Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O San Lorenzo sufriu para superar ao Cabana e intentará evitar o doble do Corme na final da Copa da Costa

Xuvenís: O San Lorenzo sufriu para superar ao Cabana e intentará evitar o doble do Corme na final da Copa da Costa
O Corme non deu opción aos Miúdos no Eleuterio Balayo na semifinal da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema O Corme non deu opción aos Miúdos no Eleuterio Balayo na semifinal da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema Non puido aguantar o cadro dos Miúdos as embestidas cormelás tralo 0-1 do Cairo sacado gracias a un gran “catenaccio”. Os cormeláns irán polo doblete tras ser un xustísimo campión de Liga. Na final, que se disputará na tarde do vindeiro sábado 16 no campo de Sofán (esta noite decídese o horario) enfrontarase a un San Lorenzo, un dos equipos que disputou a Fase de Ascenso ata as últimas xornadas. Os de Juni sufriron do lindo para eliminar a un Cabana que viu de menos máis na temporada e que pelexou ata o último suspiro por estar nesa final.

Cabana - San Lorenzo (3-2)

  • Cabana: Roberto (Marcos), Yago, Rubén, Samuel, Dani, Breo, Castro, Alberto, Simón, Manuel (Nando), Cristian. Tamén xogaron: López e David
  • San Lorenzo: Darío, Brais Rey, Eloy, Álex Fernández, Esteban, Fidalgo, Pablo Garrido, Jose, Álex Rodríguez, Alberto e Iván Cancela. Tamén: Martín, Aarón e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.10: Simón; 2-0, m.20: Manuel Romero; 3-0, m.43: Manuel Romero; 3-1, m.66: Jose; 3-2, m.70: Aarón.
Tralo 3-1 da ida en Verdillo parecía que a eliminatoria estaba encamiñada para os carballeses. Pero o cadro de Fernando non ía dar a eliminatoria por perdida e saían imprimindo un ritmo moi alto, cunha presión moi arriba creando moito perigo na fráxil defensa visitante. Pronto foron chegando os goles dos locais por medio de Simón e Manu Romero, que daban a volta a eliminatoria colocando un 3-0 que puido ter sido un 5-0. Na segunda, o San Lorenzo cambiou de disposición, e dominou máis o balón ante un Cabana que baixou a intensidade. No m.66 empataba a eliminatoria Jose e apenas uns minutos despois, nunha xogada na que os cabaneses pedían falta, Aarón clava o segundo, que volvía meter ao San Lorenzo na final. Quedaban 20 minutos, pero quedaban poucas forzas. Intentaron chegar a gol os locais pero non tiveron sorte, e os xogadores do San Lorenzo, máis veteranos, foron deixando pasar os minutos ata o final. Ao remate, os carballeses pasaron a eliminatoria con moitos máis problemas dos que esperaban ante un Cabana que remata o ano dun xeito espectacular.

Os Miúdos - Corme (1-3)

  • Os Miúdos: Alberto, Ángel (Isma), Dani, Flavio, Xián, Gesto (Alón), Gael, Abel, Ismiña, Javi (Jose) e Rubén.
  • Corme: Lucas, Anxo, Brais, Aitor, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Roque, Alex Mato, Noel, Pandi e Martín.
  • Goles: 0-1, m.15: Manu Tasende; 0-2, m.60: Manu Bermúdez; 0-3, m.77: Samu; 1-3, m.89: Jose M.
Choveu no Os Miudos Corme no Eleuterio Balayo da Copa Xuvenil-Foto-Fin Lema Choveu no Eleuterio Balayo. Vemos a Suso da Torriña atendendo a un dos seus xogadores cormeláns-Foto-Fin Lema O mellor equipo da categoría deixou patente a súa superioridade no Eleuterio Balayo e non deron opcións en ningún momento aos Miúdos, apesar do 0-1 da ida. Os de Lelo saíron arrasando ante uns Miúdos que se defendían como podían e xa aos 15 minutos Manu Tasende, un dos “Manus”, empataba a eliminatoria. Aguantaron os muradáns toda a primeira metade tanto o chaparrón meteorolóxico como fútbolístico. Aínda tardaron en sentenciar os cormeláns o pase á final, ante un equipo local que mesmo arriscou algo máis, e pagou os pratos rotos. Pasaben 15 minutos da segunda cando Manu Bermúdez, o capitán, facía o segundo. Pouco despois Samu, o pichichi, sentenciaba a eliminatoria e o cadro muradán só puido maquillar o resultado nos últimos minutos, pero nunca tivo opcións de superar ao Corme. O Corme celebra un tanto en Muros ante os Miudos-Foto-Fin Lema O Corme celebra un tanto en Muros ante os Miúdos-Foto-Fin Lema  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-catenaccio-dos-miudos-apaga-ao-corme/ https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-san-lorenzo-superou-a-esteirana-na-unica-eliminatoria-apretada-dos-cuartos-da-copa/ https://quepasanacosta.gal/xuvenis-a-esteirana-dase-a-revancha-na-copa-ante-un-fisterra-que-pechou-dun-golpe-unha-gran-temporada/ https://quepasanacosta.gal/liga-xuvenil-o-corme-xusto-campion/

Máis información

Comentarios