Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Remata a primeira volta con 6 equipos na pomada

Imaxe do Ponteceso SD - Sporting Zas xuvenil
Imaxe do Ponteceso SD - Sporting Zas-Foto: Lucas Rey
Xuvenís: Remata a primeira volta con 6 equipos na pomada

Rematou a primeira volta, e 6 equipos están metidos no vagón de cabeza como recoñecían os os adestradores dos 4 primeiros a finais do pasado mes. E a cousa aprétase aínda máis co empate do líder, o Soneira, ante un irregular Xallas, e a nova vitoria dun Outes, que despois do golpe na mesa na xornada de Reis na que endosaba unha manita ao cadro soneirán, comeza o ano con moitas esperanzas. Un punto separa xa aos dous equipos.

” Non creo que se trate dun bache”, explica Pichón, o adestrador soneirán. “Si que creo que nos están mermando un pouco as baixas nestas últimas xornadas e que penso que recuperaremos 2-3 xogadores importantes para esta semana. En Outes chegamos con varias baixas e con xente tocada e no minuto 10 lesionaríaseme Chasko e aínda que non fixemos un bo partido creo que a actuación arbitral foi fundamental no transcurso do partido con varias accións máis que polémicas que nos mataron antes do descanso. Este empate co Xallas penso que foi foito da relaxación, xa que tiñamos o partido practicamente controlado e nos deixamos ir, pero penso que o equipo vai saír reforzado destes partidos porque sabemos que se non estamos ao noso nivel, calquera nos pode facer dano”.

Por detrás, a 3 do liderato, vén firme o Cabana, que vencía ao Cee nunha das 4 goleadas da xornada. Dous puntos máis abaixo seguen coas opcións intactas Sofán, Zas e mesmo Corme, que remata a primeira volta enganchado ao grupo de cabeza.

 

Camariñas - Corme (2-8)

  • Camariiñas: Sergio,Fabio, Keko, Germán, Dylan, Jairo, Ibrahim, David, Lucas e Mario. Tamén xogaron: Borja e Israel.
  • Corme: Adri, Martín (Gabri), Manu (Ángel), Noel, Luís (Antonio), Mauro, Rubén (Miguel), Hugo, Javi, Garrido, Alex (Xoel).
  • Goles: Garrido (3), Manu (2), Javi, Miguel e Noel para o Corme. Mario e Lucas para o Camariñas.

Segue mellorando o Corme conseguindo meterse no vagón de cabeza, e venceu con solvencia a un Camariñas que segue con moitos problemas de efectivos. Aínda así o equipo de Faus saía ben forte atrás, buscando a Mario nas contras, e conseguiron manterse no partido toda a primeira parte. De feito Mario, cun golazo, igualaría o tanto inicial de Garrido, antes de que Manu puxese en vantaxe aos cormeláns.

Foi chave o comezo da segunda metade, con dous goles consecutivos dos visitantes que mataron o partido.

 

Malpica - Esteirana (1-9)

  • Malpica: Javi, Villa, Cristian Varela, Souto, Bello, Ramos, Renzo, Amarelle, Iván, Costi e Yerai.
  • Esteirana: Tajes, Priegue, Rodri, Antón, Carlos, Teijo, Juan, Óscar, Javi, Rubio e Álvaro. Tamén xogaron: Alex e Núñez.
  • Goles: Teijo (4), Rubio (2), Juan (2) e Rodri para a Esteirana . Souto para o Malpica, marcou un golazo dende 45 metros.

O Malpica segue a ter moitos problemas para xuntar rapaces para xogar, e así se presentaba con 11 xustiños, e tivo que xogar a segunda metade con 10 pola lesión de Varela. O partido xa se decantaría de primeiras, xa que Teijo abría o marcador nada máis comezar, e antes de cumplirse os 25 primeiros minutos o choque xa sinalaba un claro 0-4.

 

Cee - Cabana (0-4)

  • Cee: Pablo, Adrián Lago, Isaac, Iago, Pablo Rey, Martín, Alex Castro, Iago Muíño, Adri Vilar, Leo e Nico Toba. Tamén: Xacobe, Tomás, Mario e Elihu.
  • Cabana: Roberto (Manuel), Javi (Juan), Iago, Queiro, Dani, David, Pablo (Cristian), Raúl (Collazo), Castro, Simón (Brais) e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.32: Castro; 0-2, m.44: Pablo; 0-3, m.48: Pablo; 0-4, m.60: Simón.

Con moitas baixas segue este Cee que non acaba de meterse arriba. O Cabana comezaba forte o partido, pero sen demasiadas ocasións. Chila avisaba polo Cee pero era Castro, cun xogadón, o que abría o marcador á media hora para os de Fernando. Pouco despois un erro na saída de balón dos cabaneses deixa só a Nico que remata por dúas veces pero responde con sendas paradas espectaculares o meta Roberto.

E chave foi tanto o gol de Pablo xusto antes de chefgar ao descanso, como o segundo da súa conta nada máis volver a poñerse a rodar a pelota nun córner. Aí rematou o partido, quedando 40 minutos que só deixou o cuarto dos cabaneses e un penalti que parou o meta ceense Pablo.

 

Ponteceso - Zas (0-2)

  • Ponteceso: Adrián Ordóñez; Adrián Lema, Roberto, Pablo, Arturo; Raúl, Marco, Martín; Iván, Eloy e Marco. Tamén: Samu, Félix, Carlos Suárez, Diego e Borja.
  • Zas: Adri, Xabi, Alex, Marcos, Damián, Aníbal, Brais Espasandín, Darío, Hugo, Martín, Eloy. Tamén: Manu, Mateo, Rodri e Mario.
  • Goles: 0-1, m.52: Brais; 0-2, m.63: Eloy.

Comezou mellor o cadro pontecesán, creando moito perigo por banda esquerda, con chegadas en superioridade, pero non conseguíu superar a Adri. Tralo paso polos vestiarios o Sporting Zas moveu fichas tapando esa banda e comezou a crear perigo, así chegaron, relativamente pronto os goles de Brais e Eloy. Estirouse o Ponteceso, que tivo boas ocasións, pero tamén o Zas puido sentenciar con dúas ocasions claras de Aníbal (unha ao longueiro) e Darío.

 O Sporting Zas xuvenil celebrando un tanto nas Redondas
O Sporting Zas xuvenil celebrando un tanto nas Redondas-Foto: Lucas Rey
 

Coristanco - Outes (0-8)

  • Coristanco: Samuel, Miguel, Cives, "Chema", Antonio, Canto, Nogareda, Alejandro, Camafreita, Joel e Mario. Tamén xogaron: Cambón, Fabián, Brais e "Pipa”.
  • Outes: Ángel, Perol, Xavi, Sanchiño, Angel, Josiño, Kevin, Jandro, Fabio, Lires, Aarón. Tamén xogaron: Raúl, Siso, Álvaro, Rubén.
  • Goles: Raúl (3), Lires (2), Aarón, Perol e Fabio para o Outes.

Partido controlado por un Outes que chegaba como favorito e xa se colocaba por diante aos 30 segundos de xogo. O Coristanco non cambiou o guión, seguiu ben armado atrás, buscando as contras, pero a defensa dos de Fernando estivo moi segura. O segundo tanto, aínda así, non chegou ata o fío do descanso.
Na segunda metade o Coristanco abriuse un pouco o que fixo que o Outes sentenciara o partido aínda que a S.D Coristanco dispuxera dalgunha ocasión clara para meter o chamado "gol da honra”.

 

Os Miúdos - Seaia (5-2)

  • Os Miúdos: Alberto; Quin, Alonso, Diego, Vara; Ángel, Javi; Isma, Lucas, Jesús e Alex.
  • Seaia: Mario, Adrián, Joel, Mario Pose, Hugo, Luís, Pablo, Rubén, Fabián, Román e Cristian, Tamén: Javi e Diego.
  • Goles: 1-0, m.4: Álex tras varios rexeites a un saque de banda; 1-1, m.10: Luís de vaselina aproveitando un pase en profundidade; 2-1, 13: Jesús de tacón tras un saque de córner en corto que non pode atallar o meta Mario; 2-2, m.24: Cristian aproveita o rexeite do meta Alberto a un saque longo de Mario; 3-2, m.31: Ángel cunha espectacular volea; 4-2, m.52: Alón tras unha penetración pola banda e pase atrás; 5-2, m.77: en propia meta.

Chegaba o Seaia con moitas baixas por lesións e enfermidades, xa ás ordes de Chols, unha vez que Esmorís tivo que deixar o equipo. O partido comezaba igualado, sen dominador claro, cun ida e volta constante que finalizaba con ocasións en ambas áreas. A primeia parte estuvo competida, indo ó descanso cun 3-2 no marcador, xa que houbo moitísimos erros defensivos.

Na segunda metade, a lesión do meta malpicán Mario obrigou a colocarse un xogador de campo baixo paus, e o cadro muradán comezou a facer máis dano. Ángel, Lucas e Javi controlaban o balón e arriba Jesús e Isma nas bandas facían dano. Co 4-2 estivo a piques de volver ao partido pero non acertaron e despois de fallar Lucas un penalti ao panenka que parou o propio Joel, sentenciaron. Aínda tivo tempo outro penalti Luís para os visitantes, e para que Lucas se lesionase de gravidade nun xeonllo…

 

Soneira - Xallas (2-2)

  • Soneira: Joel, Antonio, Jorge, Hugo, Chasko, Dylan, Raúl, Brais, Sergio, Samuel e Fran Moreira. Tamen xogaron: Richi, Santi, Dami e Pablo.
  • Xallas: Fabi; Mou, Nando, Espasandín; Pablo, Fidi, García, Christian, Calo; Vito e Brais. Tamén xogaron: Rabe, Amarelle, Kevin, Alex e Vila.
  • Goles: 1-0, m.5: Fran Moreira; 2-0, m.17: Sergio; 2-1, m.43: Vito; 2-2, m.82: en propia meta.

Dúas partes moi diferenciadas para un partido vistoso e igualado, ao que o Soneira chegaba con numerosas e importantes baixas. Na primeira saía mellor o Soneira buscando a velocidade dos de arriba e cun fútbol de control, aproveitando ademais a primeira concesión da defensa dos de Rupper, para abrir Fran Moreira o choque no man a man. O Xallas buscaba xogo directo ás costas da defensa que puxo os soneiráns nalgun que outro problema. Pero Sergio faría o segundo de falta directa dende máis de tres cuartos o ver que o porteiro se atopa moi adiantado.
A partir de aí o Soneira relaxouse en exceso e o Xallas comezou a facer dano. Xusto antes do descanso a defensa soneirá deixa un balón morto na frontal que aproveita Vito para meter aos xalleiros de volta no partido.

Na segunda parte o Xallas tratou de mandar sobre o balón, cuns locais que farían dano á contra pero sen a intensidade necesaria. Pouco a pouco o cadro xalleiro foi metendo aos de Pichón no seu campo, ata que, a falta de 7 para o final, Rabe facía unha boa internada, e o o seu centro remataba en gol en propia meta. O Soneira intentaría reaccionar pero non houbo tempo para máis.

 

Novas dos Xuvenís

Comentarios