Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Xuvenís: Outes asoma a cabeza ao máis alto da táboa

Un 11 do Outes xuvenil este curso
Un 11 do Outes xuvenil este curso
Xuvenís: Outes asoma a cabeza ao máis alto da táboa

Descansaba o Soneira e Outes e Cabana non desaproveitaron para adiantalo no alto da táboa. Queda o Outes líder con 49, polos 48 dun Cabana que ten un partido máis, e os 47 do Soneira.

 

Ponteceso - Camariñas (6-0)

  • Ponteceso: Ordóñez, Lema, Arturo, Martín, Roberto, Samu, Eloy, Carlos, Iván, David e Marco. Tamén: Lucas, Borja, Víctor e Ángel e Hadrián.
  • Camariñas: Sergio, Karim, Joel, Eric, Germán, Jairo, Dylan, Lucas, Fabio, Keko e Ibrahim. Tamén xogou: Borja.
  • Goles: 1-0: Carlos; 2-0: Roberto; (descanso) 3-0: Hadrián; 4-0: Eloy; 5-0: Hadrián; 6-0: Roberto.

Partido que dominou o Ponteceso. Co 2-0 chegábase ao descanso, e nada máis voltar o Camariñas tivo un man a man para entrar no partido, pero na seguinte xogada o 3-0 mataría o partido.

 

Coristanco - Sofán (0-2)

  • Coristanco: Samuel, Antonio, Cives, "Chema" Canto, Raúl, Fabián, Miguel, Nogareda, Casás e Joel. Tamén xogaron: Brais, Cambón, Álvarez, Mario e Adrián.
  • Sofán: Iván (Borja, m.61), Mateo Cabeza, Lucas (Simón, m.46), Adrián, Esteban, Lema, Mateo, Aarón, Manu Castro, Rial e Novi (Raúl, m.54).
  • Goles: 0-1: Aarón tras un pase directo de Borja; 0-2: Aarón de penalti.

Na primeira metade o Coristanco sairía ben armado defensivamente, e apretando cada saída de balón dun Sofán que, dando conta da súa condición de favorito, intentaba combinar e saír dende atrás. Pero nun erro local, cando mellor estaba o Coristanco, un saque de portería largo de Iván recibíao Aaron que non fallaba no man a man. O cadro visitante fixo dano a balón parado.

O Coristanco de Iván Vázquez estirou liñas na segunda, tendo dúas grandes ocasións para empatar o partido. Pero nunha xogada illada novamente Aarón internábase por banda e era derrubado dentro da área. O propio Aarón faría o definitavo 0-2 desde os 11 metros, dando demasiado premio aos de Nando Muíño.

 

Os Miúdos - Cee (0-3)

  • Os Miúdos: Alberto; Vara, Alonso, Diego, Quin; Ángel, Isma, Álex, Lucas, Jesús; Pablo. Tamén: Álvaro, Ramón, Lado, Santi, e Fran.
  • Cee: Xacobe, Adri, Tomás, Iago, Brais Rey, Martín, Alex Castro, Nico, Leandro, Iago Muíño e Vilar. Tamén: Oreiro, Mario e Bujeiro.
  • Goles: 0-1, m.25: Tomás; 0-2, m.71: Alex Castro; 0-3, m.80: Alex Castro.

Chegaba con moitas baixas o Cee, o que vén sendo nota dominante dende fai 4 meses. Pero aínda así, con ideas moi claras e ben plantados no campo, case sen deixar crear perigo ao rival. O partido estaba bonito e competitivo, cun cadro local moi incisivo. Pero o Cee pegaba, e se Chila avisaba, Tomás non fallaba unha transición para colocar por diante aos de Abraham. Preto do descanso, un erro defensivo noutra transición deixou ao dianteiro muradán só con Xacobe, polo que Iago viuse obrigado a facer falta e levar a tarxeta. Sería decisiva xa que pouco despois, sería expulsado por dobre tarxeta o que obrigaba aos visitantes a remar con 10 durante 50 minutos.

A segunda metade foi un asedio muradán que o cadro ceense solventou con gran solidez do e un enorme esforzo. Jesús, Isma e Pablo tiveron continuas ocasións de gol pero non estaba de entrar. Apareceu a calidade de Castro para marcar unha fermosa falta, e preto do final, xa á contra, o propio Castro marcou o terceiro.

 

Seaia - Esteirana (2-2)

  • Seaia: Mario, Román, Adri, Pablo, Samuel, Mario Pose, Pereira, Cristian, Luis, Javi e Rubén.
  • Esteirana: Tajes, Priegue, Rodri, Antón, Carlos de Nely, Javi, Juan, Óscar, Núñez, Kevin e Iván. Tamen xogaron: Coque, Sergio martinez, ángel, Rubén e Víctor
  • Goles: 0-1, m.5: Kevin Rial; 1-1, m.26: Mario Pose de forte disparo desde fóra da área; 1-2, m.60: Iván; 2-2, m.89: Mario Pose nun remate de cabeza a saque dun córner.

Adiantouse pronto o cadro de Gustavo, o que obrigou aos malpicáns a adiantar posicións. Dominaron a primeira metade e conseguiron empatar por medio de Mario Pose. Na segunda cambio a cousa e a Esteirana foi claramente superior. Iván adiantaba aos esteiráns pero o partido se lle fixo longo aos blaugranas ante un equipo de Chols que nunca se rendeu e case no desconto, nun córner, Mario Pose facía o empate.

 

Zas - Cabana (2-5)

xuv do Zas con David Castro

  • Zas: Pereiras, Pablo (Róber m.61), Marcos (Gabri m.86), Xabi, Isaac, Damián, Eloy (Roi m.62), Brais, Martín (Mateo m.72), Álex (Mario m.56) e Darío.
  • Cabana: Roberto (Manuel, m.80), Javi (Cristian, m.30), Iago, David, Queiro, Samuel, Miguel (Iker, m.81), Brais (Pablo, m.78), Castro (Adrián, m.78), Simón e Reigía.
  • Goles: 0-1, m.7: Miguel; 0-2, m.35: Reigía; 1-2, m.37: Brais Espasandín (p); 1-3, m.50: Castro (p); 1-4, m.57: Reigía; 2-4, m.76: Darío; 2-5, m.87: Reigía.

Capis do Zas e Esteirana Xuvenil con Alberto Bana
Capis do Zas e Esteirana Xuvenil con Alberto Baña

Con gran intensidade e brega arrincaba un partido no que David Castro tomaba o bando do Zas. Na primeira chegada á área, nunha xogada entre Simón e Miguel os visitantes abren o marcador. Seguía o partido con moito xogo no medio do campo, e nunha das poucas chegadas os zaseiros pedirían penalti sobre Darío. Pouco despois Rubén Reigía marcaba o segundo, pero apenas dous minutos despois unha xogada de Darío por banda remata en penalti que non falla Brais para apretar o marcador.

Na segunda os locais saían con forza pero un penalti de Pereiras sobre Miguel era aproveitado por Castro para ampliar a renda, que pouco despois aumentaría Reigía. Os zaseiros seguiron intetándoo, marcaron o segundo e de feitro Brais tivo o 3-4 nas súas boas obrigando ao meta cabanés a Roberto a facer outra gran parada pero contra o final Reigía completaba o seu triplete.

 

Outes - Corme (2-1)

  • Outes: Angel, Josiño, Xavi, Perol, Nico, Fabio, Sanchiño, Iván, Roberto, Ryan e Kevin. Tamén xogaron: Lires, Siso e Álvaro Sieira
  • Corme: Adrián, Antonio, Martín Costa, Ángel, Hugo, Javi Bermúdez, Manu Garrido, Manu Tasende, Noel. Tamén: Alex, Iago e Luís.
  • Goles: 1-0, m.37: Kevin; 1-1, m.46: Manu Tasende; 2-1, m.61: Roberto.

Partido moi igualado e intenso o vivido no Cunchido entre un Corme que vén de menos a máis e un Outes que sobe ao liderato con esta vitoria. Comezaron ben os de Fernando, tendo un par de ocasións nos primeiros minutos, pero o Corme íase asentando. A balón parado facía dano o equipo de Ángel Pérez, pero eran os locais os que se adiantaban nunha xogada a balón parado na que os cormeláns pediron fóra de xogo. Tamén pediron un penalti pouco despois por unhas mans.
Na última xogada do primeiro tempo conseguía Manu Tasende o empate de cabeza tamén noutra xogada a balón parado.

O Outes saíu máis arriba, presionando máis, e Roberto aproveita o rexeite dun tiro de Fran Lires que parou o meta cormelán e petou no longueiro para meter en vantaxe aos locais. Estiraron filas os azuis, e a balón parado puideron ter empatado. Un empate que tería sido xusto para os cormeláns pero que dende a Serra considerían excesivo premio para o cadro visitante.

 

comentarios