Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana comeza a segunda volta como líder

Xuvenís: O Cabana comeza a segunda volta como líder

  Cabana lider da Liga Xuvenil tras vencer ao Xallas-Foto-Cabana O Cabana é o novo líder da Liga Xuvenil tras vencer ao Xallas-Foto-Cabana O empate do Corme ante a visita do Outes foi o resultado sorpresa dunha xornada que permite ao Cabana alzarse no máis alto da táboa por primeira vez no que vai de curso. A primeira xornada da segunda volta deixou ademais un choque directo no vagón de cabeza, un derbi muradán que alonxa á Esteirana da loita polos postos de promoción e polo título e que deixa aos Miúdos metido de cheo. Así, tralas cómodas vitorias de Sofán, Fisterra e Soneira (que definen ademais a diferencia que hai entre os de arriba e os de abaixo), os 6 primeiros quedan en só 4 puntos de marxe.  

Soneira - Laxe (22-1)

  • Goles: 1-0 Brais min.2; 2-0 Fran min.7; 3-0 Edgar min.12; 4-0 Fran min.15; 5-0 Fran min.23; 6-0 Fran min.29; 7-0 Brais min.30; 8-0 Jorge min.37; 9-0 Santi min.39; 10-0 Lucas mi.50; 11-0 Alvaro min.53; 12-0 Alvaro min.55; 13-0 Edgar min.66; 14-0 Damian min.75; 14-1 Ruben; 15-1 Damian min.75; 16-1 Damian min.77; 17-1 Edgar min.78; 18-1 Jorge min.80; 19-1 Raul min.82; 20-1 Lucas min.85; 21-1 Raul min.86; 22-1 Edgar min.88.

Partido sen historia, e sen piedade, no municipal.  

Camariñas - Fisterra (0-7)

  • Goles: Isaac (4), Eze (2) e Aarón.

Outro partido sen historia que dominou dende o principio e xa practicamente acabou co 0-2, anotado aos 15 minutos por Eze.  

Ponteceso - Sofán (0-3)

  • Ponteceso; Isaac, Adrián, Carlos, Diego Álvarez, Pablo (Íker), Borja (Rubén), David, Martín, Diego Pereira (Roberto), Pop e Jose.
  • Sofán: Christian (Iván, m.70), Fabián, Dani (Simón, m.55), Nacho, Gaby, Esteban (Adrián), Nachete, Kevin, Aarón, Montero (David, m.56), Rial (Cristian Novi, m.65).
  • Goles: 0-1, m.1: Rial; 0-2, m.66: Adrián; 0-3, m.80: Adrián.

Sofan xuvenil venceu no Pinguel O Sofán xuvenil venceu no Pinguel Tras case un mes de parón volvía a SD a competir, aínda situado nos postos de ascenso. E saíu enchufado no Pinguel e antes de que se cumplise o primeiro minuto, Rial xa abría o marcador cunha fermosa vaselina. A primeira parte foi moi igualada con ocasións para os dous equipos, tendo o cadro local o empate en varias xogadas. O cadro sofanista saíu mellor na segunda e a discutida expulsión de Diego con aínda 25 minutos por diante permitiu que os carballeses fosen superiores, marcando, iso si, só a balón parado, gracias á boa actuación do meta pontecesán Isaac.  

Corme - Outes (4-4)

  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín Méndez, Eloy, Mauro, Javi Bermúdez, Alex Mato, Manu Garrido e Martín Costa. Tamén: Manu Tasende, Miguel, Samu e Alex Nieto.
  • Outes: Antón, Canoa (Fran Lago, m.81), Cristian, Joel, Cartucho (Stefan, m.84), Mariño, Josiño, Nico (Rubén, m.68), Ramón, Fran Lires e Ryan (Alexis, m.59).
  • Goles: 1-0, m.3: Mauro; 1-1, m.30: Cartucho; 1-2, m.42: Fran Lires; 2-2, m.50: Mauro; 3-2, m.51: Aitor; 4-2, m.58: Martín Méndez; 4-3, m.72: Fran Lires; 4-4, m.88: Cristian.

Merecido empate colleitado polo Outes na casa do que chegaba como líder a esta xornada. Foi un intenso partido onde calquera dos dous equipos puideron ter levado os 3 puntos, pois tivo tensión, alternativas e loita ata o final. Comezou o Corme adiantándose, tras un erro da defensa visitante pero tras unha gran primeira metade o Outes marchaba con vantaxe ao descanso. Subiu unha marcha o cadro cormelán e aproveitou a debilidade defensiva do Outes marcando 3 goles en apenas 7 minutos que parecían sentenciar o partido. Demostrou neses minutos o Corme, que recuperaba a Mauro e Samu, que hai xogadores aos que se lle queda pequena a categoría, Pero a brega dos visitantes, e o exceso de confianza local co 4-2, con perdas de balón innecesarias, acabaron permitindo que o Outes conseguise un gran empate no Cairo.  

Baio - Cee (1-2)

  • Baio: Cedrón, Ariel, Pablo, Adrián, Pose, Tinciño, Samuel, Manuel, Torrado, Ezequiel e Raúl.
  • Cee: Pablo Oreiro, Antonio, Fran, Fabián, Xabi, Isaac, Alfredo, Adrián, Xulián, Nico. Tamén: Jesús, Xacobe, Torices e Álex Sánchez.
  • Goles: 0-1, m.5: Alfredo; 0-2, m.80: Álex Sánchez; 1-2, m.85: Eze.

Partido de moito medio campismo, sen ocasións, con control parello entre os dous equipos despois do gol inicial dos visitantes. Un Baio con apenas 11 xogadores, e un Cee que chegaba con moitas baixas, agradecendo aos adestradores de Cadetes que lles cedan xogadores. A lesión de Samu, un dos mellores nos locais, deixou ao Baio tocado, pero o Cee non conseguía finiquitar o partido, a pesar de telo nunha acción que invalidou o colexiado por fóra de xogo. Si que marcou a 10 do final, o que espertou defintivamente aos locais que recurtaron e estiveron a piques de empatar cun balón á madeira xa co tempo cumplido.  

Esteirana - Os Miúdos (0-5)

  • Esteirana: Dani, Kevin, Manu, Alex, Farinós, Carajillo, Xián, Alex Fernández, Adri e Benja. Tamén: Neira, Solís, Figueiras, Rodri e Sergio.
  • Os Miúdos: Balayo, Angeliño, Fran, Flavio, Dani, Abel, Gesto, Jose, Ismiña, Alon e Rubén. Tamén xogaron: Jesús, Antón, Javi, Ángel Sanandres e Pipo.
  • Goles: 0-1, m.47: Jose; 0-2, m.60: Flavio; 0-3, m.64: Rubén; 0-4, m.70: Rubén; 0-5, m.85: Angeliño.

Partido de 10 o que fixo o cadro dos Miúdos en Esteiro, sen deixar ocos para impedir que a Esteirana crease perigo, e impedindo que se sentisen cómodos no campo, cun xogo moito máis forte. Xa na primeira parte os visitantes tiveron 3 ocasións claras para ir por diante: un man a man de Jose con Dani Curriño; un saque de esquina que Rubén ía rematar só pero Alón no intento de marcar molestao e o balón vai fóra; e outro remate alto de Jose. Naad máis comezar a segunda, Jose non perdonaría desta vez e colocaba o balón na escadra. Pouco despois en dúas faltas dende o medio campo golpeadas espectacularmente por Flavio, unha un golazo directo e outra peinada por Rubén poñían o 0-3. Noutra contra Rubén tiralle un bo desmarque a Jose que lle mete un pase especular e Rubén non perdona. Contra o final Angeliño poñia o 0-5 ao empujar un pase de Jesús. Cómpre, en todo caso, destacar a deportividade dos dous equipos, e o gran ambiente que houbo na grada para ver este derbi no que tanto había en xogo. Os miudos tras vencer en Esteiro Os Miúdos tras vencer en Esteiro

Xallas - Cabana (1-4)

  • Xallas: Fabián, Iván Amarelle, Pensado, Iván Caamaño, Víctor, Guillín, Adrián López, Adrián Mourelle, Pablo, Brais Blanco, e Fabián Amarelle. Tamén: Brais Espasandín, Manu Pérez e Grille.
  • Cabana: Roberto, Sergio (Brais), López (Cristian), David, Dani, Samuel, Nando (Javi), Pablo (Veloso), Castro, Simón e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.4: Rubén de penalti; 0-2, m.34: Rubén a pase de Samuel; 0-3, m.70: Castro a pase de Rubén; 1-3,m .83: Manu Pérez; 1-4, m.88: Castro.

Xallas-Cabana xuvenil Choque entre Xallas-Cabana xuvenil-Foto-Cabana Partido con dominio alterno ao longo dos 90 minutos. Empezaría forte o equipo visitante materializando un penalti cometido nada máis comezar o partido, ao tempo que se ía adaptando ao terreo de xogo, bastante encharcado. O Cabana, con Nando, Samuel e Simón facendo dano no medio campo, foi quen de materializar a mediados da primeira parte unha gran xogada combinativa por banda esquerda de Samuel e Rubén poñendo o 0-2 no marcador. A segunda parte foi a antítesis da primeira, cunha Xallas intenso e dominador que foi quen de poñer en apertos ao Cabana. Dous contraataques finiquitaron o partido para os visitantes. Partido en Castriz pasado por auga-Foto-Cabana Partido en Castriz pasado por auga-Foto-Cabana  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-a-primeira-volta-remata-con-7-equipos-en-4-puntos/

Comentarios