Fisterra: Breo, Oliver, Golpes (Quintela), Rui, Puyol (Xan Xixo), Yago (Ángel), Aarón, Ezequiel, Cristopher (Musa), Mario (Ayoze), Isaac.
  • Os Miúdos: Balayo, Fran, Flavio, Dani, Angeliño, Abel, Gesto, Jose, Ismiña, Jesús e Rubén. Tamén xogaron: Alonso, Antón e Ángel Sanandres.
  • Goles: 0-1, m.5: Jose nun balón colgado dende medio campo; 1-1, m.8: Isaac noutro balón colgado; 2-1, m.38: Ezequiel marca un golazo dende fóra da área; 2-2, m.62: Rubén; 2-3, m.66: Jesús.

Partido tremendamente igualado, que comezaba cun cadro muradán mellor posicionado, colgando moitos balóns á área fisterrá e metendo perigo buscando os seus dous poderosos dianteiros. Así chegou o primeiro gol de Jose, tras unha falta dende o medio campo posta espectacularmente por Flavio. Pouco despois empataríao Fisterra da man de Isaac que remataría de cabeza outro balón colgado.

A partir de aí e ata o descanso o Fisterra creou moito perigo, sendo superiores e mesmo colocándose por diante cun auténtico golazo de Eze. Isaac e Rui puideron ter ampliado a renda nos mellores minutos do cadro de Pablo Lestón.

A segunda foi máis igualada, máis organizada, menos libre, na que un serio cadro negro conseguía tirar de oficio e darlle a volta ao marcador. Primeiro Rubén cun xogadón por banda, saca o centro falla o porteiro e tras varios rechaces Rubén marcaría o empate e 4min despois Jesús cruza un balón ó pao longo e pon o 2-3.

A partir de aí o Fisterra intentouno pero non conseguiu crear ocasións (ademais dun par de remates de Isaac que atrapou ben Balayo) ante un firme Miúdos, cunha arbitraxe de 10 para os visitantes e errática para os locais.

Esteirana - Sofan (3-2)

Sofan Xuvenil

11 do Sofán en Esteiro

  • Sofán: Christian, Fabian, Simon (Docampo, m.72), Nacho, Gaby (Adrián, m.45), Eloy, Cuadrado, Kevin (Aarón, m.53), Nachete (Esteban, m.65), Cristian Novi (Montero, m.45) e Rial.
  • Esteirana: Curriño, Rodrigo, Priegue, Chaki, David, Juan, Álex de Dina, Fari, Toni, Xián e Carajillo. Tamén xogaron: Uxío, Teijo, Sergio, Kevin e Robi.
  • Goles: 1-0, m.5: Carajillo; 2-0, m.40: Xián; 2-1, m.65: Esteban; 2-2, m.85: Montero; 3-2, m.86: Robi.

Partido sin demasiadas ocasións para ningún dos dous equipos. Comezou moi ben o Esteirana no que xa se adiantou na primeira ocasion do partido despois dunha falta lateral que rematou Carajillo. A Esteirana dominaba e ao Sofan costoulle adaptarse ás dimensións do campo e non se sentiu cómodo en ningún momento da primeira parte. Xián fixo o segundo antes do descanso.

Tras a reanudación o Sofán acoplouse mellor e levou o peso do partido, pero tardou en meterse no mesmo. Esteban recurtaba mediada a segunda metade, e nun rechace despois dunha falta botada por Nacho, Montero faría o 2-2 cando só faltaban 5 minutos para o remate.

Pero apenas un minuto despois, cando se prevía a remontada visitante, unha contra por banda dereita era aproveitada por Robi para facer o 3-2 definitivo.

Corme - Ponteceso (2-0)

  • Goles: 1-0, m.46: Eloy Villar; 2-0, m.80: Miguel.

Ponteceso SD xuvenil

11 do Ponteceso no Cairo

Derbi disputado nunha tarde soleada no campo do Cairo, con bastantes afeccionados nas bancadas. O Ponteceso, que volvía contar con Musi tras unha longa lesión, saíu ca idea clara de meterse atrás e aguantar as embestidas dun Corme superior que dominiou en todo momento o control do balón. Pero non conseguiu superar a tela de araña formulada por Brais o cadro cormelán na primeria metade. Á contra, David Castro tivo un par de chegadas á área cormelá.

Pero nada máis sacar de centro na segunda metade, Eloy Villar chutaba dende o círculo central e o meta visitante Isaac, enganado polo sol, comeuse o 1-0. Tivo o empate case que na única chegada que tivo na segunda o cadro pontecesán pero o tiro de Diego Pereira petou no pau. E non foi ata a recta final cando Miguel sentenciaba dende fóra da área.

Cabana - Cee (9-0)

  • Goles: Manuel (4), Simón (2), Pablo, Rubén e Brais.

Partido con pouca historia, no que o Cabana soubo abrir a lata ceense, e xa aos 10 minutos Manuel xa traspasara en dúas ocasións a meta de Pablo. Reaccionou en todo o caso o Cee no ecuador da primeira metade e ata mandou dous balóns ao pau, pero pouco a pouco, e dada a efectivdade cabanesa, foi decaendo e deixándose levar.

Todas as crónicas de Xuvenís

Comentarios