Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Soneira e Cabana sofren para manter o ritmo

Imaxe do Corme-Esteirana de Xuvenis-Foto-Fin Lema
Imaxe deportiva do Corme-Esteirana -Foto-Fin Lema
Xuvenís: Soneira e Cabana sofren para manter o ritmo

Aprazou o Outes o seu partido co Camariñas para o martes de entroido. E Soneira e Cabana non quixeron esperalo, e fixeron os deberes. Os soneiráns non o pasaron ben no San Paio de Refoxos, e peor o pasaron os cabaneses ante a visita dun gran Xallas que marchou de baleiro das Redondas. Así, o Soneira segue mandando, con 3 puntos sobre o Cabana e 4 sobre un Outes que ten un partido menos, con 10 xornadas aínda por diante.

 

Sofán - Zas (5-3)

  • Sofán: Brais (Borja, m.45), Álex, Simón, Esteban, Adrián, Mateo, Cristian Lema, Aarón, Kevin, Rial (Raúl, m.65) e Cristian Novi.
  • Zas: Pereiras, García, Xabi, Marcos, Damián, Fraga, Brais, Eloy, Roi, Martín e Darío. Tamén xogaron: Róber, Gabriel, Mario.
  • Goles: 1-0, m.1: Cristian Novi; 1-1, m.3: Brais Espasandín de falta; 1-2, m.5: Darío; 2-2, m.7: Kevin aproveita un balón que se lle escapa a Pereiras; 3-2, m.16: Esteban; 4-2, m.27: Aarón; 4-3, m.54: Brais Espasandín de penalti; 5-3, m.65: Cristian Lema.

Comezaba tolo o partido e apenas en 7 minutos o marcador xa sinalaba un 2-2. Os erros das defensas eran os protagonistas, e nesa batalla foi o Sofán o que saíu beneficado. Apenas no m.15, un balón do meta zaseiro cara o lateral era cortado por Esteban para facer o terceiro. E preto do descanso os locais fan o cuarto tras un córner./p>

A segunda volveuse un ida por volta, sobre todo despois do gol de Brais de penalti, que volvía abrir o partido. Pero aos 10 minutos Cristian Lema sentenciaba de falta, facendo xustiza ao visto no campo.

 

Cabana - Xallas (2-1)

Xallas xuv
11 do Xallas

  • Cabana: Roberto (Manuel), Javi, Iago (Hugo), Queiro, Dani, David, Naim (Samuel), Raúl (Mario), Castro, Simón (Collazo) e Rubén.
  • Xallas: Fabi; Mou, Espasandín, Nando, Calo; Fidi, García, Pablo, Kevin; Rubén e Amarelle. Tamén xogaron: Medo, Brais, Rabe, Alex e Vila.
  • Goles: 1-0, m.30: Javi de cabeza a centro de Castro tras un córner; 1-1, m.85; Nando; 2-1, m.91: Rubén.

Partido tremendamente igualado nas Redondas cun Xallas moi forte que se cadra mereceu algo máis, por ocasións e intencións. Os xalleiros atopáronse con dous grandes porteiros que salvaron boas ocasións. Javi adiantaba aos cabaneses nun córner botado en corto no que un defensa xalleiro quedaba rompendo o fóra de xogo. Ante xa tirara o Xallas un balón au pau, e Roberto xa tivera que salvar varias ocasións entre eles un man a man.

Comezaba a segunda cun bo tiro de Raúl que remacha en liña de gol Rubén, pero o gol era anulado por fóra de xogo. O cadro de Rupper seguíao intentando, pero agora era Manuel o que desbarataba varios mans a mans cos puntas verdes. Xa case desesperados, e só nunha xogada de córner, o Xallas consegue empatar. Parecía que morrería aí o partido, pero co tempo cumplido, tiña lugar un saque de banda; os xalleiros quedan parados pedindo ao seu favor, pero o colexiado dá a favor dos cabaneses, que sacan rápido e deixan a Castro só en velocidade dando un pase perfecto para que Rubén marcase o segundo e definitivo gol, mantendo aos de Fernando na loita polo título.

 

Cee - Soneira (2-4)

  • Goles: 1-0, m.11: Iago Trillo; 1-1, m.21: Dylan; 1-2, m.47: Fran Moreira; 2-2, m.55: Chila; 2-3, m.67: Sergio; 2-4, m.83: Sergio.

Partido moi marcado polo forte vento no San Paio de Refoxos, que comezaba cun Soneira querendo atacar, pero co Cee avisando a balón parado. Así, nun córner salva o cadro local en boca de gol, pero no seguinte Iago Trillo adianta aos de Abraham. Eran minutos nos que o Soneira dominaba o balón pero non conseguía superar liñas. Unha chegada de Brais ata liña de fondo e un cabezazo de Fran que salva o meta local daban conta das intencións do líder, ata que un zapatazo de Dylan dende 40 metros e co vento a favor, colábase pola escuadra para facer a igualada.

Nada máis comezar o partido, un balón longo de Hugo era aproveitado en velocidade por Fran Moreira para facer o segundo dos de Pichón. O Cee non se rende, e primeiro Tomy avisaba e de seguido Chila consegue empatar o partido rematando un centro lateral. Neses minutos, co Soneira algo tocado, Tomás, Castro e Leo tiveron boas ocasións para os locais, pero o equipo soneirán volvía repoñer e tomou o mando de novo. Primeiro Sergio mandaba ao pau, e poudo despois Sergio tras unha bonita xogada e cunha boa definición poñería o 2-3.
Subíu o Cee arriba con máis corazón que cabeza, e unha contra a falta de 5 minutos cometen un penalti co que Sergio sentenza o choque.

 

Corme - Esteirana (2-1)

  • Goles: 0-1, m.20: 33: Manu; 1-1, m.48: Noel; 2-1, m.50: Miguel.

Imaxe do Corme-Esteirana de Xuvenis-Foto-Fin Lema 2
Imaxe do Corme-Esteirana-Foto-Fin Lema

Partido condicionado polo vento no Cairo, que dificultaba moito xogar. Primeira parte, co vento a favor, a Esteirana estaba máis enriba, e tivo ocasións para meterse por diante. Conseguía só cun gol de falta de Manu.

Comezaba a segunda, cunha falta dende o medio campo por Noel, que co vento se foi envelenando e que se acababa colándose por arriba. O tanto sentou ben ao cadro cormelán, que apenas un par de minutos despois conseguía darlle a volta ao resultado. Quedaban aínda moitos minutos, pero co vento en contra a Esteirana era un querer e non poder, ante un Corme ben armado atrás.

 

Ponteceso - Os Miúdos (0-3)

Ponteceso XUVenil
11 pontecesán

  • Ponteceso: Ordóñez, Adri Lema, Arturo, Roberto, Martín, Raúl, Elou Santos, Marco, Iván Rey, Pablo e Víctor. Tamén: Lucas, Carlos, Félix e Samuel.
  • Os Miúdos: Alberto; Vara, Diego, Alonso, Isma; Javi, Ángel; Jesús, Lucas, Álex; Pablo. Tamén xogaron: Álvaro, Ramón, Santi, Yago e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.18: Jesús; 0-2, m.33: Diego; 0-3, m.74: Álex.

Comezaba moi ben o Ponteceso de Luca, intentando saír combinando e dando a sensación de poder conseguir algo positivo. Os mudaráns ían collendo peso no partido, e coa chegada do primeiro gol, o Ponteceso desapareceu do campo. Jesús abría a conta e Diego facía o segundo.

No segundo tempo intentou reaccionar o cadro local, pero Álex sentenciaba co terceiro.

 

Todas as crónicas dos Xuvenís

 

Comentarios