Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Tarde de goleadas

Sofan e Corme xuvenil
Sofan e Corme protagonizaron o partido da semana-Foto: Fin Lema
Xuvenís: Tarde de goleadas

Tarde de goleadas a do sábado na 16ª xornada da Liga Xuvenil. Só o partido entre Sofán e Corme foi interesante, permitindo ademais que o Corme adiante ao cadro sofanista na pelexa por alcanzar o vagón de cabeza, onde Soneira, Outes e Cabana non fallaban.

 

Sofán - Corme (1-3)

11 do Sofan no Carral ante o Corme-Foto-Fin Lema

  • Sofán: Borja, Aaron, Simon, Alex V, Adrian, Diego, Cristian (Alex P., m.70), Kevin, Raul, Nachete e Rial.

11 do Corme CF Xuvenil no Carral-Foto-Fin Lema
Fotos de Fin Lema

  • Corme: Adri, Miguel, Martín Costa, Mauro, Xoel, Hugo, Javi Bermúdez, Alex Mato, Noel, Manu Garrido, e Manu Cancela. Tamén: Ángel e Borja.
  • Goles: 0-1, m.20: Jav Bermúdez; 1-1, m.58: Jonatan; 1-2, m.61: Alex Mato; 1-3, m.89: Hugo.

Con moitas baixas chegaba o Corme a este partido importante no Carral. Pero comezaba intentando dominar ante un Sofán ben armado atrás, e que facía dano a cada saída. Varias ocasións claras para un equipo local que vía como só Javi Bermúdez era quen de marcar, nunha das poucas chegadas claras dos azuis.

Na segunda o Sofán subiu liñas e pronto empataba. O partido pintaba á remontada pero chegou un penalti moi protestado polos locais co que Alex colocaba de novo ao Corme por diante. Co 1-2 ata dous balóns o equipo de Nando mandou un balón ao pau, e xa cas que co tempo cumplico e co Sofán volcado ó ataque, marcaría o cadro de Ángel nunha contra o 1-3 por medio de Hugo.

 

Os Miúdos- Zas (5-2)

  • Os Miúdos: Alberto; Santi, Alonso, Diego, Vara; Ángel, Javi; Jesús, Álex, Isma e Pablo.
  • Zas: Adri Pereiras, Damián (Gabri, m.77), Xabi (García, m.30), Isaac, Mateo (Fraga, m.28), Marcos, Brais, Eloy, Darío, Martín (Rober, m.56) e Anibal.
  • Goles: 1-0, m.2: Alonso nun córner; 2-0, m.6: Alonso cun tiro dende case o medio campo coa axuda do porteiro; 3-0, m.15: Pablo de falta; 4-0, m.24: Alonso tras roubar na saída do balón; 4-1, m.53: Fraga; 5-1, m.68: Isma; 5-2, m.90: Brais Espasandín.

Primeira parte lamentable do equipo de Fofi, que en apenas 25 minutos xa levaba 4 ao lombo. As facilidades defensivas extremas foron aproveitadas polos muradáns para sentenciar o choque.

Fixo cambios Fofi, e na segunda houbo algo máis de gañas e intención, tendo o balón, con algo de orde e intensidade. Recurtaron os zaseiros, pero o partido xa estaba visto para senteza. Ao finl 4 goles a balón parado demostran a pouca intensidade defensiva do Zas e o acerto muradán.

 

Cee - Esteirana (0-4)

  • Cee: Xacobe, Fran, Isaac, Iago, Brais, Martín, Alex Castro, Pablo, Adrián, Leo, Nico Toba. Tamén; Pablo, Tomás, Mario e Martín.
  • Esteirana: Tajes, Priegue, Juan, Antón, Javi, Rodri, Óscar, Núñez, Carlos, Rubio e Álvaro. Tamén xogaron: Iván, Sergio, Ángel e Martín .
  • Goles: 0-1, m.16: Núñez; 0-2, m.44: Álvaro; 0-3, m.87: Priegue nun córner; 0-4, m.90: Álvaro fai un golazo pola escuadra.

Comezou o choque cun Cee moi presionante, pero a Esteirana aguantou o arreón inicial e pouco a pouco foise asentando no campo e saíndo á contra. A balón parado chegaba o primeiro para os esteiráns, e pouco despois chegaba a xogada clave: a expulsión de Fran por unha falta sendo o último home. Xa contra o final do primeiro tempo chegaba o 0-2 dende os 11 metros.

Na segunda, o Cee, con 10, estivo mellor, pero sen demasiada profundidade. Leo puido recurtar pero non acertou, e cando parecía que ía rematar o partido, a Esteirana fixo dous tantos máis.

 

Ponteceso - Outes (1-4)

  • Ponteceso: Adrián Ordoñez, Adrián Lema, Roberto, Martín, Arturo, Diego, Marco, Eloy, Samuel, Iván e Hadrián. Tamén xogaron: Borja, Lucas e Víctor.
  • Outes: Ángel, Estefan, Jandro, Xavi, Perol, Nico, Sanchiño, Josiño, Mariño, Fran Lires, Fabio. Tamén xogaron: Roberto, Iván Capelo, Siso, Ángel e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.2: Mariño; 1-1, m.30: Iván; 1-2, m.52: Iván Capelo; 1-3, m.62: Roberto; 1-4, m.73: Josiño.

Ponteceso e Outes Xuvenil-Foto-Brais Pose
Foto: Brais Pose.

Metíase de cara o partido para os da Serra co gol de Mariño nada máis comezar, ante un Ponteceso con baixas de última hora polo brote de gripe. Chegaron ocasións claras para o Outes ata que o cadro local se asentaba. E así foi nun saque dende o curruncho o porteiro levariase a Diego por diante e o colexiado costeiro, Christian Sendón, sinalaría penalti que transforamaría Iván.

Repetiuse o guión no comezo da segunda co tanto de Iván Capelo, despois de que Lucas tivese un tiro franco dende a frontal para ter adiantado aos seus. E pronto sentenciaba aproveitando a falta de agresividade dos locais.

 

Camariñas - Cabana (0-8)

  • Goles: Rubén (2), Castro (3), Pablo, Cristian e Collazo.

Pouco que decir deste partido cun Cabana dominandor, ante un Camariñas que buscaba arriba a Mario. Tardou en abrir a lata, pero na segunda metade foron caendo os tantos a pesar de que o Camariñas seguiu pelexando deportivamente.

 

Coristanco - Soneira (1-7)

  • Coristanco: Bertoa, Canto, Antonio, Cives, Alvarez Chema, Miguel, Alejandro, Fabián, Joel e "Pipa". Tamén xogaron: Alvarellos, Mario, Gabriel, Nogareda e Raúl.
  • Soneira: Joel, Quintáns, Santi, Dylan, Nico, Antonio, Samuel, Brais, Sergio, Ricardo e Fran Moreira. Tamén: Manu, Raúl e Hugo.
  • Goles: 0-1, m.20: Fran Moreira; 0-2, m.30: Brais Pereira; 1-2, m.36: Cives de penalti; 1-3, m.60: Sergio; 1-4, m.70: Nico; 1-5, m.71: Fran Moreira; 1-6, m.75: Sergio; 1-7, m.80: Hugo.

Partido disputado na primeira metade cun Coristanco moi replegado, que agunatou as embestidas locais nunha primeira metade na que soneiráns se metían por diante, pero que se complicaba antes do descanso cun gol de penalti dos de Iván Vázquez.

Pero na segunda metade deixou claro que o cadro de Pichón é un claro candidato ao título e foi marcando a goleada.

 

Todas as Crónicas de Xuvenís

Comentarios