Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación permite a Laxe Relaxarse e a Santa Comba mellorar a estrada a Santiago

A Deputación permite a Laxe Relaxarse e a Santa Comba mellorar a estrada a Santiago
Pleno da Deputación do pasado venres Pleno da Deputación do pasado venres

Foi importante para a nosa comarca o pleno do pasado venres da Deputación da Coruña. Xa falamos do seu punto forte, a aprobación do convenio para homologar o Camiño dos Faros como senda de Gran Recorrido. Pero ademais, Laxe e Santa Comba tiveron o seu protagonismo.

Máis Reláxese

O pleno aprobou tamén un convenio co Concello de Laxe, por importe de 20.000 euros que serán financiados íntegramente pola institución provincial, para o desenvolvemento do proxecto turístico “Reláxese 2017”, o programa de desestacinalización armado pola área de turismo do goberno local, que contempla unha serie de actividades orientadas á diversificación da oferta turística do municipio e a implicación da poboación local, o empresariado e a administración municipal para que o turismo sexa un axente estratéxico de desenvolvemento local. ación.

Obras en Santa Comba

Aprobado quedou tamén o investimento de 203.583 euros para levar a cabo a mellora da capa de rodaxe dos 2,1 primeros quilómetros da DP 7702 de Santa Catalina a Esmorode, en Santa Comba. As obras inclúen o fresado das zonas deterioradas e agretadas da plataforma do vial, a limpeza e desbroce das cunetas, e a pavimentación do tramo con mistura asfáltica en quente de 6 cm. de espesor en todo o ancho da calzada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios